"ues" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 481.
-
PERSOEIRO
Cantante e compositor. Iniciou as súas actividades en París en 1953. As súas composicións destacan pola súa calidade poética, musical e por unha gran forza interpretativa, baixo un ton crítico e irónico. Entre os seus títulos salientan Ne me quitte pas (Non me deixes, 1959), On n’oublie rien (Nada se esquece, 1961) e Les bourgeois (Os burgueses, 1962). Como actor participou nos filmes Les risques du métier (Os riscos do oficio, 1967) e L’emmerdeur (1973), e dirixiu Franz (1972) e Le Far West (1972), entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político francés. En 1788 fundou a Sociedade de Amigos dos Negros e, ao producirse a Revolución Francesa, foi elixido deputado por París na Asemblea Lexislativa logrando que esta proclamase a igualdade de dereitos para os negros. Foi un dos dirixentes dos xirondinos. Morreu guillotinado. Entre os seus escritos salientan Teoría das leis criminais (1781) e Ós meus lectores (1793).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua asiática da familia sino-tibetana carena que conta cuns 50.000 falantes.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao burgo.
-
Natural ou habitante dun burgo.
-
-
-
Relativo ou pertencente á burguesía.
-
Membro da clase social da burguesía.
-
Persoa acomodada económica e socialmente que pertence á clase social media ou alta.
-
-
-
Do s X ao XIII, habitante dun burgo.
-
En Europa na Baixa Idade Media, habitante dunha vila ou cidade.
-
-
...
-
-
ENTRADA LARGA
Este concepto identifícase co grupo dos capitalistas non agrarios posuidores dos medios de produción; diferéncianse do proletariado en que os membros deste grupo social non precisan vender a forza de traballo para vivir. Dentro deste termo englóbanse industriais, financeiros, burócratas e membros das profesións liberais, xunto coa denominada pequena burguesía -grupo intermedio entre a burguesía propiamente dita e o proletariado- integrada, entre outros, por pequenos artesáns e comerciantes. A burguesía naceu como consecuencia do moderno proceso de industrialización na sociedade capitalista, rompendo as estruturas da sociedade feudal e substituíndo a nobreza como grupo dominante.
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto e definición
A noción de burguesía adquiriu significado político durante a Revolución Francesa, evolucionando de xeito paralelo ao capitalismo e adoptando o sentido dunha clase posuidora de bens mercantís, financeiros e industriais, beneficiaria do mercado. Karl... -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na comarca do Alt Empordá, no cabo de Creus (1.852 h [1996]). Porto pesqueiro na súa orixe, as actividades náuticas deportivas convertérono nun centro turístico de gran relevancia internacional nos anos cincuenta e sesenta, potenciando o carácter de lugar de veraneo das clases burguesas catalanas, que adquirira dende comezos do s XX. Tamén, grazas á residencia do pintor Salvador Dalí, converteuse nun gran centro de atracción para pintores e escritores vangardistas como André Breton, García Lorca, Paul Éluard, Man Ray e Max Ernst, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador francés. Foi discípulo de Philippe Thomassin e Giulio Parigi. A súa obra caracterízase pola forza expresiva, polo seu sentido espacial, realismo e composición das masas. Tecnicamente débeselle a substitución do verniz suave polo forte dos xoieiros e dos fabricantes de instrumentos de corda nas augafortes, fórmula que perdurou durante anos. Estableceuse en Florencia ao servizo de Cosme II de Medici, onde gravou Caprichos (1617) e Feira da Impruneta (1620). En 1621 volveu a Francia, ao servizo do duque de Lorena, e gravou Pequena feira (1621) e as series dos Mendigos (1622) e da Nobreza Lorenesa (1623). En 1625 Isabel Clara Uxía solicitou os seus servicios, así que se trasladou a Flandres, onde gravou O sitio de Breda (1628), temática que retomaría en O sitio da illa do rei e O sitio da Rochelle. As súas últimas composicións foron Miserias da guerra (1633) e Suplicios (1634).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi membro do Consello de Lexislación (1793) e ministro de Xustiza (1799) do Directorio tralo golpe de estado de Sieyès. Napoleón Bonaparte nomeouno segundo cónsul (1799), arquichanceler do Imperio (1804) e duque de Parma. Presidiu o Senado e o Consello de Estado en ausencia de Napoleón. Foi un dos redactores do Código Civil francés (1801-1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral francés, barón de Wagram, ao servizo de Napoleón, a quen seguiu á illa de Elba. Tomou parte na Batalla de Waterloo e a el atribuíuselle, como resposta á intimidación a renderse, a palabra merde.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Camiño de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica realizada por Basilio M. Patino en 1971. Trátase dunha serie de documentais, mesturados con fotos e cancións, onde se representa a posguerra española, dende o final da Guerra Civil ata a sinatura do primeiro tratado cos EE UU. Foi prohibida polas autoridades franquistas e non puido visualizarse ata o final da ditadura.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Cangas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cangas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luis Carrillo de Toledo y Chacón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Copa esvelta que ten dúas asas dende os beizos ata a base.
-
PERSOEIRO
Navegante bretón. Francisco I de Francia encargoulle a busca do paso do NO cara ás Indias. En 1534 saíu de Saint-Malo e tocou terra canadense en Gaspé, onde estableceu contactos cos indios, feito que lle deu o nome de descubridor do Canadá. En 1535 fixo unha segunda viaxe e chegou á desembocadura do río San Lourenzo, ao que lle deu este nome, e chegou ata Hochelaga, futura Montreal. En 1541 emprendeu unha terceira viaxe baixo o mando de J. F. de la Roque, con quen intentou fundar unha colonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título señorial portugués concedido no 1598 en favor do embaixador Cristovão de Moura (1538-1613), vicerrei de Portugal, conde de Castelo Rodrigo (1594) e de Lumiares. O título foi declarado perpetuo en 1621 para o seu fillo Manuel de Moura e de Corte Real (morto en 1652), gobernador de Flandres e grande de España.
-
PERSOEIRO
Militar e político peruano. En 1824 participou na Batalla de Ayacucho, e entre 1831 e 1841, nos intentos de invasión de Bolivia. En 1844, logo de enfrontarse cos xefes militares, derrocou o ditador Vivanco. Ocupou a presidencia da República entre 1845 e 1851 e entre 1854 e 1862. Deulle estabilidade política e económica ao país, creou un monopolio sobre a explotación dos depósitos de guano, e aboliu a escravitude dos negros e o tributo persoal dos indios. Promulgou a Constitución de 1860 que introduciu o sufraxio universal.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao O da cidade de Sevilla e á beira do río Guadalquivir (15.726 h [1996]). Constitúe unha área de expansión da cidade de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO