Cadaqués

Cadaqués

Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na comarca do Alt Empordá, no cabo de Creus (1.852 h [1996]). Porto pesqueiro na súa orixe, as actividades náuticas deportivas convertérono nun centro turístico de gran relevancia internacional nos anos cincuenta e sesenta, potenciando o carácter de lugar de veraneo das clases burguesas catalanas, que adquirira dende comezos do s XX. Tamén, grazas á residencia do pintor Salvador Dalí, converteuse nun gran centro de atracción para pintores e escritores vangardistas como André Breton, García Lorca, Paul Éluard, Man Ray e Max Ernst, entre outros.