"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
CIDADES
Cidade de Xeorxia situada á beira do río Kura (158.000 h [1997]). Xurdiu en 1948 a raíz da construción dunha fábrica metalúrxica en Transcaucasia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, irmán maior de Vespasiano. Foi legado de Mesia (49-56) e prefecto de Roma baixo Nerón e Marco Salvio Odón. Vitelio deulle o poder (69), mais matárono os seus soldados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi autor dalgunhas das vilas novas da periferia de Madrid realizadas coa colaboración de Cubillo, Romany e Sierra como Erillas (1955), Batán (1960) e Entrevías (1956). Foi catedrático e director (1981-1983) da Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Das súas obras destacan as Torres Blancas (1962-1968), o Banco de Bilbao (1979) e o edificio da administración dos Recintos Feriales (1988-1991), todas elas en Madrid. Colaborou co proxecto Abrir Vigo ao Mar co deseño do centro de ocio da Laxe. Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura polo Centro Atlántico de Arte Contemporáneo de Las Palmas de Gran Canaria e en 1993 o Premio Príncipe de Asturias das Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á dinastía safávida.
-
Membro dunha dinastía musulmá xiíta que gobernou Persia entre 1502 e 1736. Desde o núcleo inicial de Ardābīl o dominio safárida expandiuse por toda Persia e o Iraq actual, en parte grazas á renovación do exército realizada por ‘Abbās I. A dinastía foi derrocada por Nādir Shāh, rexente de ‘Abbas III. O máximo esplendor tivo lugar nos ss XVI e XVII e está plasmado en numerosos monumentos e na produción de cerámica vitrificada, de miniaturas e de tapices.
-
-
PERSOEIRO
Historiador de arte. Foi secretario de Dionisio Ridruejo no secretariado dos Servicios de Propaganda de Burgos (1937), director do Instituto de España en Londres (1946-1962), agregado cultural na embaixada española (1954-1962) e director do Museo del Prado (1970). Publicou numerosos traballos sobre Goya, Rosales, a pintura española do s XVII e os pintores románticos hispanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Despois de publicar contos en varias revistas, acadou o éxito coa novela curta The Catcher in the Rye (1951), onde reconstrúe o mundo dos adolescentes e as súas dificultades á hora de integrarse na sociedade. Destaca tamén Fanny and Zooey (1961) e o relato longo Hapworth 16, 1924 (1965), reeditado en 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Foi situado dentro dun novo clasicismo, pero polo seu estilo formalista foi relacionado tamén con artistas como J. Pollock e J. Johns. As súas obras incorporaron o humor nun encadeamento de imaxes compostas como unha colaxe de diversos elementos e fragmentos. Destacan Comedy (1995) e Tragedy (1995), e dirixiu o filme Search and Destroy (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto de cortiza ou doutro materia moi lixeiro, recuberto de lona, que posto ao redor do corpo, mantén aboiando unha persoa na auga. OBS: Emprégase en aposición a outros substantivos para nomear obxectos que teñen o mesmo fin, como os botes salvavidas ou os chalecos salvavidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
orde de Avís.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, situado á beira do Mar Menor (20.125 h [2001]). Posúe agricultura de tipo mediterráneo e gandaría ovina e porcina. Tamén destaca o turismo. É sede da Academia General del Aire.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cambre. Ten planta en forma de L con dúas alturas e faiado. Conserva, entre outras construcións adxectivas, un hórreo e un pozo.
-
GALICIA
Actor e director cinematográfico. Comezou no cine afeccionado e en 16 mm a finais da década de 1970, e exerceu a crítica cinematográfica en diversas publicacións e emisoras de radio, como no suplemento “La Esfera” do xornal El Mundo e mais na revista Archipiélago. Así mesmo, foi redactor xefe de La Tarde de Madrid. A súa primeira incursión cinematográfica tivo lugar en 1978 coa curtametraxe La maté porque era mía, á que seguiron outras como La hija del anarquista (1980) ou Canción de cuna (1990). Participou na longametraxe Luz negra (1992), un traballo que tivo boa acollida en festivais como os de Alcalá de Henares e Gijón de 1993. Posteriormente a súa actividade abrangueu outras facetas da industria, como o guión de Retrato de mujer con hombre al fondo (1996) e de diversas reportaxes do programa de TVE Quién sabe dónde?, e en 1997 dirixiu o seu segundo filme, Nena, unha adaptación do relato Y así pasó el amor, de I. Turgueniev, e producida pola empresa coruñesa Xamalú Filme, estreouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, onde foi catedrático. Colaborador do Centro de Estudios Históricos, foi subdirector (1922) e director (1960-1968) do Museo del Prado, director da Real Academia de la Historia (1956-1971) e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1966) e académico da Real Academia Española desde 1949. Dirixiu o Instituto Diego Velázquez do CSIC e foi inspector xeral de museos (1963) e vicepresidente do Consello de Educación. Patrón fundador do Museo de Pontevedra (1927), solicitou ao CSIC a creación do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (1943) que dirixiu ata a súa morte. Promoveu publicacións en galego e realizou estudos históricos, artísticos e de diversa temática. Colaborador en diversas publicacións, da súa produción destacan Fuentes literarias para la historia del arte español (1923-1941), La loza de Sargadelos: apuntes histórico-artísticos (1945), El Museo de Pontevedra (1950),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Director de Radio Líder Cadena Noroeste, foi subdirector do Faro de Vigo e responsable da sección “Cuatro Cosas”. Colaborador de distintos medios de comunicación galegos e comentarista político, recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1997 e 2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. A súa obra, de clara vontade rupturista, achégase á linguaxe dos medios audiovisuais e da publicidade para retratar e satirizar a vida urbana. Publicou Derrapa e cai (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Líquido que circula a través dos tecidos vasculares das plantas, que está formado por auga, sales minerais e outras substancias dos que se nutren as plantas. O zume ascendente circula a través do xilema, desde as raíces ata as follas e outros órganos e o zume descendente circula a través do floema, das follas e órganos fotosintetizadores a todo o corpo da planta.
-
-
Secreción líquida fisiolóxica.
-
zume gástrico
Líquido claro, segregado pola mucosa gástrica, que contén auga, ácido clorhídrico, pepsina, labfermento e sales minerais.
-
zume intestinal
Líquido claro, amarelado e alcalino que é segregado polas glándulas de Lieberkühn da mucosa intestinal.
-
zume pancreático
Líquido viscoso e alcalino, segregado polo páncreas, que contén auga, enzimas, graxas, sales, proteínas e leucina.
-
-
Aquilo que lle dá vigor a algo ou que o renova.
-
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto e político alemán. Considerado o fundador da escola histórica alemá, que defende a orixe popular do dereito, especializouse en dereito romano, e escribiu Geschichte des römischen Rechts im Mittelalter (Historia do dereito romano na idade media, 1815-1831) e System des heutigen römischen Rechts (Sistema do dereito romano actual, 1840-1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés, I marqués de Halifax. Foi membro do consello privado de Carlos II e opúxose á persecución dos católicos e á exclusión (1679-1680) do duque de York, o futuro Xaime II, da sucesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue 63 parroquias dos concellos de Chantada, O Saviñao, Silleda, Taboada e Vila de Cruces.
-
GALICIA
Concello da comarca da Terra de Lemos situado no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 34’ 40” de latitude N e 7° 38’ 10” de lonxitude O. Limita ao N con Paradela (comarca de Sarria) e Taboada (comarca de Chantada), ao L co de Bóveda e Monforte de Lemos (comarca da Terra de Lemos), ao S co de Pantón (comarca da Terra de Lemos), e ao O con Chantada e Taboada (ambos os dous na comarca de Chantada). Abrangue unha superficie de 196,6 km2cunha poboación de 4.681 h (2007), distribuída nas parroquias de Abuíme, A Broza, Chave, A Cova, Diomondi, Eirexafeita, Fión, Freán, A Laxe, Licín, Louredo, Marrube, Mourelos, Ousende, Piñeiró, Rebordaos, Reiriz, Rosende, San Vitoiro de Ribas de Miño, Santo Estevo de Ribas de Miño, Segán, Seteventos, Sobreda, Vilacaíz, Vilaesteva, Vilasante, Vilatán, Vilelos e Xuvencos. A capital está no lugar de Escairón, na parroquia de Vilasante, a 111 km de Santiago de Compostela e a 78 km de Lugo. Está adscrito á provincia de Lugo, á diocese...
VER O DETALLE DO TERMO