"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cáceres (Extremadura) á beira da confluencia do Alagón e o Texo (1.876 h [1996]). No seu termo, sobre o Texo, encóntrase a ponte romana de Alcántara (s I d C) de seis arcos, 194 m de lonxitude e 71 m de alzada máxima; é unha das pontes romanas máis grandes e mellor conservadas. A vila foi definitivamente reconquistada aos musulmáns no 1212 por Afonso IX. En 1479 celebrouse nela unha entrevista entre Isabel I de Castela e a súa tía Beatriz de Viseu, cuñada do Rei Afonso V de Portugal, preliminar doTratado de Alcaçovas.O convento de San Bieito, casa da Orde de Alcántara reconstruído entre o 1499 e o 1577, está en ruínas. Igrexa parroquial de Santa María de Almocóvar con fachada románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo andaluz. Fundou e dirixiu a revista La Escuela Moderna. Autor, entre outras obras, do Compendio de la Pedagogía, libro de grande influencia e difusión no seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e tradutor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona en 1953, foi director da Escola de Turismo da Coruña e colaborou en La Voz de Galicia, Atlántida, Vida Gallega e El Ideal Gallego. No 1954 obtivo o Premio Nadal con La muerte le sienta bien a Villalobos; no 1957 o Premio Hércules de Prata do Teatro Nuevo da Coruña con La herida en la mano, e o Premio da Asociación de Prensa de Ourense. Trasladouse a Roma en xullo do 1972 onde publicou Antología de la Literatura Española (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • 1854 - Madrid 23.11.1881) Xornalista andaluz, considerado galego de adopción, que colaborou na prensa do país defendendo temas e intereses de Galicia. Participou na redacción de El Comercio Gallego da Coruña, El Deber, La Constancia e El Anunciador de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A Orde de Alcántara comezou a súa andaina como confraría de cabaleiros radicada no convento de San Xião de Pereiro, preto de Cinco Vilas, na Beira Alta portuguesa. Aparece mencionada por primeira vez en xaneiro do 1176, cando o Rei Fernando II de Galicia e León agasallou os citados cabaleiros co lugar de Pereiro, na persoa de Gómez, fundador da casa. O Papa Alexandre III aprobou a nova Orde, concedéndolle protección papal e a exención de certos dezmos (29.11.1176), sendo confirmados os privilexios por outros pontífices. Adoptou no 1190 a Regra do Císter, ben que mantendo certo sometemento respecto da Orde de Calatrava (xa antes do 1187). Entre 1188 e 1196 esténdese por Castela, adoptando o nome de Orde de Trujillo. A relación con Calatrava causou disputas, que se resolveron mediante un convenio segundo o cal os de Pereiro prometían obedecer o mestre de Calatrava e recibir as súas visitas de inspección; a cambio a Orde de Calatrava entregoulles todas as posesións que tiña no Reino de León...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da Región de Murcia (31.872 h [1996]). Situado na veiga do Segura, na chamada Horta murciana. Industria transformadora da produción hortícola. No seu termo está unha escola de paracaidistas. Alcantarilla foi conquistada en 1244 e, dende entón, permaneceu baixo a xurisdición da Orde de Alcántara ata o establecemento da Constitución de 1812.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Habitante ou natural de Alcántara.

    2. Relixioso franciscano reformado por Pedro de Alcántara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode alcanzar, obter ou conseguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concello da provincia de Teruel, Aragón, á beira do Guadalupe (12.679 h [1996]). Industrias derivadas da agricultura e de material refractario. Ten pinturas rupestres nas que se poden recoñecer as catro fases da arte rupestre levantina. Ramón Berenguer lV de Barcelona reconquistouno definitivamente no 1157. Afonso l de Aragón cedeu Alcañiz aos cabaleiros de Calatrava, que estableceron alí a encomenda de Aragón. Carlos I concedeu no 1526 unha Carta Magna que independizaba a vila da tutela dos cabaleiros. Os privilexios e as franquicias foron suprimidos no 1591. O castelo domina a vila. Lonxa (s XV). Colexiata comezada no 1736.

    2. Chegar ata unha persoa ou cousa que vai diante.

    3. Ser capaz de comprender e percibir algunha cousa.

    4. Coller unha cousa que está nun lugar alto ou distante estirando a man ou servíndose dalgún instrumento.

    5. Chegar ao fin que se propón, a obter o que se desexa.

    6. Chegar a tocar algunha cousa ou a alguén lanzando un proxectil.

    7. Referíndose a un acontecemento ou a unha persoa, ter vivido ou ser contemporáneo do tempo ao que se fai referencia.

    8. Chegar a ter unha idade determinada.

    9. Abondar ou ser suficiente unha cantidade determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chegar ata unha persoa ou cousa que vai diante.

    2. Ser capaz de comprender e percibir algunha cousa.

    3. Coller unha cousa que está nun lugar alto ou distante estirando a man ou servíndose dalgún instrumento.

    4. Chegar ao fin que se propón, a obter o que se desexa.

    5. Chegar a tocar algunha cousa ou a alguén lanzando un proxectil.

    6. Referíndose a un acontecemento ou a unha persoa, ter vivido ou ser contemporáneo do tempo ao que se fai referencia.

    7. Chegar a ter unha idade determinada.

    8. Abondar ou ser suficiente unha cantidade determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos materiais bituminosos, de cor escura, líquidos ou semilíquidos a temperatura ambiente e de composición variable, que se obteñen por destilación destrutiva do carbón, a madeira, a turba e outros materiais vexetais ou carbonáceos. Na súa composición interveñen diversos fenois, coñecidos como ácidos do alcatrán (fenois, cresois, xilenois, etc), diversas aminas aromáticas e heterocíclicas, coñecidas como bases do alcatrán (anilina, piridina, picolina, lutidina e quinolina) e tamén unha mestura de hidrocarburos aromáticos mononucleares e polinucleares. A destilación dos alcatráns orixina un residuo, coñecido co nome de brea. O alcatrán ten unha grande importancia na industria química, xa que constitúe a primeira materia na síntese de produtos moi diversos, como colorantes, polímeros plásticos, caucho, perfumes sintéticos, produtos farmacéuticos, tecidos sintéticos e explosivos. O alcatrán adoita recibir o nome da materia orgánica da que se obtén: alcatrán...

    2. alcatrán betume

    3. alcatrán de carbón

    4. alcatrán de piñeiro

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Untar ou impregnar de alcatrán.

    2. Mesturar con alcatrán.

    3. Técnica mediante a que se protexen e impermeabilizan os cascos dos barcos construídos en madeira. Faise unha vez ao ano e con motivo do remate da temporada de pesca. O impermeabilizante conséguese mesturando brea, xofre e aceite que se quentan nunha pota para a continuación aplicala directamente no barco, asegurándose de que non se abran gretas na aplicación. Antes deste proceso cómpre eliminar a capa antiga de alcatrán chamuscando ben os fondos da embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, no Campo de San Juan, regado polo Záncara e o Cigüela (25.961 h [1996]). Centro comercial e importante nó ferroviario. Pertenceu aos cabaleiros da Orde de Santiago que a permutaron por Criptana coa Orde San Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, historiador e xeógrafo americano. Sobre materiais recompilados polo seu pai Dionisio de Alcedo, publicou o Dicionario geográfico-histórico de las Indias Occidentales o América (1786-1789). Coa bibliografía acumulada, Alcedo compuxo un útil catálogo de autores de temas americanos: Biblioteca Americana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto italiano. Destacou polo uso do método histórico e lingüístico no estudo do Dereito Romano. Escribiu un tratado sobre o emblema, Emblematum libellus (1522).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Americanista. Catedrático de Arqueoloxía americana na Universidade Complutense de Madrid. Publicou, entre outros, Fuentes indígenas de México (1956), Manual de arqueología americana (1965), En torno a la antropología cultural (1975), Los orígenes de América (1985), El descubrimiento científico de América (1988) e Arqueología antropológica (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta lírico grego. Introduciu innovacións técnicas no lirismo coral grego. Acadou sona, sobre todo, polas súas partenias, escritas en dialecto dórico, das que só se conservan algúns fragmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • erso grego ou latino formado por un iámbico de cinco pés ou un tetrámetro dáctilo. A combinación deste verso cun hexámetro dactílico dá como resultado o ritmo alcmánico, característico nas Odas de Horacio.

    VER O DETALLE DO TERMO