"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

    1. Excitar dunha maneira excesiva a alguén.

    2. Excitar unha máquina eléctrica por riba do valor normal de excitación.

    3. Aumentar a enerxía vital nun tecido ou nun organismo.

    4. Excitarse de maneira excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e e efecto de sobreexpoñer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de sobreexpoñer ou sobreexpor.

    2. Que foi exposto con anterioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado dunha substancia que queda líquida a unha temperatura inferior á do punto de fusión correspondente ás condicións en que se atopa e que se presenta en líquidos moi puros que se manteñen en repouso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Porqueira baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está por riba da natureza humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que explica o establecemento e encaixamento da rede hidrográfica ás direccións estruturais do relevo cando unha vez instalado, ao escavar o seu val, pon de manifesto a estrutura adxacente. O relevo resultante recibe o nome de epixénico e o relevo xerado pola erosión fluvial en materiais resistentes o de epixenia, tanto se os cursos se encaixaron por sobreimposición coma por antecedencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresión de dúas ou máis imaxes diferentes sobre unha mesma película coa finalidade de conseguir efectos especiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complicación dunha enfermidade infecciosa que se deriva dunha reinfección, especialmente por xermes diferentes dos orixinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente anormal que nunha máquina ou instalación é superior á corrente de plena carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore perennifolia, robusta, de ata 25 m de altura, cunha copa ampla e cortiza moi grosa, esponxosa, lixeira, profundamente gretada en sentido lonxitudinal e de cor gris, que cando se arrinca queda outra nova lisa e de cor vermella. As follas son simples, alternas, coriáceas, ovadas ou de ovado-lanceoladas a oblongas, coa marxe enteira ou ondulada con pequenas espiñas, flores masculinas en amentos, flores femininas illadas ou en pequenos grupos e froito en landra. Florece xeralmente en primavera, aínda que pode haber flores de outono, e os froitos maduran entre setembro e febreiro, aínda que pode ter lugar máis tarde dependendo de cando tivera lugar a floración. Habita en zonas de clima marítimo húmido, desde o nivel do mar ata os 1.200 m. É unha árbore endémica da rexión mediterránea occidental. En Galicia penetrou polo SL desde Portugal. Cultívase como árbore ornamental ou en repoboacións forestais, aínda que o seu principal aproveitamento é a obtención da cortiza utilizada para facer...

    2. Madeira desta árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Forzáns (Ponte Caldelas). O seu cumio acada os 542 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamarín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso beneditino. Coñecido como o Padre Sobreira, en 1761 tomou o hábito no convento de Santa María de Sopetrán (Guadalajara) e tres anos máis tarde regresou a Galicia para estudar artes no convento de Ribas de Sil. En 1767 trasladouse ao convento de San Vicente (Salamanca), onde estudou teoloxía. Foi ordenado presbítero (1770) no convento de Santa María de Montserrat de Madrid. Despois da súa estancia en varios conventos e de estar en 1785 en Madrid dedicado a ordenar papeis de Martín Sarmiento, en 1789 volveu a Galicia. Primeiro estivo no convento de San Martiño Pinario (Santiago) e logo (1793) en Ribas de Sil, ata que en 1798 foi trasladado como abade ao convento de Santa María de Sopetrán (Guadalajara). Redactou diversos escritos, sobre todo lingüísticos e de interese lexicográfico (Idea de un dicionario de la lengua gallega), e outros sobre temas diversos (Historia general botánica de Galicia). Pensado Tomé realizou o estudo crítico dalgunhas das súas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Barbantiño, entre Sobreira (Vilamarín) e Viña (San Cristovo de Cea). Trátase dunha ponte medieval de cantaría cun arco apuntado e desaugadoiros arquitrabados. A calzada é de lousa. Atópase no antigo Camiño Real de Ourense a Santiago de Compostela por Cudeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo onde abundan as sobreiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no S da parroquia de San Paio de Araúxo (Lobios). O seu cumio acada os 1.542 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie inferior dunha pedra picada que descansa sobre a cara superior da que está debaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO