sobreira
(< lat v *suberarĭa
-
s
f
[PLANTA]
Árbore perennifolia, robusta, de ata 25 m de altura, cunha copa ampla e cortiza moi grosa, esponxosa, lixeira, profundamente gretada en sentido lonxitudinal e de cor gris, que cando se arrinca queda outra nova lisa e de cor vermella. As follas son simples, alternas, coriáceas, ovadas ou de ovado-lanceoladas a oblongas, coa marxe enteira ou ondulada con pequenas espiñas, flores masculinas en amentos, flores femininas illadas ou en pequenos grupos e froito en landra. Florece xeralmente en primavera, aínda que pode haber flores de outono, e os froitos maduran entre setembro e febreiro, aínda que pode ter lugar máis tarde dependendo de cando tivera lugar a floración. Habita en zonas de clima marítimo húmido, desde o nivel do mar ata os 1.200 m. É unha árbore endémica da rexión mediterránea occidental. En Galicia penetrou polo SL desde Portugal. Cultívase como árbore ornamental ou en repoboacións forestais, aínda que o seu principal aproveitamento é a obtención da cortiza utilizada para facer tapóns, como illante sonoro ou en decoración.
-
s
f
Madeira desta árbore.
Refráns
- Á sobreira non hai pau que a encha nin a fenda.