"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

    1. Bacteria da familia das bruceláceas.

    2. Familia de bacterias da orde das eubacteriais integrada por bacterias Gram-negativas moi pequenas e pleomórficas, parasitas obrigadas de moitos animais, mesmo do ser humano. Son inmóbiles ou ben se moven por flaxelos perítricos. Os xéneros máis importantes son Pasteurella, Brucella, Haemophylus e Bordetella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo. Realizou estudios no Conservatorio de París da man de Jules Massenet. Da súa produción destacan sobre todo as obras escénicas, como Le rêve (O soño, 1891) ou Messidor (1897). Exerceu a crítica musical en diversos periódicos e publicou algúns estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Profesor de xeografía física en Suíza (1869-1912). A súa obra componse principalmente de traballos sobre xeografía humana: La géographie humaine (Xeografía humana, 1910), Géographie de la France (Xeografía de Francia, 1920-26) e Géographie de l’histoire (Xeografía da historia, 1921). Tamén publicou L’irrigation dans la Péninsule Ibérique et dans l’Afrique du Nord (A rega na Península Ibérica e no norte de África, 1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador francés. Foi profesor de paleografía e arqueoloxía na Université de Bordeos. Publicou diversos traballos, entre os que salientan L’archéologie du Moyen Âge et ses méthodes (A arqueoloxía da Idade Media e os seus métodos, 1900) e Précis d’archéologie du Moyen Âge (Elementos de arqueoloxía medieval, 1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meter algo ou alguén nun líquido ata quedar totalmente inmerso nel.

    2. Facer que alguén se concentre por completo en algo, sen prestar atención a ningunha outra cousa.

    3. Meterse nun líquido ata quedar totalmente inmerso nel.

    4. Concentrarse por completo en algo, sen prestar atención a ningunha outra cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Educouse en China onde ambientou moitas das súas novelas. Publicou, entre outras obras, The Good Earth (A boa terra, 1931), A House Divided (A casa dividida, 1935), Letter from Peking (Carta desde Pequín, 1957) e Death in the Castle (Morte no castelo, 1964). Asinou algunhas das súas obras baixo o pseudónimo de John Sedges. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nas representacións heráldicas, dise dos colares dos animais que se atan cunha fibela.

    2. Nas representacións heráldicas, aplícase ao anel que atravesa o fociño dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Capitán francés, conde de Sancerre. Aliouse a Xoana de Arco e colaborou na acción que liberou Orleans en 1429. Participou na expedición do delfín a Suíza en 1444, e no 1450 foi nomeado almirante de Francia. Durante as campañas de reconquista de Guyenne, mandou un dos exércitos que obtiveron a vitoria de Castillón en 1453. Destituído por Luís XI a comezos do seu reinado, en 1461, entrou na Liga do ben público, pero someteuse ao soberano no ano 1469 e recuperou o seu favor. Ditou a súa biografía recollida no Le Jouvencel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lique da familia das bueliáceas.

    2. Antiga familia de liques da orde das lecanorais. Os seus representantes están actualmente incluídos dentro da familia das fisciáceas. Comprendía liques crustáceos, especialmente saxícolas, con esporas marróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en diversas publicacións (Tempos, Elipse, Golfiño, Frente Comixario, etc), realizou as ilustracións dos seguintes libros: Contos do paxaro azul (1994), A lenda da cidade asolagada (1995), O dado de lume (1997), O monstro da chuvia (1998) e O laboratorio do Dr. Nogueira (1998), entre outros. Dende 1998 realiza traballos de animación. Recibiu o primeiro premio no concurso nacional de cómics de Getafe (1988 e 1991) e no certame de banda deseñada Xuventude 94.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e periodista vasco en lingua castelá. Vinculado nun principio á chamada Xeración do 98, desde a morte de Dato foi militante da dereita. Entre outras novelas, escribiu El sabor del pecado e Los nietos de Danton (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Situada na beira meridional da ría de Pontevedra, no litoral setentrional da península do Morrazo. Esténdese entre a punta Arbosa, ao O, e a Cabezón da Ría, ao L, polas parroquias de Beluso, Bueu e Cela, todas do concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representar o papel de bufón.

    2. Facer ou dicir bufonadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto gabeador do xénero Bougainvillea, da familia das nitaxináceas, de follas enteiras, alternas, ovadas, lustrosas e perennes, e flores reunidas en grupos de tres e rodeadas por tres brácteas petaloides de gran tamaño, de cor laranxa ou vermella. Pertencen a este xénero dez especies orixinarias de América do Sur, apreciadas en Europa como ornamentais. As especies máis empregadas en xardinería son B. glabra, B. spectabilis e o híbrido B. x buttiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. A súa obra ten un cariz colosalista, moi influído polo manierismo italiano. É autor do castelo de Écouen (1540-1542), construído para o condestable Montmorency, do hôtel de Soissons (1572) e do pavillón que leva o seu nome nas Tullerías, para o monarca Enrique II e Catalina de Medici. Posiblemente, colaborou na construción do castelo de Chantilly.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba de Paul-Bunnell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Berrar o boi ou a vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome francés co que se coñece internacionalmente a Oficina Internacional do Traballo, organismo que garante a secretaría da conferencia e o consello da Organización Internacional do Traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Permanent International Peace Bureau Organización internacional creada en Berna en 1891 coa finalidade de coordinar as actividades en favor da paz en diferentes países. Foi creada por membros do III Congreso Mundial da Paz celebrado en Roma ese mesmo ano. Os seus obxectivos foron servir de vínculo entre os pacifistas de todo o mundo, proporcionar información sobre o movemento da paz e preparar as resolucións do Congreso Mundial da Paz. En 1910, despois de ser candidato durante sete das dez primeiras convocatorias, recibiu o Premio Nobel da Paz. Trala creación da Sociedade de Nacións, perdeu importancia e suspendeu os seus traballos durante a Segunda Guerra Mundial. En 1959 púxose fin a esta organización e os seus fondos pasaron ao International Liaison Committee of Organizations for Peace (ILCOP). Este comité tentou restablecer a anterior organización e nomeou en Xenebra unha secretaría do International Peace Bureau. Reorganizado polo comité dos premios Nobel, non acadou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘chover’.

    VER O DETALLE DO TERMO