"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
-
Persoa que aparenta ter ou ser máis do que é.
-
Persoa pouco animosa e sen iniciativa.
-
Persoa alta, delgada e sen xeito.
-
-
-
Correo ordinario que ía a cabalo dunha casa de postas a outra.
-
Correo especial para o servicio diplomático.
-
Oficina do servizo de correos na que se despacha a correspondencia e os demais servicios postais (xiros, telegramas, certificados, reembolsos) e onde se localizan os apartados.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia absolutista aparecida en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1813. Cesou o 2 de setembro do ano seguinte. Fundada e dirixida por Manuel Freire Castrillón, quen asinaba os seus artigos co pseudónimo de El Estafetero, saía os mércores e os sábados. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Los Dos Amigos, nos talleres de Ignacio Aguayo e, finalmente, nas súas propias prensas. Defendeu a Santa Inquisición, a fe católica, e os foros e privilexios dos terratenentes; por outra banda, criticou os liberais, a Constitución de 1812 e as Cortes de Cádiz. Cómpre salientar a inclusión dun dos primeiros textos en prosa escritos en lingua galega e titulado “Carta a un liberal”. Aos seus ataques políticos responderon as publicacións liberais El Redactor General, de Cádiz, e a Gazeta Marcial y Política de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal cultural aparecida en 1944 en Madrid. Cesou na súa primeira etapa en 1946. Editada pola Delegación Nacional de Prensa, dirixiuna inicialmente Juan Aparicio. Nos seus artigos incluía referencias á poesía subxectiva, aos escritores do 98 e ao seu pesimismo, aos experimentos vangardistas, á poesía española do s XIX e á Xeración do 27. Tamén tiveron cabida na revista os poetas garcilasistas. A súa segunda época desenvolveuse entre 1956 e 1957. Na terceira etapa, ata 1962, dirixiuna Rafael Morales e a edición correu a cargo do Ateneo de Madrid. Na cuarta etapa (1962-1968) levou a dirección Luis Ponce de León e a edición dependeu da Editora Nacional. En tres dos números editados en 1965 apareceron un Mapa literario de Galicia e un Dicionario de escritores. Na quinta e última etapa, a partir de 1968 e ata 1977, exerceu como director Ramón Solís. Dedicouse á información cultural, á crítica e á creación literaria. En 1978 modificou o seu nome polo de Nueva Estafeta e desapareceu...
-
-
Relativo ou pertencente aos estafilínidos.
-
Insecto da familia dos estafilínidos.
-
Familia de coleópteros con adultos dende menos de 1 mm a máis de 30 mm de lonxitude. A maioría son delgados e cilíndricos, con élitros curtos, abdome flexible e antenas sinxelas. As larvas son alongadas con antenas de 3 ou 4 segmentos, cun apéndice sensorial de forma particular no penúltimo. O extremo do abdome presenta un estilo articulado e cada pata remata nunha uña. Os adultos da maioría das especies son nocturnos ou cando menos foxen da luz durante as horas do día e están confinados aos hábitats húmidos. As larvas e os adultos da maioría das especies son depredadores facultativos, pero algúns son depredadores especialistas. Algúns aliméntanse de fungos ou de materia orgánica en descomposición e algunhas larvas son parasitoideas de pupas de mosca. Outras moitas especies habitan niños de formigas e térmites. Algunhas larvas tecen un casulo antes da metamorfose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de formación de palabras co significado de ‘acio’, ‘úvula’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dado ás enfermidades producidas por estafilococos patóxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bacteria que ten forma de cocos agrupados en acios, como as do xénero Staphylococcus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ectasia escleral e uveal debida a un aumento sostido e elevado da presión intraocular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘morto’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘matar’.
-
CIDADES
Cidade do L da Calcídica, Grecia, no Mar Exeo, actual Stavro. Nela naceu Aristóteles.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Cabo ou cable de aceiro que suxeita a cabeza de calquera pao, mastro ou cheminea para que non caia cara á popa. Antano, o estai do pau maior facíase firme a proa; ao pé deste o de mesana, e o de trinquete no bauprés e os dos mastros na mesma relación. Toma o nome do pau ou mastro que afianza, como o estai de trinquete, estai maior, estai de mesana.
-
estai de cabeza
Cabo que se encapela no tope para suxeitar os mastros.
-
estai de popa
Cabo que suxeita o pau para evitar que caia cara á proa.
-
estai de violín
Cabo que descompón o seu esforzo por medio do seu corno, que sae cara a adiante, perpendicular ao pao.
-
-
ela de coitelo, de forma triangular ou trapezoidal e parecida ás cangrexas, que se enverga nun estai ou no nervio que para tal fin vai por debaixo do propio estai.
-
-
CABOS
Cabo da beira meridional da ría de Vigo, situado no litoral da parroquia de Oia, Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Buque conxelador da armadora viguesa Pereira e hijos, construído en 1990, protagonista do que se deu en chamar “guerra do fletán”. Foi apreixado por buques patrulleiros da mariña canadense o 9 de marzo de 1995 cando faenaba en augas internacionais xunto a outros 18 barcos, e trasladado a Saint John’s, capital de Terranova. O secuestro do buque e da súa tripulación polas autoridades do país norteamericano orixinou un conflito internacional con España e coa Unión Europea que tardou varias semanas en resolverse. O suceso tivo unha gran repercusión en Galicia, especialmente en Vigo e no Morrazo, de onde era orixinaria a maioría da tripulación. Organizáronse numerosos actos de solidariedade cos mariñeiros arrestados e de protesta contra a acción canadense que foi cualificada de “pirata”, entre os que destacan as manifestacións celebradas en Vigo, que congregou a unhas 100.000 persoas, Santiago de Compostela, ao redor de 25.000, e Madrid, onde acudiron máis de 5.000 persoas. O Estai regresou...
-
PERSOEIRO
Militar francés. Almirante de Francia (1792) e conde de Estaing. Loitou na Guerra de Independencia dos EE UU do lado norteamericano e sitiou a cidade de Nova York (1778). En 1780 dirixiu a flota franco-española no sitio de Xibraltar. Comandante da Garda Nacional do Palacio de Versailles (1789), foi favorable á Revolución Francesa, aínda que a súa defensa da monarquía o levou á guillotina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concreción calcaria que pendura da bóveda dunha cavidade. Prodúcese pola sedimentación do carbonato cálcico disolto nas augas freáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concreción calcaria no chan dunha cavidade. Prodúcese pola sedimentación do carbonato cálcico disolto nas augas freáticas, normalmente baixo unha estalactita.
-
-
Rebentar algo violentamente facendo ruído.
-
Manifestarse de forma enérxica e súpeta unha cousa.
-
Expresar un sentimento ou emoción que non se pode conter.
-
Facer que algo produza ruído.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento industrial dedicado á construción ou reparación de navíos ( industria naval).