"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Relativo ou pertencente á cronografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que escribe cronografías.

    2. Instrumento rexistrador de intervalos de tempo caracterizado por unha gran precisión. Os cronógrafos primitivos tiñan funcionamento mecánico, análogo ao dos reloxos, pero, con posterioridade, creáronse cronógrafos electrónicos capaces de medir intervalos de tempo moi pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto no que as primeiras letras se corresponden con cifras do sistema de numeración romano (I, V, X, L, C, D, M) de xeito que reproducen a data na que sucedeu o evento do que se fala no texto. Pode expresarse en prosa ou en verso. Foi unha recurso frecuente na literatura da Idade Media e aparece tamén nalgunhas inscricións do s XVIII. É famoso o hexámetro que conmemoraba as Vésperas Sicilianas: “franCorVM tVrbIs sICVLVs fert fVnera Vesper”, no que ao sumar os numerais romanos representados polas maiúsculas dá 1282, data do alzamento contra os Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un cronograma.

    2. Que constitúe un cronograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos da orde das pteridais. Presenta rizomas rastreiros e frondes, de ata 30 cm de lonxitude, varias veces divididas, de cor verde clara, cos pecíolos moi longos e verdes. As frondes estériles teñen os lóbulos ovados e dentados mentres que as frondes fértiles son máis grandes, teñen os lóbulos máis longos e de marxe enteira e presentan os soros dispostos de xeito marxinal e cubertos polo extremo do limbo. A especie C. crispa vive na Península Ibérica nos pedregais que permanecen con neve a maior parte do ano polo que en Galicia está restrinxida aos cumios das serras orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Megyé de Hungría, drenado polos ríos Tisza e Körös (4.263 km2; 420.000 h [estim 1999]). A capital é Szeged. A industria madeireira constitúe a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Melitopil’, Zaporižžja 1921) Realizador cinematográfico ucraniano. Dirixiu os filmes Sorok pervyj (O corenta e un, 1957), Balada o soldate (A balada do soldado, 1959) e Zili byli ctarik co ctarukhoj (Había un vello e unha vella, 1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Fillo dun farmacéutico nacido en Cambados, Xoaquín, casado con Pepita -da estirpe dos Moirón de Cachán-, parente dos Valle-Inclán e tamén dos Vicetto, instalouse coa súa familia fronte á Fonte Vella mindoniense. Cunqueiro dende cativo compaxinou a súa paixón pola lectura co contacto coa máxica realidade que lle proporcionaron as terras natais, paisaxe omnipresente nas súas ficións e nas súas reflexións sobre a vida; e foi nesta época cando escribiu en castelán unha novela de vaqueiros na que os indios se expresaban en galego. Era un texto no que os indios vencían os brancos pero que revelaba unha clara comprensión do noso conflito lingüístico. Trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato e alí frecuentou a miúdo a Biblioteca Provincial e entrou en contacto con Ánxel Fole, os irmáns Correa Calderón e co poeta Luís Pimentel. Xa en Santiago de Compostela matriculouse, desde o curso 1927-1928, en Filosofía e Letras, na sección de historia, e tomou parte activa na intensa vida cultural...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribir á máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de escribir á máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á dactilografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que practica a dactilografía.

      1. Antigo nome da máquina de escribir.

      2. Intrumento de teclado inventado por Sienne no 1827 que posibilita a trasmisión dos signos da palabra e do son. Empregado polos xordomudos cegos, permite, a través do tacto, coñecer a forma dos signos do abecedario e mesmo manter unha conversa coa persoa que o manexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresión dixital que se obtén ao premer cun dedo sobre unha superficie para a súa identificación legal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario británico fundado en 1855 por Arthur B. Sleigh co nome de Daily Telegraph and Courier, que aos poucos meses foi adquirido por J. M. Levy. Despois dunha gran crise, en 1928 foi vendido aos irmáns Berry, quen reanimaron económica e editorialmente a publicación. En 1937 absorbeu o Morning Post, fundado en 1772. Órgano das clases medias, vinculouse dende os anos trinta ao partido conservador. En 1968 rexistrou unha tiraxe media de máis dun millón de exemplares. Forma parte da empresa editorial Telegraph Group Limited (TGL), que publica ademais The Sunday Telegraph e The Spectator. Á súa vez, o grupo TGL é propiedade de Hollinger International Inc, unha compañía editora con xornais en EE UU, Reino Unido, Canadá e Israel. Por outra banda, pertence á European Dailies Alliance (EDA), un colectivo xornalístico que integra catro importantes medios de comunicación europeos: Le Figaro, de Francia, ABC, de España, e Die Welt, de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde ás voces ‘alto’ e ‘grande’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vladica (príncipe-bispo) de Montenegro (1700-1735). Iniciou un goberno teocrático e perseguiu os conversos ao islamismo. En 1711 aliouse con Rusia contra os turcos. Fundou a dinastía Petrovič-Njegoš.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gospodar (príncipe laico) de Montenegro (1852-1860). Membro da dinastía Petrovič-Njegoš, sucedeu o seu tío Pedro II. Sostido polos rusos, secularizou o poder e atacou os turcos. En 1856, no Congreso de París, loitou pola abolición da soberanía otomana e a independencia de Montenegro. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Persia (521-486 a C), fillo de Histaspes, sátrapa de Partia. Participou no asasinato de Bardiya e sucedeu o seu irmán Cambises II, morto na campaña de Exipto, despois de lle dar morte ao usurpador Gaumata. Enfrontouse aos aspirantes ao trono e, coa sublevación dalgúns dos gobernadores das provincias e despois de cinco anos de batallas, fíxose co poder. Logo organizou o seu imperio, que se estendía entre o Mediterráneo, a India e o Mar Caspio, e dividiuno en vinte satrapías; estableceu vías de comunicacións entre as capitais das satrapías e dotounas de certa autonomía. Unificou tamén a moeda en todo o seu imperio e cuñou os dáricos de ouro. Emprendeu unha campaña en Europa na que se enfrontou aos escitas (512 a C) ao redor do Danubio, adquiriu o dominio sobre o Bósforo e someteu Tracia e Macedonia. Os enfrontamentos coas polis gregas, as Guerras Médicas, iniciáronse coa conquista de Sardes polos habitantes de de Mileto (498 a C). Malia a conquista desta cidade (490...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de masa equivalente a dez gramos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de masa equivalente á décima parte dun gramo.

    VER O DETALLE DO TERMO