Darío I de Persia o Grande
Rei de Persia (521-486 a C), fillo de Histaspes, sátrapa de Partia. Participou no asasinato de Bardiya e sucedeu o seu irmán Cambises II, morto na campaña de Exipto, despois de lle dar morte ao usurpador Gaumata. Enfrontouse aos aspirantes ao trono e, coa sublevación dalgúns dos gobernadores das provincias e despois de cinco anos de batallas, fíxose co poder. Logo organizou o seu imperio, que se estendía entre o Mediterráneo, a India e o Mar Caspio, e dividiuno en vinte satrapías; estableceu vías de comunicacións entre as capitais das satrapías e dotounas de certa autonomía. Unificou tamén a moeda en todo o seu imperio e cuñou os dáricos de ouro. Emprendeu unha campaña en Europa na que se enfrontou aos escitas (512 a C) ao redor do Danubio, adquiriu o dominio sobre o Bósforo e someteu Tracia e Macedonia. Os enfrontamentos coas polis gregas, as Guerras Médicas, iniciáronse coa conquista de Sardes polos habitantes de de Mileto (498 a C). Malia a conquista desta cidade (490 a C), os gregos derrotaron as tropas persas na Batalla de Maratón (490 a C).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Hircania -
Deceso
Lugar : Alexandría