"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de simbiose entre individuos de distintas especies que ocupan un mesmo espacio. Nesta asociación un organismo busca a protección doutro pero sen causarlle dano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina caracterizada por resaltar o papel asignado ás institucións á hora de explicar os fenómenos económicos. Desenvolvida principalmente en EE UU no período 1890-1929, naceu da convicción de que as institucións orientan e limitan a actividade económica e que, polo tanto, non pode reducirse esta a un simple resultado dun cálculo racional e individual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica segundo a que a validez das ideas e as teorías radica na súa capacidade de ser para a acción. Foi desenvolvida polos estudios de J. Dewey.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doutrinas ou de actitudes que propugnan calquera tipo de integración social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude de determinados sectores relixiosos, ideolóxicos ou políticos, partidarios da inalterabilidade das doutrinas.
-
-
Predominio da intelixencia nun ámbito determinado.
-
Doutrina filosófica que afirma a preeminencia dos fenómenos intelectuais sobre os fenómenos volitivos e afectivos. En filosofía este termo acostuma substituírse polo de racionalismo mentres que na psicoloxía e ética se contrapón ao voluntarismo e ao pragmatismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade profesional que se dedica ao deseño e ao arranxo de espacios pechados destinados a cuartos e ao contorno humano. OBS: Tamén recibe os nomes de arquitectura de interiores ou deseño de interiores.
-
-
Doutrinas ou actitudes que propugnan a prevalencia das relacións internacionais sobre as nacionais.
-
Doutrina socialista que preconiza a unión internacional dos traballadores fronte ao capitalismo.
-
-
-
Política de inxerencia nos asuntos doutros estados.
-
Tendencia do estado a intervir en asuntos deixados, noutros casos, á iniciativa privada.
-
-
-
Tendencia artística que trata emocións e sentimentos íntimos.
-
Estilo cultivado polos nabís P. Bonnard e É. Vuillard, centrado na temática dos interiores con figuras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exercicio dunha profesión, dun cargo ou actividade sen estar unha persoa cualificada oficialmente ou sen ter o permiso necesario.
-
-
-
Doutrina filosófica segundo a que a intuición é a forma primordial do coñecemento. Postula unha aprehensión irracional de realidades extraempíricas e do absoluto.
-
Corrente epistemolóxica, propia da escola escocesa, segundo a que a existencia do real material é directamente coñecida, non simplemente inferida.
-
-
Corrente do pensamento matemático, nacida na segunda metade do s XIX. Defende que a matemática é o estudo duns tipos de construcións mentais en que os obxectos que se manexan han de ser definidos dando un criterio que permita a súa construción e en que a linguaxe empregada, ben ordinaria ou simbólica, non é máis ca un instrumento auxiliar e non unha parte esencial das construcións (formalismo). Acéptase que a matemática intuicionista está conformada por todo aquilo que é consecuencia da construción da sucesión dos números naturais N, da que resultan evidentes os axiomas de Peano e a ordenación. Outra peza esencial é o principio de indución completa. Entre os matemáticos asociados á corrente intuicionista pode citarse a L. E. J. Brouwer, L. Kronecker, J. H. Poincaré, E. Borel e H. Weyl.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento ou tendencia á involución, especialmente política.
-
VER O DETALLE DO TERMO
naif.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado morboso producido polo uso excesivo ou prolongado das preparacións de iodo, caracterizado por cefaleas, erupcións cutáneas, debilidade e atrofia dos órganos glandulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conversión dun son en iode.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude conciliadora sostida por cristiáns de diferentes confesións para o estudo das cuestións que os separan. O termo xurdiu durante as polémicas doutrinais do s XVII e fíxose corrente con J.A. Möhler. O irenismo confluíu no ecumenismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tendencias de pensamento diversas. Propugnan ben a irracionalidade do real, ben que o suxeito da fe non está ao alcance da razón ou ben a negativa dun coñecemento conceptual a favor doutra potencia congnoscitiva, como o sentimento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de realismo.
-
-
Movemento político que xurdiu en Italia en 1866 e que propugnaba a incorporación de territorios baixo dominación estranxeira que consideraban italianos por estar baixo a súa soberanía anteriormente ou por afinidade étnica. O termo empregouse novamente despois da Segunda Guerra Mundial para referirse ás correntes que reclamaban a devolución de territorios que lles foran arrebatados.
-
Actitude política que pretende a anexión dun territorio irredento.
-