intuicionismo

intuicionismo

(< intuición)

  1. s m [FILOS]
    1. Doutrina filosófica segundo a que a intuición é a forma primordial do coñecemento. Postula unha aprehensión irracional de realidades extraempíricas e do absoluto.

    2. Corrente epistemolóxica, propia da escola escocesa, segundo a que a existencia do real material é directamente coñecida, non simplemente inferida.

  2. s m [MAT]

    Corrente do pensamento matemático, nacida na segunda metade do s XIX. Defende que a matemática é o estudo duns tipos de construcións mentais en que os obxectos que se manexan han de ser definidos dando un criterio que permita a súa construción e en que a linguaxe empregada, ben ordinaria ou simbólica, non é máis ca un instrumento auxiliar e non unha parte esencial das construcións (formalismo). Acéptase que a matemática intuicionista está conformada por todo aquilo que é consecuencia da construción da sucesión dos números naturais N, da que resultan evidentes os axiomas de Peano e a ordenación. Outra peza esencial é o principio de indución completa. Entre os matemáticos asociados á corrente intuicionista pode citarse a L. E. J. Brouwer, L. Kronecker, J. H. Poincaré, E. Borel e H. Weyl.

Palabras veciñas

intubación | intubar | intuición | intuicionismo | intuicionista | intuír | intuitivo -va