intuición

intuición

(< lat tardíointuitĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de intuír.

  2. s f
    1. Rapidez e seguridade de xuízo.

    2. Especie de facultade de acerto instintivo.

  3. s f [FILOS/PSIC]
    1. Coñecemento inmediato obtido sen discurso reflexivo. Platón fixo da intuición unha forma de coñecemento superior que tiña por obxecto a visión das ideas, e para R. Descartes tratábase do coñecemento das evidencias máis simples. B. de Spinoza converteuno nun coñecemento de terceiro grao, certo e infalible, que achega paz ao espírito co saber supremo que lle proporciona. I. Kant só admitiu unha intuición empírica ou captación sensible do fenómeno e unha intuición pura a priori, principio unificador da realidade empírica. A filosofía postkantiana instaurou a intuición intelectual ou facultade creadora do acto mental. Este concepto sufriu unha dura crítica por parte das escolas positivistas como fonte de todo tipo de falacias e divagacións ociosas.

    2. Capacidade de coñecer pola intuición.

    3. Obxecto da intuición.

Palabras veciñas

intruso -sa | intubación | intubar | intuición | intuicionismo | intuicionista | intuír