"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
-
Relativo ou pertencente aos politálamos.
-
Protozoo da familia dos politálamos.
-
Familia de protozoos foraminíferos cunha cuncha formada por sucesivas cámaras comunicadas entre si por medio dunha abertura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de dirección do partido comunista da antiga URSS e doutros países socialistas, encargado dos asuntos urxentes que cumpría resolver entre sesión e sesión do comité central. O da URSS foi creado en 1917 e ao principio tivo cinco membros, número que aumentou posteriormente. Entre 1952 e 1966 tomou o nome de Presídium.
-
-
Que abarca moitas ciencias ou artes.
-
Áplícase ao centro de educación en que se ofrece ensino técnico superior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de relixión que recoñece diversas divindades, máis ou menos independentes, das que a miúdo só se venera unha. O panteón politeísta estrutúrase de xeito xerárquico e cada deus desempeña funcións diferentes. É controvertido saber en que forma relixiosa se orixinou e a súa relación co monoteísmo. Segundo Usener, os grandes deuses persoais deriváronse do polidemonismo; para Wilhelm Wundt, os mitos de deuses persoais presupoñen sempre a fe nos demos e as lendas de heroes fundadores. En contraposición está Wilhem Schmidt, que afirma que ao comezo está o monoteísmo e a revelación orixinal.
-
-
Relativo ou pertencente ao politeísmo.
-
Seguidor do politeísmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Multiplicidade anormal de mamilas nunha mesma mama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a un tipo de cromosoma xigante, presente sobre todo en glándulas salivares de larvas de insectos dípteros, coma os do xénero Drosophila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
polietileno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliolefina prefluorada derivada do tetrafluoroetileno. Trátase dun polímero granular, susceptible de moldeamento e extrusión, cun peso molecular medio de 5ò105 a 107. É un sólido con moi boas propiedades como illante eléctrico e co coeficiente de fricción máis baixo de todos os materiais sólidos coñecidos. É resistente a todos os axentes químicos, excepto aos metais alcalinos fundidos e ao flúor, e non é soluble en disolvente ningún. Ten unha extraordinaria estabilidade térmica. A pesar de ser considerado como termoplástico non ten, en sentido estrito, punto de fusión, feito polo que a súa utilización en procesos de fabricación require técnicas análogas á da pulverimetalurxia. As súas aplicacións derivan das propiedades eléctricas e da inercia química que ten. OBS: Comercialmente conécese como teflón.
-
PERSOEIRO
Teólogo italiano. Coñecido como Ambrogio Catarino, foi dominicano en Florencia (1517), bispo de Minori (1546) e arcebispo de Conza (1552). Polemizou cos luteranos e foi causa, a miúdo, de violentas polémicas pola novidade dalgunhas teses e polo seu escotismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Conxunto de actividades teóricas e prácticas referentes ás relacións entre os cidadáns dunha mesma colectividade ou entre diferentes colectividades. No seu aspecto teórico, é o tema de estudo da filosofía política, e o seu obxectivo é reflexionar sobre o feito político en xeral e propoñer posibles fórmulas de relación entre o poder público e os cidadáns, fundamentadas en diversas hipóteses sobre as finalidades da actividade política e os medios para acadalas. Comprendida no campo da filosofía moral, a filosofía política interésase, daquela, polos obxectivos éticos de todo proceso político e non só polo funcionamento do aparato político gobernamental ou pola maneira de actuar dos diferentes organismos de relación entre os cidadáns e o estado. Aínda que, despois da Segunda Guerra Mundial moitos sistemas de goberno evolucionaron cara ao que se chamou tecnocracia ou goberno de técnicos, parece difícil dividir as actividades do goberno dos presupostos éticos que son a orixe e a base de moitas...
-
política agrícola común [PAC]
Conxunto de obxectivos, instrumentos e accións da Unión Europea en favor do desenvolvemento dos sectores agrario, forestal e pesqueiro e da organización do mercado interior europeo nos seus produtos. Ten como obxectivos aumentar a produtividade agraria e o nivel de vida da poboación rural, estabilizar os mercados e garantir o abastecemento de produtos agrícolas a prezos razonables.
-
política económica
Acción pública exercida sobre a economía para, servíndose de determinados medios, alcanzar uns obxectivos que poden ser de moi diverso tipo. O axente ou suxeito activo son entes públicos aínda que ultimamente se insiste na importancia, para a política económica, das decisións tomadas por grandes unidades e holdings privados. Doutra banda, enténdese como rama da ciencia económica que se ocupa de racionalizar, co estudo e a análise, a acción real dos poderes públicos sobre a evolución e a realidade económicas posibles. Pódese facer unha tipoloxía e clasificación suficiente do contido e orientación das diversas políticas económicas posibles. Nun primeiro termo, pódense atopar as filosofías ou ideoloxías económicas como condicionantes da acción; desde este punto de vista fálase de liberalismo, keynesianismo, intervencionismo ou socialismo, entre outras. Outro enfoque un pouco distinto fala da política económica a medio prazo, tres ou catro anos, e a longo prazo, a partir de cinco anos....
-
política exterior e de seguridade común [PESC]
Estrutura de cooperación intergobernamental da UE creada polo Tratado de Maastricht. Ten como obxectivos a defensa dos valores comúns, os intereses fundamentais e a independencia e integridade da UE conforme aos principios da Carta da ONU; o fortalecemento da seguridade da UE; o mantemento da paz e o fortalecemento da seguridade internacional; o fomento da cooperación internacional; e o desenvolvemento e consolidación da democracia, o estado de dereito e o respecto dos dereitos humanos. No Tratado de Amsterdam creouse a figura do Alto Representante da PESC que ten como funcións asistir ao Consello da Unión, preparar e poñer en práctica as decisións políticas e dirixir o diálogo político con terceiras partes, cando proceda, en nome do Consello da Unión e a petición da presidencia. O primeiro en ocupar o posto foi Javier Solana Madariaga, desde 1999.
-
políticas públicas
Programas sectoriais e diversas accións que emanan das institucións de goberno como resultado da interacción política.
-
-
Actividade de quen se dedica aos asuntos públicos.
-
-
Maneira de actuar ou de conducir un asunto.
-
Habilidade no trato coas persoas.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Político que demostra pouca habilidade ou mala intención.
-
-
-
Relativo ou pertencente á política.
-
Que actúa con habilidade cos demais.
-
Que ou quen se ocupa profesionalmente de asuntos políticos.
-
-
Relativo ou pertencente aos parentes sobrevidos por matrimonio, especialmente: o pai (sogro), a nai (sogra), o fillo (xenro) ou a filla (nora).
-
Membro do partido dos políticos ou grupo dos descontentos, organizado en Francia despois da Noite de San Bertomeu, entre 1573 e 1574. Estaba formado por católicos e protestantes que, ademais do problema confesional, se preocupaban do político. Tiveron que combater contra a Liga Católica e contra os hugonotes intransixentes. O grupo desintegrouse tras a caída do trono de Enrique IV de Francia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘político’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en politicoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que ten a política por obxecto de estudo.
-
-
Que ten diferentes tipos.
-
Aplícase á especie que pode ser considerada en diferentes subespecies ou razas.
-
-
-
Intervir ou participar activamente na vida política.
-
Falar continuamente de política, fóra de lugar ou con lixeireza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen politiquea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de politiquear.