político -ca

político -ca

(< lat politĭcu < grπολιτικός)

    1. adx

      Relativo ou pertencente á política.

    2. adx

      Que actúa con habilidade cos demais.

    3. adx e s

      Que ou quen se ocupa profesionalmente de asuntos políticos.

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos parentes sobrevidos por matrimonio, especialmente: o pai (sogro), a nai (sogra), o fillo (xenro) ou a filla (nora).

  2. s m [HIST]

    Membro do partido dos políticos ou grupo dos descontentos, organizado en Francia despois da Noite de San Bertomeu, entre 1573 e 1574. Estaba formado por católicos e protestantes que, ademais do problema confesional, se preocupaban do político. Tiveron que combater contra a Liga Católica e contra os hugonotes intransixentes. O grupo desintegrouse tras a caída do trono de Enrique IV de Francia.