"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Ourense, que comprende o concello de Montederramo. Conta cun total de 13 parroquias, todas elas matrices.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Montederramo. En 1124 Tareixa de Portugal, filla de Afonso VI, concedeu ao abade Arnaldo e aos monxes beneditinos o lugar de Rovoira Sacrata para fundar un mosteiro, aínda que podían trasladalo a outro emprazamento. O primitivo mosteiro, baixo a advocación de san Xoán, estivo situado en Seoane Vello, tivo priorados nas terras próximas e en 1153 pasou a pertencer á orde do Císter e modificou a súa advocación pola de santa María. En 1528 uniuse á Congregación de Castela e coa desamortización foi abandonado. Tivo unha escola de artes no s XVI. A igrexa medieval foi reedificada por Juan de Tolosa (1598-1607) e está pegada ao claustro polo interior. Ten planta de cruz latina con tres naves de cinco tramos e cinco capelas rectangulares, a central de maior tamaño. As naves están cubertas con bóvedas de cruzaría e sobre o cruceiro érguese unha cúpula sobre pendentes, rematada cunha cupuliña. Destacan a escalinata de baixada á igrexa e a sancristía. A fachada da igrexa é plana...
-
GALICIA
Pintor. Coñecido como Morquecho, amosou por primeira vez a súa obra en Pontevedra en 1972. Formou parte do grupo Nome e residiu en Nova York. As súas primeiras obras achegáronse ao fauvismo, ao impresionismo e á pintura de Goya. Interesado pola natureza, comezou a destacar como paisaxista. A mancha é solta e rápida pero as súas obras tamén amosan o dominio do debuxo. As cores son vivas e brillantes como o verde, o amarelo ou o prateado, das que se desprenden a luz e coas que lles deu ás obras certa sensación de acuosidade. Da súa produción destacan Recordos (1993) e Petouto (1993) e as paisaxes realizadas durante a súa estancia en Nova York. Realizou exposicións individuais en Galicia e España e participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra. Ten obra no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, na Colección Caixanova e noutras coleccións galegas e españolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica que permite executar simultaneamente dous ou máis programas grazas á acción do sistema operativo, que intercala a execución dos programas, por medio das técnicas do proceso de prioridade, co obxectivo de maximizar o volume de traballo realizado por intervalo de tempo e, en xeral, de facer un uso óptimo do sistema. A multiprogramación fai posible a concorrencia de programas que funcionan en tempo real e outros que funcionan en tempo diferido; os primeiros forman o primeiro plano en relación cos segundos, que constitúen o fondo.
-
PERSOEIRO
Político e eclesiástico. Foi retor da Universidad de Salamanca (1787), deputado por Extremadura ás Cortes Generales (1810) e presidente da comisión encargada da elaboración da constitución nas Cortes de Cádiz. Defensor da liberdade de imprenta e da abolición da Inquisición, foi encarcerado por orde de Fernando VII (1815). Tras a sublevación de José del Riego (1820), foi liberado e elixido deputado (1822), pero coa restauración do absolutismo tivo que exiliarse en Portugal (1823), onde tamén foi perseguido polas súas ideas liberais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Burundi (1.535 km2; 441.653 h [1990]). A súa capital é Muramvya (57.442 h [1990]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade municipal situado en Lalín. Dedicado ao sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, os seus fondos están formados polo conxunto dos seus documentos, fotografías, instrumentos e libros. Acolle tamén unha colección de obras de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Organiza a Bienal Laxeiro, exposicións temporais e outras actividades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal situado no palacio de Dos Aguas en València, inaugurado en 1954. Os seus fondos iniciais constituíunos a colección de cerámica doada por Manuel González Martí e Amelia Cuñat. Posteriormente ampliouse aos campos da cerámica, indumentaria, pintura, escultura, moble e artes gráficas, e acadou o seu nome actual (1969). Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.
-
PERSOEIRO
Escritor. Influído pola obra de Pablo Neruda, Octavio Paz e Walt Whitman, e relacionado co movemento poético da revista Mito, o seu estilo caracterizouse polo uso dun discurso cheo de imaxes propias doutro mundo, moi suxestivas. Iniciou a súa produción coa escolma poética La balanza (1947), á que seguiron Los elementos del desastre (1953), en que aparece o seu célebre personaxe Maqroll el Gaviero. Posteriormente escribiu Los trabajos perdidos (1960) e Summa de Maqroll el Gaviero (1973), onde se recollen todos os seus poemas entre 1948 e 1970. É tamén autor de diversas obras en prosa, como Diario de Lecumberri (1960), Caravansary (1982), La nieve del almirante (1986, Premio Médicis) e Tríptico de mar y tierra (1993). Galardoado coa Gran Cruz de Alfonso X el Sabio, recibiu o Premio Nacional de Poesía de Colombia (1983), o Premio Príncipe de Asturias (1997), o Premio Neustadt (2001) e o Premio Cervantes (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de namorar ou namorarse.
-
PERSOEIRO
Rei de Acad (2291-2255 a C), fillo de Maništusu (2306-2292 a C) e neto de Sargón I de Acad. Chegou ata o Mediterráneo e someteu Alepo e Líbano. Acadou a súa vitoria máis grande sobre os pobos do altiplano de Irán (os gutis e os lullubis). Ao final da dinastía os gutis invadiron Mesopotamia (2191 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de València. Destacou durante a Primeira Guerra Carlista. A dinámica das loitas políticas levouno cada vez máis a intervir a favor dos moderados. Durante 1843 foi capitán xeneral de València. Desde 1844 ata 1868, con intervalos, foi presidente do goberno, ministro de varias carteiras e un dos máximos inspiradores de toda a política de conciliación que os moderados propugnaban en relación cos carlistas e coa Igrexa, a cambio de facer máis lenta a desamortización. Evolucionou cara a posicións máis conservadoras e máis autoritarias, e ao acabar o Bienio Progresista foi novamente, con intervalos, presidente do goberno. En marzo de 1867, as súas actitudes personalistas e autoritarias precipitaron a revolución de setembro de 1868.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo, escritor e tradutor. Doutor en Filoloxía Galega e profesor na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. As súas principais investigacións filolóxicas céntranse no estudo da onomástica e da toponimia. Colaborador do Instituto Geográfico Nacional para a revisión da toponimia na cartografía de Ourense e Pontevedra (1984) e asesor de toponimia na Enciclopedia Galega Universal (EGU), pertence á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia e á Asociación Galega de Onomástica. Ademais, foi codirector do proxecto Toponimia de Galicia e coordinador da área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Colaborou coas revistas Vagalume e Dorna, elaborou a edición crítica de Longa Noite de Pedra (1990), de Celso Emilio Ferreiro, e realizou traducións de obras de Jack London, A chamada da selva (1982); Georges Perec, Robert Graves ou Conan Doyle; a versión ao galego da obra deste último autor O can dos Baskerville (1988) valeulle a concesión do Premio Ramón Cabanillas de Tradución...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola lingüística alemá que se desenvolveu durante o último cuarto do s XIX e comezos do XX na universidade de Leipzig. Nos seus principais postulados teóricos defenden un estudo diacrónico da lingua, a concepción das linguas como unidades desprezando as influencias externas que poden aparecer, a crenza da existencia dunha fronteira lingüística delimitada e rigorosa e a consideración dos fenómenos lingüísticos como feitos illados sen atender ao conxunto do sistema. Estableceron a existencia de leis fonéticas que se cumpren sen excepción e que a analoxía é un factor normal na transformación lingüística. Interesáronse tamén pola lingua falada, e ampliaron así a limitación dos seus predecesores á lingua escrita. As súas teorías aparecen en Morphologische Untersuchungen (Investigacións morfolóxicas, 1878-1910) de Osthoff e Brugmann. Outros integrantes da escola foron Berthold Delbrück, Herman Paul e Wilhelm Meyer-lübke.
-
-
Relativo ou pertencente á neogramática.
-
Partidario ou seguidor da neogramática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Panorama visual dun edificio visto desde o seu interior.
-
GALICIA
Filólogo e escritor. A súa versatilidade como investigador levouno a centrarse nunha pluralidade de autores literarios que combina con outros estudos de carácter lingüístico, como o Dicionario de verbos galegos (1993). No apartado literario, ademais das traducións de libros de Jack London, destacan a Guía de lectura de O soño sulagado (1992), Entrevistas a Álvaro Cunqueiro (1994), Papeis de literatura: dez anos de revisión crítica (2001) e as edicións de O sol na crista do galo (2003) e Derradeira escolma ferida (2003), de M. Lueiro Rey.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Coñecido como Ramón Nieto, emigrou a Chile e, en 1914, abriu unha oficina de explotación e comercialización do sal, para logo chegar a ser dono dunha das máis grandes compañías salitreiras deste país, a Compañía Galicia. Fundou tamén o Banco Español e as compañías de seguros La Española e La Nueva España. De ideas racionalistas, de volta a Galicia marcouse como obxectivo mellorar a situación escolar galega, e para iso decidiu fundar as Escolas Nieto. A primeira delas abriu as súas portas en 1900 no barrio de Barreiro (Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Remixio Ramón Nieto Otero.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Nogueira de Ramuín, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO