"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • Xogo de equipo ancestral escocés, practicado sobre un terreo de céspede en que se enfrontan dous equipos de quince xogadores co obxectivo de introducir unha pelota de coiro no interior da portería defendida polos contrarios; concédese un punto ao equipo que consegue facer pasar o balón por riba do pau longueiro da portería contraria e tres se se fai pasar por debaixo. Os xogadores só poden contactar coa pelota por medio dun bastón rematado por unha especie de pa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Considerado o fundador da escola fenomenolóxica, foi profesor nas universidades de Halle, Göttingen e Friburgo de Brisgovia (1916-1928). Considerou o fenómeno como a realidade mesma, tal como é dada ao home inmediatamente no coñecemento. Deu a descrición do contido ideal deste coñecemento, as esencias das cousas e introduciu a problemática crítica do epokhé. Transformou definitivamente a antiga fenomenoloxía das esencias nunha fenomenoloxía transcendental e enfatizou a redución transcendental. Entre as súas obras destacan Logische Untersuchungen (Investigacións lóxicas, 1900-1901), Ideen zu einer reinen Phänomenologie und phänomenologische Philosophie (Ideas relativas a unha fenomenoloxía pura e a unha filosofía fenomenolóxica, 1913), Formale und transzendentale Logik (Lóxica formal e transcendental, 1929) e Méditations cartésiennes (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Comezou a súa carreira co grupo naturalista dos Goncourt. Incluído na corrente decadentista de finais do s XIX, escribiu À Rebours (1884); e posteriormente, L’oblat (1904) e La cathédrale (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e enxeñeiro xeógrafo. Alistouse no exército en 1838 e un ano despois ingresou na Academia de Ingenieros Militares de Guadalajara. Froito da súa experiencia e das súas viaxes por Europa comisionado polo exército, redactou, xunto con J. Modet, o Manual del Pontonero (1853), obra fundamental da enxeñería de camiños e pontes en España. En 1854 incorporouse á comisión do Mapa de España, creada pola Junta General de Estadística co obxectivo de levantar un mapa xeodesicamente preciso de todo o territorio; nese proxecto desenvolveu un aparato para a medición de bases xeodésicas que presentou en 1858. A partir de 1866 asumiu a representación de España na Asociación Xeodésica Internacional, da que foi un dos fundadores e posteriormente presidente, e onde levou a cabo proxectos transcendentais, como a conexión das redes xeodésicas de Europa e África (1879). Tamén presidiu a comisión internacional que determinou a medida do metro, extraído das observacións sobre a lonxitude do meridiano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, neto do marqués de Sargadelos. Enxeñeiro de minas, inventou un lavadoiro de roupa ao vapor e desde 1866 tentou reanudar a fábrica de Sargadelos que funcionou entre 1871 e 1872. Tralo seu fracaso foi elixido alcalde de Cervo e deputado provincial e trasladouse a Madrid, onde exerceu no Instituto Geográfico de Estadística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do cantón de Berna, Suíza (5.500 h [1988]). Situada sobre os lagos Thun e Brienz, nun cono de dexección, é un importante centro turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia elaborada polas células que interveñen na resposta inmunitaria despois do contacto co antíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plaqueta de metal, máis baixa ca o tipo, que serve para espazar as liñas dunha composición tipográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cómic editado en Vigo a partir de 1984 que cesou no seu terceiro número. Creado por Carlos Portela, contou coas colaboracións de Gus, Toquio e Norberto Fernández, entre outros. Incluía, ademais de banda deseñada, a primeira sección específica de crítica na revista galega Nomofán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de interlinear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio en branco que separa as liñas nunha composición.

    2. Composición separada con interliñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está contido entre liña e liña dun escrito.

    2. Tradución interpolada nun texto orixinal de maneira que cada liña daquela estea debaixo da liña correspondente desta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar interliñas entre as raias do texto para darlle a separación adecuada.

    2. Engadir texto entre liñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de lingua que se produce por aquel que aprende unha segunda lingua ou unha lingua estranxeira, durante o proceso de aprendizaxe desa lingua.

    2. Representación do significado conceptual do texto orixinal, a partir da que se xera a súa tradución, e que pretende ser neutral respecto ás linguas traducidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diálogo entre dúas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que forma parte dun diálogo ou dunha conversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obra musical breve que se interpreta entre dúas partes máis extensas dunha composición instrumental, orquestral ou escénica.

      1. Obra curta, pouco definida, metade cómica e metade alegórica, de versificación irregular e pouco refinada, que, na transición do teatro medieval ao teatro isabelino, se intercalaba na representación dunha obra.

      2. Farsa, entretemento ou obra musical, executados entre os actos dun misterio, dun drama ou doutra peza similar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervalo de tempo, na conxunción da Lúa co Sol, durante o que aquela non é visible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame cinematográfico internacional fundado en Berlín en 1951. É un dos referentes mundiais da exhibición de cine. Anualmente entrega os seus galardóns nas diferentes categorías do festival, entre as que destaca o Goldener Bär, o seu premio máis destacado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se realiza entre os órganos parlamentarios ou lexislativos de varios países ou que os relaciona.

    VER O DETALLE DO TERMO