hurling*
hurling*
s
m
[DEP]
Xogo de equipo ancestral escocés, practicado sobre un terreo de céspede en que se enfrontan dous equipos de quince xogadores co obxectivo de introducir unha pelota de coiro no interior da portería defendida polos contrarios; concédese un punto ao equipo que consegue facer pasar o balón por riba do pau longueiro da portería contraria e tres se se fai pasar por debaixo. Os xogadores só poden contactar coa pelota por medio dun bastón rematado por unha especie de pa.