Huron, Lago

Huron, Lago

Lago de Norteamérica, que ocupa o centro entre os Grandes Lagos, que serven de fronteira entre EE UU e Canadá. Situado ao NL do lago Michigan, ao L do Lago Superior, ao N do lago Erie e ao O do lago Ontario, abrangue unha superficie de 67.797 km2. Comunícase co Lago Superior polo río Saint Marys, co lago Michigan polo estreito de Mackinac e co lago Erie polo río Saint Clair.