hurón

hurón
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos huróns.

    Sinónimos: wyandot.
  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo hurón.

    Sinónimos: wyandot.
  3. s m pl [ETN/HIST]

    Tribo indíxena norteamericana que habita nas reservas dos estados de Oklahoma, Ohio, Kansas e na provincia de Québec. Estendeuse orixinariamente pola beira esquerda do río San Lourenzo e a rexión dos Grandes Lagos. Organizábase nunha confederación, que se dividía territorialmente en comunidades fortificadas. Mantivo enfrontamentos coa liga iroquesa entre mediados do s XVI e mediados do s XVII, ao tempo que se produciron os primeiros establecementos de colonias francesas nos seus territorios, no lago San Lourenzo (1603) e Québec (1608). Derrotados polos iroqueses en 1643 estendéronse por Michigan, Wisconsin e Ohio. Enfrontáronse á expansión dos colonizadores europeos, pero foron derrotados e recluídos nas reservas.

Palabras veciñas

hureaulita | hurí | hurling* | hurón | Huron, Lago | Huroniano | huroniano -na