"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
-
Aplícase ao animal, particularmente ao porco, que ten unha franxa de pelo de diferente cor no lugar correspondente á cincha.
-
Relativo ao porco que mete os pés cara a dentro ao andar.
-
Aplícase ao porco co lombo afundido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cillado.
-
PERSOEIRO
Historiador de economía italiana. Catedrático de Historia Económica da Universidade de Pavia, estudiou sobre todo a historia da moeda, a poboación e a técnica; especializouse na xénese e desenvolvemento do capitalismo e nas condicións que fixeron posible a Revolución Industrial en Europa. Escribiu, entre outras obras, The Economic History of World Population (Historia económica da poboación mundial, 1962), The Economic Decline of Empires (A decadencia económica dos imperios, 1970), Istruzione e sviluppo: il declino dell’analfabetismo nel mondo occidentale (Educación e desenvolvemento: o retroceso do analfabetismo no mundo occidental, 1971), Storia economica dell’Europa pre-industriale (Historia económica da Europa preindustrial, 1974), Le macchine del tempo: l’orologio e la società, 1300-1700 (As máquinas do tempo: o reloxo e a sociedade, 1981), Introduzione allo studio della storia economica (Introdución ao estudo da historia económica,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cizalla.
-
-
-
erter un líquido ou deixar caer aos poucos un grupo de cousas.
-
Estender algo que estaba xunto ou nun montón.
-
-
erterse un líquido ou caer ao chan un grupo de cousas.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Menorca, Illes Balears, situado no extremo SO da illa e formado por costas altas e rectilíneas, accidentadas por enseadas (21.296 h [1996]). É abundante a morfoloxía cárstica, na que destacan as covas da Parelleta ao SL. A vexetación, tipicamente mediterránea, está formada por bosque de piñeiro branco, oliveiras silvestres e matogueiras; no sector NL destaca a presenza da palmeira anana. As terras de cultivo dedícanse, fundamentalmente, á plantación de herbáceas para forraxe do gando bovino (produción de leite e queixos). O turismo experimentou un importante desenvolvemento. O núcleo, de orixe medieval, estaba dividido en barrios (a igrexa, Santa Clara, o Secors e San Francisco) pola intersección das rúas que unían os antigos portais da muralla. Destacan o centro comercial e administrativo, especialmente a rúa das Voltas, porticada, a praza da catedral e a ampla palestra, a antiga praza de armas, centrada polo obelisco que conmemora o saqueo da cidade polos turcos en 1558,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Tipo de tesoira grande utilizada para cortar pranchas de metal en frío. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
Instrumento formado por un brazo móbil provisto dunha coitela, suxeito a un taboleiro e que, segundo o seu tamaño, serve para cortar metal, cartón, papel ou outros materiais.
-
Máquina empregada para cortar pranchas metálicas en frío. A cizalla de guillotina está constituída por unha sólida bancada provista de guías, polas que se move unha potente coitela. Na cizalla circular a parte cortante está constituída por dúas rodas superpostas, co extremo en forma de bisel, que xiran en sentido contrario.
-
Tesoiras utilizadas en cirurxía para cortar ósos. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
-
Conxunto de retallos de metal.
-
Franxa longa e estreita de rochas intensamente deformadas, situada entre dous bloques indeformados de rocha, producida polo movemento relativo dun respecto do outro. As rochas resultantes do proceso, denominadas milonitas, teñen o gran fino e presentan unha foliación moi ben desenvolvida.
-
-
-
-
Acción de cizallar.
-
Efecto dun esforzo que actúa sobre a sección transversal dun corpo (trabe, piar, remache, etc) e que se manifesta pola tendencia con que esta sección escorrega respecto á contigua, mediante unha deformación, primeiro elástica e despois plástica que, en caso de que o esforzo continúe en aumento, pode chegar a provocar a rotura da peza.
-
ensaio de cizallamento
Proba para determinar a resistencia dun material ao cizallamento, que consiste en someter unha probeta á acción de dúas cargas paralelas e moi próximas que actúan en sentido contrario.
-
esforzo de cizallamento
Nun corpo sometido a un certo estado de carga, compoñente da resultante destes esforzos que actúa sobre unha sección transversal do corpo e tende a facela escorregar respecto da contigua.
-
-
Perturbación cinemática da circulación intertropical que marca unha forte discontinuidade na velocidade e na dirección dos ventos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cortar coa cizalla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate lendario de Ramiro I de Asturias contra ‘Abd al-Ra ḥ mān III celebrado no ano 859 en La Rioja. A lenda narra o enfrontamento que xurdiu pola reclamación de ‘Abd al-Ra ḥ mān a Ramiro I do pagamento das 100 doncelas prometido por Mauregato. Ramiro negouse e, deste xeito, iniciouse a guerra. Derrotados os cristiáns no primeiro enfrontamento, esa noite Ramiro soñou que o Apóstolo Santiago o incitaba a que presentase batalla ao día seguinte e afirmou que se presentaría nun cabalo branco e cunha bandeira da mesma cor para axudalo. O éxito da campaña fixo que, dende aquela, os exércitos cristiáns entrasen en combate berrando “Santiago y cierra España”. A lenda naceu confundindo esta suposta batalla coa de Albelda.
-
PERSOEIRO
Avogada e política. Licenciouse en Dereito na Universidade de Yale (1973). Principiou a súa actividade profesional na Children’s Defense Foundation. En Arkansas fundou un despacho de avogados, Friends of Hillary, que se especializou en patentes e propiedade intelectual. Por este motivo, en 1991, The National Law Journal nomeouna entre os cen mellores avogados de América. Tralo acceso do seu home, Bill Clinton, á presidencia dos EE UU, encargouse de dirixir unha comisión especial sobre a reforma da sanidade en 1993 que, malia ser un dos puntos máis importantes do programa electoral, non foi aprobado. Foi elixida senadora por Nova York nas eleccións do 7 de novembro de 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer que unha substancia, sobre todo o leite e o sangue, se volva sólida.
-
Solidificarse un líquido.
-
Formarse unha capa de neve sobre o chan.
-
Converterse en realidade ou chegar a desenvolverse na práctica algunha cousa que se estaba xerando.
-
Ser aceptada unha proposta que comporta un resultado novidoso.
-
Quedarse inmóbil a causa do medo.
-
-
PERSOEIRO
Catedrático de Filosofía e poeta. Autor de abondosas obras, en Galicia presentáronse os espectáculos Érase que se era la margarita del campo (1971) e La puerta del paraíso (1993), creados a partir de textos homónimos da súa autoría e producidos pola compañía Teatro Keyzán de Vigo, con dirección de Maximino Keyzán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Promocionou libros e materiais pedagóxicos para o ensino, ao mesmo tempo que coordinaba a edición de coleccións de libros de literatura infantil e xuvenil e de libros escolares. Traduciu libros ao galego, escribiu artigos na prensa e participou na redacción de libros de texto. Publicou, entre outras obras: A voltas coa literatura pra nenos (1982), Cantando cos nenos (1985), Voa... Se podes! (1987), Autores galegos de literatura infantil (1989), Historia da literatura infantil e xuvenil galega (1989) e Acción madurativa e integradora do folclore infantil (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. Mesturou o gusto pola estética medieval nas construcións relixiosas co repertorio neoclásico nos edificios civís. Foi arquitecto da Deputación (1870) e do concello de Lugo (1894), cidade na que fomentou a creación da Escola de Artes e Oficios (1888) e a electrificación do núcleo urbano. Entre as súas obras destacan o concello (1874) e as torres da catedral (1878-1881) de Lugo, as igrexas de Santiago de Mondoñedo (1889-1890), de Santalla de Cervo (Cedeira, 1906-1907) e de San Bertomeu de Cariño (1907-1910), e a reconstrución do castelo de Castro de Ouro (Alfoz).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros da familia dos coccinélidos ao que pertencen as xoaniñas.
-
-
Insecto homóptero da familia dos cóccidos. As femias son ápteras e viven, na fase adulta, fixadas ás plantas das que se alimentan. Algunhas especies chegan a ser ápodas, co corpo transformado nunha pequena cuncha de entre 1 e 10 mm de lonxitude, que presenta unha cuberta protectora de ceras e lacas excretadas polo mesmo animal. Os grupos de femias chegan a cubrir talos, follas ou froitos, e poden constituír pragas se afectan ás especies vexetais de interese para o home, como a cochinilla das laranxeiras (Pseudococcus citri). Combinan un ciclo biolóxico partenoxénico cun sexual, onde os ovos quedan protexidos polo escudo da nai que morre trala posta. Os machos adultos presentan un só par de ás e as pezas bucais atrofiadas, feito que lles impide alimentarse e, xa que logo, ter unha vida longa. Nos primeiros estadios, as larvas teñen capacidade plena de movemento, polo que é nese momento cando se realiza a dispersión. Algunhas especies críanse polo interese das súas secreccións, como...
-
Tipo de carmín que se extrae da cochinilla da chumbeira. Nas Canarias, sobre todo en Lanzarote, prodúcese carmín de cochinilla -arredor de 60 toneladas anuais- de gran riqueza en ácido carmínico, usado en cosmética, microbioloxía e como colorante alimentario, fundamentalmente en conservas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha cónica que presenta unha coloración e, ás veces, bandas máis escuras. En Galicia están presentes, en praias e dunas, as especies C. acuta, coa cuncha alongada de ata 25 mm de lonxitude; C. barbara, coa cuncha ancha na base e ata 12 mm de lonxitude; e C. conoidea, coa cuncha moi ancha na base e ata 8 mm de lonxitude.
-
-
Col nova do sementeiro ata o momento de ser transplantada.
-
col.
-
-
-
Mamífero de ata 77 cm de lonxitude e 2 kg de peso, de ollos grandes, redondos e negros, orellas longas de coloración uniforme, cola curta e patas traseiras máis grandes, adecuadas para desprazarse con saltos. A pelaxe é curta e de cor gris acastañada, agás o ventre que é branco. O extremo das patas presenta uns pelos longos que axudan a obter unha marcha silandeira. Son animais gregarios e sedentarios que comparten os tobos; preto deles están as latrinas, dispostas en sitios conspicuos nos que os excrementos sinalan os territorios familiares. Aliméntanse, principalmente, de plantas herbáceas, as máis das veces das familias das poáceas e das asteráceas, aínda que tamén se poden alimentar de poliñas, gromos, sementes e froitos. Durante a dixestión dos alimentos ten lugar a cecotrofia. Cada animal consome diariamente ata 500 g de plantas. Teñen ciclos de actividade curtos ao longo de todo o día, pero os desprazamentos máis longos teñen lugar durante o solpor, e non lles gusta o vento nin a...
-
Lagomorfo de pelame amarelo cinsento, cunha mancha rubia na parte superior do pescozo. Vive en bosques e claros da selva sudafricana e da rexión dos Grandes Lagos.
-
cobaia.
-