"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • ENTRADA LARGA

    Función da variable complexa p definida pola integral

    FORMULA

    na que Cf(t) simboliza a transformada de Carson dunha función do tempo t. Ten as mesmas funcións de existencia que a transformada de Laplace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento sobre a Guerra Civil española de carácter histórico-doutrinal, publicado o 1 de xullo de 1937. Foi redactado polo cardeal Isidro Gomà e asinado por todos os prelados do estado español, agás o arcebispo de Tarragona e o bispo de Vitoria. O documento axudou decisivamente ao Movemento Nacional ao recoñecerlle ao alzamento unha lexitimidade patriótico-relixiosa contra o perigo comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Foi profesor en Montpellier, Lyon, Nancy e na Université de la Sorbonne. Traballou no campo da teoría de grupos. Xunto con H. Poincaré desenvolveu o cálculo de formas diferenciais exteriores sobre variedades diferenciables sentou as bases do concepto de fibrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés, fillo de Élie Cartan. Foi membro fundador do grupo Nicolas Bourbaki. Traballou nos campos da xeometría diferencial, a teoría de formas analíticas e a topoloxía alxébrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cartelle. Construída en estilo barroco no s XVIII, pertenceu á orde do Temple e estivo baixo a xurisdición do arciprestado de Quiroga, en Lugo. Ten planta basilical de tres naves. No interior destaca o altar maior e no exterior a fachada barroca con frontón curvo e partido, óculos e tres portas. Posúe unha torre barroca, composta por un primeiro corpo prismático, un balcón con balaustrada, un corpo para acoller as campás e un remate articulado en dous corpos, onde se sitúa o reloxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e ensaísta. Intentou explicar o mundo contemporáneo empregando técnicas da ciencia ficción ou da novela gótica, como acontece en The Magic Toyshop (A tenda de xoguetes máxica, 1967). Da súa produción destacan as novelas The Passion of the New Eve (A paixón da nova Eva, 1977), Nights at the Circus (Noites no circo, 1984) e Wise Children (Nenos prudentes, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas elaboradas por Descartes. En Francia difundiuse a pesar da oposición do Santo Oficio, da prohibición real de ensinalo (1671) e da oposición de atomistas, empiristas e xesuítas. A rama máis vigorosa desta doutrina foi a de Malebranche. Tamén tivo seguidores nos Países Baixos (Heerebord e Lambert), Alemaña (Clauberg) e Italia (Fardella) durante os ss XVII e XVIII. Neste último século manifestouse a oposición contra o cartesianismo por parte dos filósofos defensores da nova filosofía natural, centrada en aspectos como a física mecanicista (dinamismo de Leibniz e a mecánica de Newton) e o innatismo (Locke e Berkeley). Con todo, a influencia cartesiana fíxose sentir ata o s XX, tal e como aparece plasmado no libro de Husserl Méditations Cartésiennes (Meditacións cartesianas, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo a Descartes, ás súas teorías ou á súa filosofía.

    2. Partidario da filosofía de Descartes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica baseada na interpretación do azar por medio das cartas de xogo e que consiste no prognóstico, emitido polo adiviño, dos feitos futuros concernentes a unha persoa. Empréganse as cartas ordinarias ou as simbólicas, chamadas do tarot. No primeiro caso, o adiviño identifica o consultor cunha figura do xogo tendo en conta a súa idade, o sexo e outras características persoais, e extrae, por un procedemento variable, as cartas que dan soporte á predición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cartomancia.

    2. Que ou quen practica a cartomancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi presidente da Junta de Comercio y Moneda, fundador da Academia de Bellas Artes e director da Real Academia Española desde 1751. Coa chegada de Fernando VI foi nomeado secretario de estado. Chegou a un acordo en 1752 co Imperio para manter o equilibrio político en Italia e asinou o Concordato de 1753 coa Santa Sé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e terceiro duque de San Carlos. Xentilhome de cámara de Fernando VII, acompañouno no seu exilio. Ao seu retorno en 1814 foi nomeado secretario de Estado e director da Real Academia Española, de onde o expulsaron os afrancesados. Posteriormente foi embaixador en Londres e Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En 1536 foi enviado a México e Perú, onde sufocou a rebelión dirixida polo inca Manco. Exerceu como comandante de Cuzco, cidade que reconquistou aos almagristas. Foi un decidido opositor das Leyes Nuevas que privaban das encomendas aos que participaran nas loitas entre Pizarro e Almagro. Loitou contra o vicerrei Blasco Núñez de Vela en Jaquijaguana, onde foi derrotado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como o pintor dos frades, realizou obras de temática relixiosa. Participou na decoración da catedral de Lisboa e das igrexas de São Domingos e da Encarnação.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Residencia oficial do presidente dos EE UU, situada en Washington. Iniciouse en 1792 segundo os planos de James Hoban, aínda que no período 1949-1952 sufriu diversas modificacións. Ata 1902 denominouse Executive Mansion. Consta de dous pisos cun pórtico xónico na parte frontal do edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación situada en Santa María de Lamela, no concello de Pereiro de Aguiar, de probable orixe renacentista. Ten planta rectangular. Na fachada oeste hai unha torre de planta rectangular de tres alturas. Debido ao desnivel do terreo, presenta tres plantas na fachada norte e dúas nas outras frontes. A fachada principal é a oeste, na planta baixa está a entrada e unha escaleira de pedra que permite o acceso á vivenda; na segunda planta sobresae un balcón con balaustrada de ferro. O conxunto compleméntase con cortes, fonte de pedra, eira e casa para o servicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada polo Concello de Vigo o 26 de novembro de 1983 co obxectivo   de acoller e educar a nenos pobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que apareceu en abril de 1994 en Rio de Janeiro como órgano de expresión da Casa de España. A publicación xurdiu baixo a presidencia de Antonio Maceiras Cela e Ana Cristina Halegua foi a editora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Señorío fundado en febreiro de 1535 por García de Caamaño o Alto, membro da casa de Castro Caamaño de Noia e señor de Vilagarcía, de Rubiáns, de Vista Alegre e de Barrantes. Dous séculos máis tarde, en febreiro de 1761, o Rei Carlos III concedeulle ao VII señor de Rubiáns, Rodrigo Antonio de Mendoza Caamaño Barrionuevo e Monroy, o título de grande de España. A finais do s XVIII, ao morrer sen descendencia a IX señora de Rubiáns, Clara de Oca Mendoza e Caamaño, este señorío pasou xunto cos de Vilagarcía, Vista Alegre e Barrantes á casa da familia Ozores na persoa de Juan Ozores y Valderrama. As armas do señorío de Rubiáns son similares ás armas dos Caamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación situada na rúa do Vilar, en Santiago de Compostela, construída por Clemente Fernández Sarela entre 1747 e 1753 por encargo do cabido compostelán para o mestrescola Diego Juan de Ulloa. Consta dun amplo vestíbulo que funciona como elemento distribuidor das diferentes estancias con dúas alturas; a inferior acolle as dependencias auxiliares da casa, entre elas, as adegas; e na superior sitúanse os apousentos. Na fachada destaca a porta decorada con molduras e pináculos barrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO