Carta Colectiva del Episcopado Español

Carta Colectiva del Episcopado Español

Documento sobre a Guerra Civil española de carácter histórico-doutrinal, publicado o 1 de xullo de 1937. Foi redactado polo cardeal Isidro Gomà e asinado por todos os prelados do estado español, agás o arcebispo de Tarragona e o bispo de Vitoria. O documento axudou decisivamente ao Movemento Nacional ao recoñecerlle ao alzamento unha lexitimidade patriótico-relixiosa contra o perigo comunista.