Carta de Brest

Carta de Brest

Documento elaborado en 1974 polas organizacións Unión do Pobo Galego (UPG), Unión Democrática Bretona (UDB) e Irish Republican Movement (IRM, composto polo Sinn Fein e o IRA) no que se avogaba polo dereito de autodeterminación dos pobos nunha Europa socialista. Posteriormente sumáronse a este documento outras organizacións da esquerda nacionalista: HASI, de Euskadi, Esquerra Catalana dels Treballadors, Cymru Goch (Gales Vermello), PSAN(p) (Partit Socialista D’Alliberament Nacional dels Països Catalans, provisional), Su Populu Sardu e Lutte Occitane.