"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Químico. Doutorouse en Farmacia no Colexio de Farmacia de San Fernando no 1832; en Filosofía, en Santiago de Compostela e, na década de 1870, en Medicina. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela dende 1872. Interesado na aplicación práctica da química, prestoulle atención á nutrición e a diversas análises químicas, entre as que destacan as dedicadas ás augas minerais. En 1847 colaborou cos cirurxiáns González de Olivares e Guarnerio na primeira aplicación en España da anestesia con éter e cloroformo. Publicou diversos libros de texto, primeiro traducións como a de Eugène Soubeiran sobre farmacia ou o libro de química de Berzelius, e logo, libros propios como o Manual de Química General. Á súa morte mereceu unha sesión necrolóxica na Académie des Sciences de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Comezou estudios de mariña mercante e dedicouse profesionalmente ao fútbol. Posteriormente, desempeñou diversos traballos ata que en 1941 entrou en contacto co cine a través dun papel na produción de Suevia Films Unos pasos de mujer, dirixida por E. Fernández-Ardavín. Interveu en 150 filmes e a súa última participación foi en Hijos de papá (1980), de Rafael Gil. Paralelamente, desenvolveu unha sólida carreira teatral desde 1945. Nos anos sesenta e setenta realizou todo tipo de papeis nun gran número de coproducións como Chimes at Midnight (Badaladas á media noite, 1966), de Orson Welles, e papeis protagonistas, sobre todo a partir da súa interpretación en Nunca pasa nada (1963), de Juan A. Bardem, pola que obtivo o premio ao mellor actor dese ano do Sindicato Nacional del Espectáculo. Nesta época tamén traballou ás ordes de varios directores, como Sergio Leone, no filme El bueno, el feo y el malo (1965), Luis Buñuel, en Tristana (1969), Pedro Olea, Mario Camus e Vicente Aranda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álvaro de Las Casas Blanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, ingresou no corpo de funcionarios do ministerio da Gobernación e foi destinado a Barcelona onde residiu toda a súa vida. Formou parte do Seminario de Estudos Galegos, dende moi novo, e colaborou en diferentes revistas e xornais; destacou como comentarista das tendencias e correntes de vangarda. En 1926 fundou, co poeta ourensán Denys Fernández, a revista Galaxia. Comezou a escribir en castelán, lingua na que cultivou a poesía cos sonetos de Alma triste (1924) e os poemas de Panal y flor (1927), este último prologado por Manuel Machado; a biografía, á que achegou os traballos Alí-Bey. Vida, viajes y aventuras de D. Domingo Badía (1943), El Papa Luna (1945) e Fray Junípero Serra, el Apóstol de California (1949); a selección e tradución Las mejores poesías de Rosalía de Castro (1946); e as narracións que agrupa en La tierra del alma...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo e teólogo. Doutorado en Filosofía na Universidade gregoriana de Roma e na Universidad de Madrid, dedicou a maior parte da súa vida ao estudo da obra de Anxo Mª X. Amor Ruibal. Foi ademais bolseiro da Fundación Juan March en Italia para o estudo da lingua e da literatura italiana, e axudante do catedrático Montero Díaz. Á parte do seu labor investigador, traballou como xefe de sección na dirección xeral de Correos e Comunicacións. Entre as numerosas obras publicadas ao longo da súa vida, cómpre destacar artigos como “Don Ángel Amor Ruibal: su vida y obra filosófica”, publicado en Crisis (1954), ou “Críticas Ruibalistas de las pruebas platónicas de la existencia de Dios”, editado en Augustinus (1957), e libros como a edición dos Cuatro manuscritos inéditos de Ángel Amor Ruibal (1964) ou a Demostración de la existencia de Dios en la filosofía de Ángel Amor Ruibal (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Licenciouse pola facultade de Belles Arts de San Carles de València. Colaborador en distintas revistas (Golfiño, Fadamorgana. Revista galega de Literatura Infantil, etc), participou en diversas exposicións como Debúxame un conto (1998). Realizou as ilustracións de Marmelada de amoras (1997), Rumbo á Illa de San Simón! (1998) e as portadas de A compañía clandestina de contrapublicidade (1998) e Valdemuller (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde da súa cidade natal (1916-1917 e 1925-1927), promoveu a celebración do I Congreso de Estudios Gallegos (1919) e organizou, por vez primeira en Galicia, cursos de extensión universitaria impartidos por catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela. No seu último período na alcaldía realizou un notable labor construtor, reflectido nos edificios da Audiencia Territorial de Galicia, a Delegación de Facenda, o Banco de España, o edificio de Correos e o Cárcere. Desde o concello xestionou a creación de bibliotecas anexas aos monumentos dedicados a Pondal, Concepción Arenal e Rosalía de Castro. Autor de numerosas obras e folletos sobre temas diversos, destacou no eido do dereito e da lexislación e publicou, entre outras obras, Causa del crimen de las Grañas del Sor (1902) e El Código del menor. Índice de normas jurídicas para la protección de menores. Informe presentado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e escritor. Interesado dende moi novo polos temas xacobeos, decidiu percorrer e investigar en profundidade o Camiño de Santiago. Colaborou no xornal El Correo Gallego con artigos que trataban temas relacionados co Camiño e que recompilou para a súa primeira publicación titulada Memorias del Camino a Compostela (1996). Publicou tamén Caminos del fin del mundo (2000), onde analiza as rutas de peregrinación que parten de Portugal e Fisterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Teoloxía e licenciado en Dereito Canónico. Publicou numerosos artigos na prensa e as obras Estudios acerca del régimen y administración de España en Ultramar (1896) e Cartas pastorales y otras exhortaciones (1898). Foi membro correspondente da Real Academia de Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Fundou o primeiro departamento de xeografía aplicada de España e creou a primeira licenciatura de Xeografía, independente da de Historia. Entre 1965 e 1985 foi catedrático de Xeografía na Universidad de Madrid e director do Instituto de Geografía Aplicada do CSIC e da revista Geographica. Investigou os movementos migratorios e naturais da poboación de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Cursou estudios na Escuela Superior de San Fernando, en Fomento de las Artes e no Círculo de Bellas Artes, e nos talleres de Amadeo Roca e Eduardo Peña. Realizou para o taller Tres en Raya gravados e serigrafías. Na súa pintura, que se pode clasificar como figurativa, cómpre salientar os bodegóns, as paisaxes e as acuarelas. Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas nas principais cidades galegas, en España e no estranxeiro. Entre os premios que recibiu sobresaen a medalla de ouro no IV Concurso Nacional de Pintura Caja de Ahorros de León (Ponferrada, 1971) e a medalla de bronce na VI Bienal Nacional de Pontevedra (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Discípulo de Gabriel de Las Casas, rematou o claustro da catedral de Lugo (1709-1714) que comezara en 1705 o seu mestre. Nesas datas deseñou os púlpitos desta catedral, fundidos en Santiago de Compostela polo broncista francés Miguel Jardines en 1712. En 1711 foi nomeado mestre de obras da catedral compostelá e recibiu o encargo de terminar as obras que Domingo Antonio de Andrade deixara inacabadas: a Casa da Conga e a sancristía da catedral que, baixo a advocación da Virxe do Pilar, se converteu na capela funeraria do arcebispo Monroy (1713-1724). Así mesmo, co obxecto de embelecer o empalme entre a fachada do Tesouro e o lenzo meridional do claustro da catedral, erixiu entre 1717 e 1720 unha fachada coñecida como o Esconce de Praterías. Por iniciativa de Monroy ampliou o Colexio das Orfas de Santiago (1711), reemprendeu a obra da igrexa das Capuchinas da Coruña e probablemente trazou o campanario do convento de San Domingos de Betanzos (1714-1715). En 1727 proxectou a reconstrución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e escenógrafo. Colaborador do grupo Ditea desde 1983, participou en espectáculos como a creación colectiva Que queredes, pitos cairos? (1984) ou Guerras do alecrín e Manxerona, de J. da Silca (1985). Tamén realizou algúns traballos de dirección. No ano 2000 participou na montaxe de Os vellos non deben de namorarse, feita polo Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Estarque Casás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou o retablo colateral de san Bieito na igrexa monasterial de San Martiño Pinario (1742). Atribúeselle tamén o que está situado no lado do Evanxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado entre as vertentes dos ríos Cabriel e Júcar, preto do límite coa Comunitat Valenciana (4.041 h [1996]). A agricultura baséase no cultivo de cereais, azafrán e viña. A gandería lanar, cabrúa e as pequenas industrias alimentarias de elaboración de fariña complementan a súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira de América do Norte que se estende desde o macizo Klamath, ao S de Oregón (EE UU), ata o río Fraser, ao S da Columbia Británica (Canadá). Ten uns 800 km de lonxitude e forma un arco paralelo ao Océano Pacífico. O seu cumio máis elevado é o cono volcánico de Rainier (4.392 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e escritor. Da súa produción destacan as obras Discurso de la ciudad de Cartagena (1598), Discursos históricos de la muy noble y muy leal ciudad de Murcia y de su reino (1621), Tablas poéticas (1617) e Cartas filológicas (1634).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Foral de Navarra, situado na marxe dereita do río Ebro (3.555 h [1996]). A súa base económica está nas actividades agropecuarias como a agricultura (cereais, hortalizas, viña e oliveiras) e a gandería lanar, complementada cunha pequena industria téxtil e do calzado. Foi municipio romano (Cascantum).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de venda por xunto destinado a un público restrinxido (comerciantes que venden polo miúdo, hostaleiros, sociedades, asociacións, etc). O pago realízase ao contado e non existe entrega a domicilio. Adoitan comprarse os produtos en grandes envases e o seu prezo é significativamente inferior ao de calquera supermercado.

    2. Establecemento de venda por xunto onde se practica este sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO