Casares Rodríguez, Antonio
Químico. Doutorouse en Farmacia no Colexio de Farmacia de San Fernando no 1832; en Filosofía, en Santiago de Compostela e, na década de 1870, en Medicina. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela dende 1872. Interesado na aplicación práctica da química, prestoulle atención á nutrición e a diversas análises químicas, entre as que destacan as dedicadas ás augas minerais. En 1847 colaborou cos cirurxiáns González de Olivares e Guarnerio na primeira aplicación en España da anestesia con éter e cloroformo. Publicou diversos libros de texto, primeiro traducións como a de Eugène Soubeiran sobre farmacia ou o libro de química de Berzelius, e logo, libros propios como o Manual de Química General. Á súa morte mereceu unha sesión necrolóxica na Académie des Sciences de París.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Monforte de Lemos -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela