"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cetona alifática, de olor agradable, que ferve a 73,4°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cetona líquida que ferve a 116,3°C e que se emprega en grandes cantidades como disolvente de lacas, pinturas e resinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fumigante que se utiliza, mesturado co dicloropropeno, para a desinfección dos terreos de cultivo en horticultura intensiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cetona alifática líquida, pouco soluble en auga que ferve a 102 °C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico que pertence ao grupo dos bencimidazois e que actúa como funxicida de aplicación foliar de amplo espectro. Ten carácter preventivo e curativo e acción secundaria sobre os ovos dos ácaros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que resulta da substitución, nunha molécula, dun átomo ou radical por un grupo metilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia descrita por Justin-Besaçon en 1964 que actúa como antiemético e acelera o tránsito intestinal.
-
-
Que está feito con rigor, seguindo un método.
-
Que procede seguindo unha orde ou un método.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome grego e bizantino Methódios, latinizado en Methodius, que deriva da palabra helena méthodos ‘busca, indagación, ciencia’, composto de metá ‘mudanza, cambio’ e hodós ‘camiño, vía’, co significado de ‘camiño para alcanzar un fin’. Destaca con este nome san Metodio (825?-885?).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(ss III - IV) Escritor grego e pai da Igrexa. Posible bispo de Filipos, escribiu Symposion, que influíu nos ascetas posteriores, e morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 18 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Tesalónica 815 - Moravia 885?) Eclesiástico, apóstolo dos eslavos. Foi enviado, xunto co seu irmán san Cirilo, a evanxelizar a rexión do Mar Negro. Á volta, foron enviados a Moravia, onde evanxelizaron os eslavos, inventaron a escritura glagolítica, que despois se chamou cirílica, traduciron o Evanxeo ao eslavo e organizaron o clero. Iconograficamente adoita aparecer representado co seu irmán Cirilo, e visten indumentaria episcopal, xeralmente ao estilo oriental. Levan como atributo un cadro en que se representa o Xuízo Final e adoitan soster na man unha maqueta dunha igrexa ou unha cruz (propia dos evanxelizadores). A súa festividade celébrase o 14 de febreiro.
-
-
-
Calidade de metódico.
-
Postura favorable ao emprego de métodos.
-
-
Doutrina e movemento relixioso que xurdiron no s XVIII, ao redor da predicación do sacerdote anglicano John Wesley. As súas reunións, celebradas entre 1729 e 1735 con outros estudantes da Oxford University, dos que destacan o seu irmán Charles Wesley e George Whitefield, constituíron as bases desta doutrina, contraposta á da predestinación de Xoán Calvino. O metodismo sostén que todo individuo pode lograr a salvación mediante a experiencia relixiosa persoal, que se consegue a través dunha vida escrupulosamente estrita. Aínda que sempre foron rexeitados pola Igrexa Anglicana, os metodistas insistían en non considerarse unha Igrexa diferente, senón a sociedade máis disciplinada do anglicanismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao metodismo.
-
Partidario do metodismo.
-
-
-
-
Forma de proceder para acadar un fin, razoando e seguindo unha orde.
-
Conxunto ordenado de exercicios ou regras para ensinar ou aprender algo.
-
Maneira particular de facer algo.
-
-
Maneira concreta de proceder, aplicar o pensamento ou levar a termo unha investigación coa finalidade de coñecer unha realidade, comprender o sentido ou o valor duns feitos determinados, interpretar correctamente os datos da experiencia ou resolver un problema ou cuestión. A formulación explícita das cuestións relativas ao método foi un fenómeno específico da época moderna. Foi decisivo o achegamento de R. Descartes no Discours de la méthode (...), obra que recollía dúas características do método aceptadas universalmente: a súa validez para ser usado por calquera e a finalidade de posibilitar o progreso do coñecemento. Xeralmente admítese que o ámbito concreto para investigar determina a estrutura do método que se debe seguir: así, cada disciplina ten uns métodos propios e singulares, aínda que houbo intentos de achar un método universal. Dos diversos métodos que existen destacan o analítico, axiomático ou formal, definitorio, dedutivo, linguístico ou semiótico, demostrativo, dialéctico,...
-
Conxunto de operacións que, na investigación científica, intentan acadar o maior grao de obxectividade, facendo máis díficil a interpretación errónea dos feitos.
-
-
-
Ciencia do método.
-
Estudo dos métodos de coñecemento, investigación e interpretación das ciencias. Segundo o obxecto que se considere podemos falar de diversas metodoloxías como a científica, a filosófica, a histórica e a pedagóxica.
-
Aplicación coherente dun método.
-
Parte da lóxica que ten por obxecto o estudo a posteriori dos métodos. I. Kant opuxo a metodoloxía ao conxunto da lóxica ao dividir, dunha banda, a estética e a lóxica transcendentais, e por outra, a metodoloxía transcendental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á metodoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial do sulfato de 1-hidroxi-4-metilaminobenceno que se utiliza como axente revelador.
-
PERSOEIRO
Astrónomo grego. Descubriu que dezanove anos solares do calendario grego equivalían a 235 lunacións, é dicir, que cada dezanove anos a Lúa voltaba a pasar polas mesmas fases os mesmos días. Este ciclo, posteriormente denominado ciclo de Metón ou ciclo metónico, deuse a coñecer en 433 a C, e non foi empregado para a confección do calendario ata 330 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ciclo lunar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Metón e ás súas teorías.