Metón
Metón
Astrónomo grego. Descubriu que dezanove anos solares do calendario grego equivalían a 235 lunacións, é dicir, que cada dezanove anos a Lúa voltaba a pasar polas mesmas fases os mesmos días. Este ciclo, posteriormente denominado ciclo de Metón ou ciclo metónico, deuse a coñecer en 433 a C, e non foi empregado para a confección do calendario ata 330 a C.