"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das fagáceas ao que pertence o castiñeiro.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, drenado polo río Pas (1.566 h [1996]). O sector gandeiro bovino de orientación láctea ten unha grande importancia na súa economía. O municipio conta cunha ampla superficie forestal poboada de castiñeiros e carballos. Polo que respecta ao seu patrimonio cultural, destaca a colexiata románica de Santa Cruz, de finais do s XII, que fora inicialmente mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e enxeñeiro industrial. Catedrático de Economía na Universidad de Madrid, está considerado como un dos introdutores da econometría en España. Publicou Lecciones de teoría económica (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase á madeira de freixo e de carballo semellante á do castiñeiro, pero de calidade inferior.
-
Aplícase aos froitos que maduran cando están en sazón as castañas, especialmente os figos.
-
-
ENSEADAS
Enseada e praia do litoral occidental da península do Grove, situada na parroquia de San Vicente do Grove, no concello do Grove, que se abre entre as puntas de Pateiro, ao N, e de Borreiro, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, un asno de sable.
-
PERSOEIRO
Impresor. Mercou parte das súas rotativas a Benito Pérez Mon, impresor de Lugo, e estableceuse na vila de Betanzos. Nela imprimiu a obra Torre de Hércules, de Xosé Villar Sánchez e o primeiro xornal da localidade, El Censor, xunto con outras publicacións periódicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que asa e vende castañas polas rúas.
-
castiñeiro.
-
Época na que as castañas están en sazón e na que se recollen.
-
-
PERSOEIRO
Militar. Capitán do rexemento de infantería de León e de Lugo, foi xefe da escolta que acompañou a Juan Díaz Porlier durante a súa estancia en Pastoriza e Arteixo. Participou no alzamento que dirixiu Porlier na Coruña en 1815, polo que foi apresado e acusado de cómplice de sedición. Fuxiu do cárcere en xullo de 1817.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-
Peixe da familia dos brámidos de maxilar exposto, ancho e escamoso, estendido polo menos ata debaixo da metade do ollo. Os ollos son grandes e os dentes pequenos. A aleta dorsal é única e ancha na súa base, igual ou un pouco máis ca a aleta anal; os raios anteriores non están ramificados; as aletas pectorais son longas e en forma de ás; e as aletas pelvianas, normalmente cunha espiña e cinco raios, teñen unha prominente escama axilar na base.
-
castañeta común [Brama brama, Fam dos brámidos] s f
Peixe oceánico de ata 70 cm e 6 Kg, de corpo moi comprimido e de cor negra prateada. Ten as aletas dorsal e anal orladas de negro, e as aletas pares e o bordo da aleta caudal máis claras. Durante o día vive entre os 100 e 400 m de profundidade e ascende ata preto da superficie pola noite. Os peixes, agrupados en pequenos cardumes, realizan migracións estacionais con fins reprodutores que os achegan ás costas e efectúan os movementos en relación coa temperatura das masas de auga; de feito, captúrase con palangres de superficie, ou, ocasionalmente, con corricán, cebados con pequenos peixes como bolos ou anacos de rincha; as capturas varían en función do seu paso migratorio. Parece alimentarse de forma oportunista daquelas presas que atopa, tales como pequenos peixes, cefalópodos, anfípodos e eufausiáceos. As larvas aparecen xeralmente lonxe da costa, no plancto das augas cálidas. A castañeta está distribuída polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico sur, e penetra tamén no Mediterráneo occidental....
-
castañeta alada [Pterycombus brama, Fam dos brámidos]
Peixe oceánico de ata 40 cm de lonxitude, de corpo comprimido e cor prateada sobre fondo negro. Ten aletas negras na porción anterior que van perdendo a cor cara á parte posterior; as aletas pectorais están debilmente pigmentadas e as aletas pélvicas e caudal son escuras, a excepción dunha área máis clara no bordo da caudal. É un migrador estacional, de hábitat peláxico, que aparece ligado ás masas de augas cálidas afastadas da costa. A época de posta ten lugar ao longo de todo o ano, preto do bordo da plataforma continental, ao leste de Florida. As crías son comúns nas costas atlánticas norteamericanas e en febreiro concéntranse nas augas da Corrente do Golfo, a profundidades de entre os 25 e 300 m. Na súa dispersión chegan ás costas europeas ata o norte de Noruega. A súa presenza é rara na Península Ibérica e limítase á costa atlántica e cantábrica.
-
castañeta azul [Diretmus argenteus, Fam dos dirétmidos]
Pequeno peixe oceánico de ata 12,5 cm que, inicialmente, é prateado, mentres que na idade adulta se volve pardo, máis ou menos escuro, coa cavidade bucal moura. Presentan agregados de glándulas epidérmicas na parede media da cámara branquial; a secreción destas glándulas interprétase como un sistema de defensa, cun efecto pestilente sobre os potenciais predadores. Viven entre os 500 e 700 m de profundidade. Son planctívoros e a reprodución prodúcese ao longo de todo o ano en augas subtropicais e tropicais. Aparecen distribuídos por todos os océanos nas augas temperadas e nas tropicais. En augas europeas ascenden ata o norte das Illas Británicas, e, máis raramente, ata Islandia, sen chegar ao Mediterráneo. Na Península Ibérica está ausente no Cantábrico e aparece pouco nas augas atlánticas, aínda que a súa presenza é maior canto máis ao sur, sobre todo preto do estreito de Xibraltar.
-
castañeta moura [Taractichthys longipinnis, Fam dos brámidos]
Peixe oceánico de ata máis de 100 cm de lonxitude, de corpo alto e ovado, case circular e totalmente negro, a excepción das aletas pares máis claras e o bordo branco das aletas dorsal, anal e caudal. Aparece en augas cálidas afastadas das costas africanas e peninsulares e a súa presenza é ocasional canto máis ao norte.
-
-
-
Soar os dentes ao tocar uns contra os outros por mor do frío.
-
Bater os dentes de arriba cos de abaixo facendo ruído.
-
-
PERSOEIRO
Historiador portugués. Marchou á India en 1528, onde permaneceu dez anos. Neste período recolleu a información coa que elaborou a súa Historia do descobrimento e conquista da Índia pelos portugueses (1551-1561), en dez volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume probablemente motivado pola cor amarela-escura do cabelo dos individuos aos que se lles aplicou. Documéntase no s XII: “Petrus Castaneus” (doc ano 1186 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 407).
-
-
-
Árbore do xénero Castanea, da familia das fagáceas, propia das rexións temperadas do hemisferio Norte, que se caracteriza por producir froitos comestibles, as castañas. As árbores, como o Aesculus hippocastanum, que teñen sementes semellantes, tamén se denominan castiñeiros.
-
castiñeiro americano
Nome que reciben as especies Castanea dentata e Castanea pumila, propias de áreas de montaña dos Apalaches, na costa oriental dos EE UU.
-
castiñeiro asiático
Nome que reciben as especies Castanea crenata, de Xapón, Corea e China Nororiental; Castanea mollisima, de China oriental e meridional; e Castanea henryi, da conca do río Iang-Tsé en China.
-
castiñeiro común [Castanea sativa, Fam das fagáceas]
Árbore corpulenta e frondosa, que pode acadar unha altura de 30 m. As follas caducas son grandes, lanceoladas, fortemente dentadas, glabras, lustrosas e coriáceas. As flores masculinas dispóñense en amentos e as femininas, en número de 1 a 3, sitúanse no medio dun involucro de brácteas soldadas. Os seus froitos, as castañas, reúnense en grupos de tres como máximo dentro dun ourizo coriáceo e espiñento. Vive en terreos profundos, ricos en materia orgánica e pouco arxilosos. O castiñeiro constitúe en Galicia unha especie autóctona, aínda que o seu cultivo se promoveu coa entrada en Galicia dos romanos no s I a C, que, á vez que traían variedades procedentes dos Balcáns e de Oriente Medio, introduciron novas técnicas de aproveitamento e cultivo, como muíños especiais, secado dos froitos e ordenación das plantacións. Estas melloras converteron o castiñeiro nunha árbore primordial dentro da economía familiar, de feito chegouse a denominar árbore do pan. Nos foros recóllese, mesmo, a...
-
castiñeiro da India [Aesculus hippocastanum, Fam das hipocastanáceas]
Árbore de ata 25 m de altura, de copa densa. Ten follas caducas palmicompostas. As flores, brancas e lixeiramente tinguidas de amarelo e vermello, están dispostas en panículas piramidais. Os froitos ábrense por tres valvas e conteñen 1 ou 2 sementes semellantes ás castañas, con acción antiinflamatoria. A madeira é pouco apreciada e unicamente serve para leña e para a elaboración de caixas. Natural da Península Balcánica, plántase a miúdo como árbore ornamental e de sombra en Galicia.
-
-
Extracto acuoso da madeira e da cortiza do castiñeiro, moi empregado para o adobe de peles.
-
-
-
Que presenta unha cor parda escura similar á cor da casca das castañas.
-
Cor semellante á da castaña.
-
-
-
Cor semellante á da castaña.
-
Que presenta unha cor parda escura similar á cor da casca das castañas.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas entre as que destaca a Mostra de Pintura Galaico-Norportuguesa “Eixo Atlántico” (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Pepe Castaño, presentou varios programas en TVE. Colaborador habitual da revista Hola e locutor de radio da Cadena Ser no programa Carrusel Deportivo, publicou o libro Andadura. Entre os premios recibidos figuran o Premio Ondas, en 1975, o Premio Guacaipuro polo programa 300 millones de TVE, e o nomeamento como Fillo Adoptivo da vila de Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO