Castaño

Castaño
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun alcume probablemente motivado pola cor amarela-escura do cabelo dos individuos aos que se lles aplicou. Documéntase no s XII: “Petrus Castaneus” (doc ano 1186 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 407).