"Abe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 982.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro deuterocanónico do Antigo Testamento. É un dos chamados libros sapienciais, de autor descoñecido, escrito en grego arredor do ano 50 a C, para os xudeus de Alexandría que vivían baixo a ameaza continua de ser seducidos polo paganismo exipcio. Titulado Óïöίá Óáëùì ῶ íïò (Libro da Sabedoría de Salomón), o seu tema central é unha invitación á procura da xustiza, a vontade divina e a sabedoría, conceptos mutuamente equivalentes, baixo o estímulo dunha inmortalidade benaventurada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relixión dos sabeos que proclamaba a adoración aos astros, á tríade babilónica e a outros deuses con cabeza de animal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe clupeiforme, duns 50 cm de lonxitude, que é moi semellante á especie Alosa alosa. É de cor verdosa no dorso e prateada nos flancos, e amosa entre 5 e 10 manchas negras detrás do opérculo. Aliméntase de peixes pequenos e de isópodos, entre outros. É unha especie anadroma con dimorfismo sexual. En Galicia realiza o desove nos ríos Miño, Ulla e Umia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isabel.
-
-
Relativo ou pertencente aos sabeláridos.
-
Anélido da familia dos sabeláridos.
-
Familia de vermes poliquetos, da orde dos terebélidos, que se caracterizan por ter o corpo cilíndrico e vivir no interior dun tubo. Teñen o extremo da cabeza con quetas modificadas, dispostas en aneis concéntricos, que serven para taponar o tubo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina modalista sostida polos partidarios de Sabelio, herexe do s III, que negaba a Trindade de Deus.
-
-
Relativo ou pertencente a Sabelio ou ao sabelianismo.
-
Seguidor do sabelianismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sabélicos.
-
Grupo de dialectos itálicos que falaban tribos que habitaban entre Umbría, Samnio e Campania (sabinos, pelignos, marrucinos, marsos, vestinos e volscos), que foron eliminados ou asimilados polo latín.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sabélidos.
-
-
Anélido da orde dos sabélidos.
-
Orde de poliquetos sedentarios que se caracteriza porque os seus individuos habitan dentro dun tubo córneo e mucoso que segregan eles mesmos e dos que só emerxe un abano de filamentos que actúan ao xeito de branquias. A esta orde pertencen as familias dos sabélidos, dos serpúlidos e dos espirórbidos.
-
-
-
Anélido da familia dos sabélidos.
-
Familia de anélidos, da orde dos sabélidos, coa boca rodeada por tentáculos dispostos en espiral ou en círculo.
-
-
-
PERSOEIRO
Heresiarca. Probablemente foi un teólogo de orixe romana que despois da excomuñón de Calisto I deixou de propagar as súas doutrinas na pentápole. Foi o principal doutor do modalismo, que negaba o dogma da Trindade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
sabela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anélidos poliquetos sedentarios, da familia dos sabélidos, co corpo completamente situado dentro dun tubo cilíndrico, mucoso, membranoso e córneo, incrustado na area ou no fango. Miden ata 1 cm de diámetro e 100-250 mm de longo e presentan un gran penacho branquial e sensitivo multicolor que rodea a boca e se abre en abano. A especie principal do xénero é S. pavonina, que se atopa nas costas españolas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anélidos poliquetos da familia dos sabeláridos. Son sedentarios co corpo dividido en tres rexións, con numerosas branquias cirriformes, e cun gran número de segmentos. Non teñen penacho branquial terminal pero si opérculo formado por dous grosos pedúnculos. Constitúen tubos areosos, a miúdo reunidos en grupos numerosos. En Galicia pódese atopar a especie S. alveolata, que vive en tubos feitos de gran de area, na zona mesolitoral media rochosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marcantonio Coccio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especie de mandil que cobre o refaixo e tamén o vestido.
-
-
Relativo ou pertencente aos sabelos.
-
Membro da tribo dos sabelos.
-
Tribo itálica situada nos Apeninos, composta de umbros, sabinos e, sobre todo, samnitas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de aviación belga constituída en 1923 por un acordo entre o goberno belga e o Congo, que fixaba unha achega de capital paritario dos dous gobernos. Estableceu os primeiros enlaces entre Bruxelas e París, e Londres e Amsterdam. Foi a compañía que estableceu o primeiro voo regular europeo de transporte de pasaxeiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De forma intencionada ou con pleno coñecemento do que se fai e das súas consecuencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sabedoría.
-
-
Relativo ou pertencente aos sabeos ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo sabeo.
-
Pobo semítico que venceu ao antigo Reino de Saba. Alcanzou un grande esplendor político e económico a partir do s I ata sufrir as invasións xudías, dos cristiáns do reino axumita de Abisinia, no primeiro terzo do s VI, e dos persas sasánidas a finais do mesmo século. Profesaban o sabeísmo.
-
Lingua semítica de escritura consonántica. Consérvanse unhas 2.400 inscricións.
-