Sabella

Sabella
[ANIMAL]

Xénero de anélidos poliquetos sedentarios, da familia dos sabélidos, co corpo completamente situado dentro dun tubo cilíndrico, mucoso, membranoso e córneo, incrustado na area ou no fango. Miden ata 1 cm de diámetro e 100-250 mm de longo e presentan un gran penacho branquial e sensitivo multicolor que rodea a boca e se abre en abano. A especie principal do xénero é S. pavonina, que se atopa nas costas españolas.

Palabras veciñas

sabélido -da | Sabelio | sabella | Sabella | Sabellaria | Sabellico | 1 sabelo