"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Relixioso pertencente á Orde franciscana. Estudiou en Salamanca e foi un dos comisarios que participou na reforma gregoriana do calendario. Entre as súas obras destacan El Tratado del Juego (Salamanca, 1558) e Confesionario (Salamanca, 1572).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixiosa e escritora portuguesa. É a suposta autora de cinco cartas de amor dirixidas ao conde Noël de Chamilly, das que só se conserva a tradución francesa Lettres portugaises (Cartas portuguesas, 1669).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada no 1934 nos EE UU (Alcoholics Anonymous) co obxectivo de combater o alcoholismo e acadar a curación e rehabilitación dos alcohólicos. O seu método insiste na recuperación da persoa baseándose na axuda mutua a través das terapias de grupo, nas que os enfermos explican as súas experiencias e pasan a integrar un novo círculo social. Este círculo axúdaos a recoñecerse e afastarse das condutas que os levaron a caer na enfermidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia irresistible ao consumo de bebidas alcólicas que se presenta dende os primeiros contactos co alcol e que xera unha dependencia psíquica que favorece as intoxicacións agudas frecuentes e o desenvolvemento dos trastornos orgánicos derivados dunha intoxicación alcohólica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa afectada de alcoholomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro sagrado dos musulmáns que inclúe a predicación de Mahoma. O nome árabe qur’an provén da raíz siria qryn, que significa lectura en voz alta. Tamén se chama furqan (discriminación entre o ben e o mal), dikr (amoestación), huda (guía), etc. O texto árabe actual do Alcorán é o resultado dunha longa elaboración. O dutus consonántico do texto determinouse na época de Utman (644-655); a súa vocalización, non obstante, é posterior. Consta de 114 suras ou capítulos, ordenadas segundo a súa extensión, agás a primeira (fatiha, que abre o libro). Cada sura contén un número de versículos (ayat) que oscila entre 3 e 286. Tamén hai outras divisións de carácter litúrxico, melódico, etc. Todas as suras, agás a novena, comezan coa frase chamada Basmala: “No nome de Deus, o Clemente, o Misericordioso”. A pesar da cuestión insoluble sobre a procedencia real de cada sura, as que están inspiradas na Meca adoitan ser máis concisas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Alcorán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutor ou expositor do Alcorán.
-
PERSOEIRO
Patriota mexicano. Capitán do rexemento de cabalería da Raíña, participou na Conspiración de Valladolid (1809). Con Hidalgo e Allende, foi un dos xefes da insurrección antiespañola. Nomeado Presidente da Xunta de San Miguel, dirixiu unha parte do exército insurxente. Fixérono prisioneiro en Acatita de Baján e foi fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río das terras altas da Siberia central, en Iacutia, afluente do Lena, cunha lonxitude de 2. 242 km. Nace nos montes Stanovoi e bordea o altiplano de Aldan. Navegable na súa maior parte, constitúe unha importante fonte de enerxía hidroeléctrica. Na súa cunca hai explotacións de ouro e de mica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Nome e apelido de orixe toponímica que presenta como variante Aldao. Ten a mesma etimoloxía co nome Aldo/Alda do que probablemente deriva. O topónimo que aínda pervive no Morrazo (San Cibrán de Aldán) procede dun nome de posesor de orixe xermánica *Aldanus
-
Liñaxe orixinaria de Aldán. Amais da casa do Morrazo, da súa propiedade eran tamén a casa de Gondar, en San Andrés de Xeve, e o pazo do Casal, en Bueu. Semella ter a mesma orixe que Aldanza e Aldao. Cabaleiros desta familia presentáronse para loitar na Batalla de Nájera cando o Adiantado de Galicia se ergueu a prol do Rei Pedro. Seica as posesións que os Aldao e Maldonado tiñan en Tui foron arrasadas por Pedro Madruga cando este tomou a cidade e fixo prisioneiro o seu Bispo, Diego de Muros. As súas armas levan, en campo de ouro, cinco flores de lis de goles (ou prata) postas en aspa. Algunhas variantes, traen en campo de ouro, dous lobos surmontados de púrpura e outras, en campo de goles, cinco flores de lis de ouro postas en aspa. Estes escudos corresponden á liñaxe Aldana e aparecen adoito nos brasóns galegos quizais porque Aldán, Aldao e Aldana teñan un tronco común, de aí que seguisen utilizando as armas primitivas...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terras altas da Siberia central, na República Autónoma de Iacutia, ao N dos montes Stanovoi, cunha altitude máxima de 2.100 m. Constituído principalmente por gneises e granitos, drénano os afluentes do Aldan. Reservas minerais, principalmente auríferas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ría situada na marxe N da península do Morrazo. Ten unha disposición meridiana de xeito que as súas beiras quedan enfrontadas unha ao L e a outra ao O. A cabeceira sitúase na praia de Vilariño, onde desemboca o río Fiais, principal emisario da ría, e remata nas puntas do Bon, na marxe L, e na punta do Couso, na marxe O. Baña as costas das parroquias de Beluso, do concello de Bueu, e as de Aldán e Hío, do concello de Cangas do Morrazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe discutida que estivo unida á dos Arias. Segundo uns investigadores procede de Teodorico, Rei dos ostrogodos en Italia que cara ao ano 507 gobernou Hispania durante a minoría de idade do seu neto Amalarico, fillo de Alarico II e da súa esposa Reodogonda, filla natural de Teodorico. Este deixou dous fillos: Severiano, duque de Cartaxena e Sueiro que se asentou en terras galegas e fundou a casa de Aldana nos arredores de Santiago. Segundo outros, debe a súa orixe a outra familia máis antiga que usaba o apelido Arias de Aldana, e que tivo por proxenitor ao Rei Artamiro (ou Ariamiro, Aramiro, Ariana, Arias), oitavo monarca dos suevos de Galicia no 517. De aquí tomarían o patronímico Arias por apelido da familia. Un descendente do Rei Ariamiro, o conde Argimiro Arias, señor dos castelos de Arias de Amaia e Deza, casou con dona Arceriunda, filla de Severiano, conde de Galicia e posible fillo do Rei Teodorico; de xeito que sería el e non seu irmán Sueiro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
o divino (? 1537 - El Ksar-el-Kébir, Marrocos 1578) Militar e poeta en castelán. A súa produción poética está composta de poemas bélicos, amorosos e relixiosos. É especialmente coñecido polo poema en forma de epístola titulado “Carta para Arias Montano”, sobre o amor a Deus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mark Aleksandrovič Landau.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aldán.
-
PERSOEIRO
Os irmáns Xosé e Vicente Aldao e Castro, ambos presbíteros, publicaron conxuntamente no 1802 Oraciones panegíricas que en las funciones al glorioso Apóstol Santiago, del día 25 de julio y 3 de agosto de 1801, pronunciaron D. Vicente Aldao y Castro, cura párroco de Santa María de Salto, en la iglesia y convento de San Felipe el Real, por la Real Congregación de naturales y originarios del nobilísimo y fidelísimo Reino de Galicia; y D. José Aldao y Castro, cura párroco de Santa Eulalia de Vilacoba, en la iglesia del Real convento de Señoras Comendadoras de Santiago, por el ilustre ayuntamiento de esta M. N. M. L. Imperial y Coronada Villa de Madrid. Pola súa banda, Vicente publicou en 1814 Fernando VII el más amado. Discurso apologético.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á aldea.
-
Natural ou habitante dunha aldea.
-
Persoa de modais pouco puídos.
-