Aldama, Juan

Aldama, Juan

Patriota mexicano. Capitán do rexemento de cabalería da Raíña, participou na Conspiración de Valladolid (1809). Con Hidalgo e Allende, foi un dos xefes da insurrección antiespañola. Nomeado Presidente da Xunta de San Miguel, dirixiu unha parte do exército insurxente. Fixérono prisioneiro en Acatita de Baján e foi fusilado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Miguel el Grande, Guanajuato

  • Deceso

    Lugar : Chihuahua