"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de dogmas e preceptos que constitúen a relixión dos musulmáns. Este sistema relixioso, predicado por Mahoma en Arabia no s VII, baséase en sucesivas revelacións feitas a este profeta polo enviado de Deus ( Ǧ abrā’il). O conxunto destas revelacións constitúe o libro sagrado denominado Alcorán. A profesión da fe islámica consiste non só no recoñecemento da submisión (islām) absoluta do crente á omnipotencia divina, senón tamén un testemuño definitivo que integra na comunidade musulmá ao que o pronuncia. A fórmula para expresalo redúcese á afirmación “non existe máis deus que Deus (Allāh) e Mahoma é o seu profeta”. Un desenvolvemento posterior da revelación, sostido e complementado pola sunna e os hadīt deu lugar a diversas doutrinas (Aš’arī, mutazilita e qadarita entre outras) segundo acepten ou non uns dogmas determinados, do que o máis discutido...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto Social de la marina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome bíblico, adaptado ao grego e ao latín coma Ismael, que procede do hebreo Yishma’el ‘Deus escoita’. Na historia bíblica Ismael era o fillo que o patriarca Abrahán tivo coa súa escrava Agar. Santo Ismael (s IV), mártir baixo Xuliano o Apóstata, celébrase o 17 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe bíblico, fillo do patriarca Abrahán e da súa escrava exipcia Agar. A esposa de Abrahán, Sara, pedíralle a este que concibise un fillo coa escrava ao non podelos ter ela. Estando embarazada, Agar fuxiu ao deserto, pero un anxo do Señor ordenoulle volver, anunciándolle que do fillo que lle ía nacer tería moitos descendentes. Cando Abrahán xa tiña 86 anos naceu Ismael. Tempo máis tarde, Sara conseguiu finalmente concibir un fillo, Isaac e cando naceu este, mandou ao deserto a escrava e o seu fillo. A Biblia conta que Ismael tivo doce fillos, os ismaelitas, que fundaron as doce tribos árabes do N de Arabia, establecidas entre Exipto e o Golfo Pérsico. O propio Mahoma colocou a Ismael á cabeza da súa xenealoxía. Segundo o islamismo, axudou a Abrahán na construción da Meca.
-
-
Descendente de Ismael. Estendéronse desde Exipto ata o Golfo Pérsico e habitaron, sobre todo, o L de Palestina e a rexión circundante do golfo de ‘Aqaba.
-
Nome que se adoita dar aos comerciais de caravanas e á xente nómade, independentemente do seu país de orixe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ afā ẓ a de Exipto (1.442 km2; 714.800 h [1996]). A súa capital é Ismailia, situada ao L do delta do Nilo (255.134 h [1996]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento sectario do xiísmo que admite a Ismā’īl como o sétimo e derradeiro imán e que se separou dos imanitas por mor da sucesión de Ǧ a’far al-Sādiq. O ismailismo propagouse pronto en Persia e no N de África mediante a predicación de misioneiros (dā’i). Filosoficamente, a súa doutrina baseábase no sistema neoplatónico. O ismailismo deu lugar ao establecemento do califato fatimita e outros movementos sectarios como o druso, o mustalí e o nizarita.
-
-
Relativo ou pertencente ao ismailismo.
-
Seguidor do ismailismo.
-
-
PERSOEIRO
Sétimo e derradeiro imán da seita xiíta ismailita, do que esta tomou o nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Persia (1501-1524). Fundador da dinastía safávida, baixo o seu goberno ao país converteuse, por primeira vez dende a expansión do Islam, nun estado independente, feito ao que contribuíu a declaración do xiísmo imanita como relixión oficial, en oposición ao sunnismo otomano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fundador da dinastía samánida que gobernou a Transoxiana e Fargana. Estableceu (892) a capital en Bukhara e expandiu os seus dominios ao Khorāsān e ao Ṭ abaristān.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Khedive de Exipto (1863-1879), fillo de Ibrāhīm Paxá. A súa política, encamiñada a conseguir unha maior autonomía e un maior progreso de Exipto, endebedou o país e obrigouno a vender as accións da Compañía do Canal de Suez (1875), que inaugurara en 1869, e aceptar o control financeiro francobritánico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ismet Paxá.
-
PERSOEIRO
Político turco. Coñecido como Ismet Inönü, ao proclamarse a República Turca foi nomeado primeiro ministro (1923-1937) e á morte de M. Kemal Atatürk como presidente (1938-1950). Foi presidente do Cumhuriyet Halk Partisi (Partido Republicano do Pobo) entre 1938-1972.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento da arte contemporánea vangardista, definido por unhas características propias.OBS: Emprégase habitualmente en plural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de isócrono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política que propugna a non-intervención dun país en asuntos internacionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
isomería.
-
-
Calidade de isomorfo.
-
Propiedade das substancias que, sendo quimicamente diferentes, teñen as mesmas características cristalográficas. Para que dúas substancias sexan isomorfas teñen que ser isotípicas e, ademais, que sexan compatibles as dimensións das partículas estruturais (átomos, ións, moléculas).
-
Aplicación matemática que é ao mesmo tempo inxectiva e exhaustiva.
-
Semellanza de trazos estruturais entre o plano fónico da lingua e o semántico. A súa investigación é un dos principais obxectivos da glosemática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que designa aqueles versos ou estrofas que presentan o mesmo número de sílabas.