"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

    1. Relativo ou pertencente aos tukulores.

    2. Individuo do pobo tukulor.

    3. Pobo africano que vive na conca inferior de Senegal, nalgunhas zonas de Guinea (no Fouta Djalon) e, en grupos máis dispersos, no Sudán centroriental, chegando ata a rexión eritreo-etíope. A súa orixe está ligada a unhas tribos paleonegroides e sudanesas que se mesturaron con outras tribos negras como os serera ou wolof, os mauritanos e, sobre todo, os fulbes. Constituíron o Reino de Tekrur a mediados do s IX. Convertéronse ao Islam no s XI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a paisaxe e a mariña e recibiu a influencia de C. Lorrain, entre outras obras, en Dido building Carthage (1815). Despois dunha viaxe a Italia (1817) investigou as luminosidades intensas e as cores, como en The Grand Canal, Venice (1835) ou The fighting Temeraire tugged to her last berth to be broken up (1838). Desde 1840 tratou temas onde os elementos desencadeados permiten expresar as vibracións da luz e o movemento, como en Rain, Steam and Speed (1844). A súa obra, expresión dun forte romanticismo, anunciou o impresionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo inglés. Conservador do museo da Oxford University (1883), foi o seu primeiro profesor de antropoloxía (1896) e un dos líderes da escola evolucionista inglesa. Publicou Primitive Culture (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás umbelifloras.

    2. Planta da antiga orde das umbelifloras.

    3. Antiga orde de dicotiledóneas dialipétalas constituída por plantas herbáceas ou leñosas, con follas simples ou compostas, con flores pequenas, radiadas, tetrámeras ou pentámeras, bisexuais, de cáliz reducido ou nulo, e de pistilo en diaquenio, en baga ou en drupa. Foron repartidos entre as ordes das apiais e das cornais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é dunha soa cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Arquiveiro bibliotecario da Real Academia Galega desde 1907 e cronista da cidade da Coruña desde 1934, foi correspondente da Real Academia de la Historia e membro, entre outras asociacións, da Real Sociedad Geográfica e da Associação dos Arqueólogos Portugueses. Colaborador no Boletín da Real Academia Galega, foi o único redactor do Dicionario Gallego-Castellano, publicado pola RAG. Escribiu, entre outras obras, Gómez Pérez das Mariñas y sus descendientes: (Apuntes históricos y genealógicos) (1917), Un notable escudo de La Coruña (1922), D. Bermudo, Rey de Galicia (1924) e Bosquejo histórico de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Integrado na escola poética formalista, liderada por E. Pondal, participou na redacción de diferentes xornais, como La Fidelidad, Revista Gallega e El Tribuno, especialmente con artigos de carácter histórico. Membro fundador da Real Academia Galega, participou na organización da Asociación Regionalista e das Irmandades da Fala. No apartado creativo, traduciu ao galego as Odas (1897) de Anacreonte e o libro VI (1897) da Eneida de Virxilio; ademais, escribiu o poemario épico Os Calaicos: poema en catro cantos (1894), en que tenta imitar o estilo de Camões; Mágoas: poesías (1901), en que inclúe sonetos de estilo petrarquista; e Follas ao vento (1919); as novelas Bestas bravas (1923), onde aparecen representadas varias familias fidalgas das Mariñas; e Anxélica: novela orixinal e inédita (1925), xunto aos libros de carácter didáctico Resume da Geografía de Galicia (1897) e Resume da Historia de Galicia (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Traduciu ao latín a Homero, Esopo, Tucídides, Herodoto e Demóstenes. En Pavia reaccionou contra os averroístas, nominalistas e xuristas e en Roma (1448) foi oficial da curia e secretario apostólico. Estivo ao servizo do Rei Afonso VI de Aragón (1443-1448) e foi un dos creadores da moderna crítica histórica e bíblica. Da súa produción destacan De voluptate ac de vero bono (1431) e Elegantiarum lingua latinae libri tres (1441?).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou conxunto de calidades que fan que unha persoa ou cousa sexa prezada.

    2. Importancia ou aprezo que se lle dá a algo.

    3. Calidade de válido.

    4. Coraxe para embarcarse en grandes empresas e para arrostrar os perigos e as dificultades.

      1. Abstracción básica da teoría económica que permite a homoxeneización de todos os elementos ou obxectos materiais dos que trata a teoría económica. Pretende explicar a produción e distribución de bens. Os economistas clásicos, especialmente Smith e Ricardo, xa avanzaron nesta dirección ao apuntar que, nunha economía de mercado, os bens económicos teñen un dobre valor: un valor de uso, a utilidade concreta dos bens en relación con quen os utiliza, e un valor de cambio, a capacidade de seren trocados no mercado e apuntaron que destes dous valores o decisivo era o valor de cambio, desde o momento en que nunha economía de mercado a produción social e a súa dinámica eran determinadas, non pola utilidade concreta dos produtos, senón polo valor de cambio que obteñen no mercado. Dado que os bens non se trocan directamente, senón que se cambian inmediatamente a través do diñeiro, o valor de cambio expresarase mediante a cantidade de cartos con que se intercambia cada unidade de...

      2. Calidade de determinados bens que os fai merecedores de ser equiparados a certa cantidade de diñeiro.

      3. Título representativo de participación no patrimonio dunha sociedade, de cantidades prestadas, de mercadorías, de servizos, entre outros. Hainos privados (obrigacións ou accións) e públicos (débeda pública) e poden ser obxecto de operacións bolsistas.

      4. valor cotizado

        Acción, valor ou titulo susceptible de ser negociado.

      5. valor engadido

        Conxunto de remuneracións, valores, beneficios ou xuros xerados na realización da actividade produtiva. Cando fai referencia ao total das remuneracións correspondentes a todo o sistema económico, deducido o desgaste dos medios de produción utilizados, isto é, a amortización, é equivalente á renda nacional.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de valorar ou valorarse.

    2. Técnica de análise química cuantitativa que se emprega para determinar a concentración dunha substancia en disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinar o valor dalgunha cousa ou de alguén.

    2. Efectuar unha valoración.

    3. Estimar unha persoa as súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica valoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de valorizar ou valorizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo aumente de valor.

    2. Aumentar de valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de valoroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xactancia excesiva que se fai dos propios méritos ou virtudes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amosarse orgulloso das propias virtudes, calidades ou méritos mediante eloxios e comentarios vaidosos cara a un mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi deputado do Parlamento de Galicia (1985-1986) e deputado por Lugo no Congreso (1986-1996) polo PSdeG-PSOE e vicepresidente segundo da Comisión de Xustiza (1996-1998). Foi concelleiro (1983-1987) e tenente de alcalde (1979-1983 e 1987-1991) do Concello de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Lorenzo Varela, os seus primeiros anos transcorreron entre Cuba e Arxentina. Regresou á Península e na súa xuventude participou, xunto con Ramón Piñeiro, na fundación da Federación de Mocedades Galeguistas, en Lugo. En 1935 trasladouse a Madrid para estudar filosofía e letras, foi membro das Misións Pedagóxicas e colaborou no diario El Sol e, con outros intelectuais galegos, no grupo de Poetas Andantes e Navegantes (PAN). Afiliado ao Partido Comunista, durante a Guerra Civil Española comandou unha brigada, ademais de participar na redacción das revistas Hora de España e El Mono Azul, ata que se exiliou forzosamente en Francia e, posteriormente, en México (1940). Alí fundou e codirixiu a revista Romance e colaborou en Taller, dirixida por Octavio Paz. En 1941 estableceuse en Bos Aires e fundou, con A. Cuadrado e L. Seoane, Correo Literario; ademais colaborou con outros medios, como De Mar a Mar, La Nación...

    VER O DETALLE DO TERMO