"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • ESPA¥A

    Concello da Comunidad Foral de Navarra, situado ao SL da cidade de Tudela, á dereita do río Ebro (2295 h [1996]. Destaca a agricultura (cereais, remolacha azucreira e hortalizas), a gandería (ovina e avícola) e as industrias derivadas. Concedido o seu señorío no 1142 aos Hospitalarios de San Juan, converteuse en 1189 na sede da encomenda. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa da Asunción (s XII-XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. A súa investigación está centrada en historia da educación, sobre a que ten publicado A orientación agropecuaria da escola primaria en Galicia (1980), Escolarización y sociedad en Galicia, 1875-1900 (1987), Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural (1989), Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia (1875-1900) (1990), Escolantes e escolas de ferrado (2001, Premio á Investigación Pedagóxica María Barbeito, 2001; Premio Anual á Investigación Antón Losada Diéguez, 2002 e Premio da Crítica Galicia á Investigación, 2002) e Arximiro Rico, luz dos humildes (2001), este último en colaboración con Xosé Manuel Sarille, así como diversos artigos en revistas especializadas e colaboracións en libros colectivos. É membro do comité de redacción de Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, do consello de redacción de Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria (Salamanca), do consello editorial da Revista Galega de Educación e vogal da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, pintor e coleccionista de arte francés. Coñecido como Van Ryssel, foi un dos mecenas do impresionismo. Patrocinou, entre outros, a Manet, Degas, Renoir, Pisarro, Cézanne e Van Gogh, que o retratou. O seu fillo legou a súa colección de arte ao Musée du Louvre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, economista e diplomático italiano. As súas principais achegas sitúanse no campo da teoría do valor, a teoría monetaria e do interese e a política económica. Escribiu Della moneta (1750) e Dialogues sur le commerce des blés (1769), onde criticaba os argumentos dos fisiócratas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr de orixe probablemente galega. Activo entre o segundo e o derradeiro cuarto do s XIII, as súas composicións aparecen recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Consérvanse da súa autoría catro cantigas de amigo, unha delas dialogada, e dúas cantigas de amor, unha delas fragmentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Representante do gótico hispanoflamengo, puido ser de orixe galega. Activo no Reino de León, traballou principalmente en Salamanca. As súas primeiras obras, entre outras o retablo do cardeal Juan de Mella na capela de San Ildefonso da catedral de Zamora (1466?) e a táboa do Martirio de Santa Catalina, mostran a influencia flamenga na factura rica e minuciosa, no tratamento das dobras e na gradación dos planos. Posteriormente, caracterizouse pola frialdade e o realismo extremo, entre outras obras, nas táboas da Piedad e a Crucifixión e no retablo de San Andrés (1470?, Salamanca). Realizou tamén a decoración da bóveda da Universidad de Salamanca (1473?-1794) e, xunto cos seus colaboradores, os retablos de San Lorenzo de Toro, de Arcenillas e de Ciudad Rodrigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto mariño. Realizou diversas viaxes no vicerreinado de Perú, onde foi conselleiro dos presidentes e benemérito (1623). Nunha das súas viaxes foi saqueado por Drake (1591). Escribiu o diario Viaje y descubrimiento de la isla Salomón en el mar del Sur (1566).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mozo de labranza dunha casa labrega.

    2. Home rudo e forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ganancia.

    2. Aquilo que se gana. Na tradición oral recóllense ditos como: “A ganancia de carreteiros, entra pola porta e sae polo fumeiro. A ganancia está na compra. A ganancia e a laceira, corren de feira en feira”.

    3. Parte do excedente económico co que quedan os propietarios dos medios de produción. Para a escola clásica a ganancia é unha das rendas derivadas da propiedade, mentres que o salario representa a única renda xustificada a partir dunha determinada produción. A maioría dos economistas de tradición clásico-marxista consideraron a ganancia cunha magnitude residual constituída por parte do traballo non pagado, posto que o salario se fixa a un nivel social e histórico de subsistencia. Para a escola neoclásica as diferentes rendas son a contrapartida da contribución produtiva do traballo, mentres que a ganancia sería a contrapartida da contribución produtiva do factor capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que se gana. Na tradición oral recóllense ditos como: “A ganancia de carreteiros, entra pola porta e sae polo fumeiro. A ganancia está na compra. A ganancia e a laceira, corren de feira en feira”.

    2. Parte do excedente económico co que quedan os propietarios dos medios de produción. Para a escola clásica a ganancia é unha das rendas derivadas da propiedade, mentres que o salario representa a única renda xustificada a partir dunha determinada produción. A maioría dos economistas de tradición clásico-marxista consideraron a ganancia cunha magnitude residual constituída por parte do traballo non pagado, posto que o salario se fixa a un nivel social e histórico de subsistencia. Para a escola neoclásica as diferentes rendas son a contrapartida da contribución produtiva do traballo, mentres que a ganancia sería a contrapartida da contribución produtiva do factor capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á ganancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce ganancia.

    2. Que ou quen percibe unha ganancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e xornalista. Colaborador das publicacións Galicia Humorística, O Tío Marcos da Portela e El Censor, fundou El Escobón y Las Riberas del Mendo. Da súa produción destaca Orballeiras (1887), poemario en galego e castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1952-1956), foi avogado do Estado desde 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña desde 1978. De 1971 a 1974 foi tenente alcalde do concello coruñes e, entre 1974-1975, representante de Galicia na Junta Democrática de España. Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, foi deputado pola Coruña no Congreso na II lexislatura (1982-1986) e no Parlamento galego na I (1981-1985), pola UCD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e profesor. En 1875 rematou a carreira de enxeñeiro de camiños, canais e portos e foi destinado a Gijón como director-xefe das obras do porto. En 1889 trasladouse, provisionalmente, a Pontevedra e, en 1890, foi destinado a Vigo como enxeñeiro civil do porto, onde recibiu (1892) a visita de Francisco Giner de los Ríos. Foi accionista e continuador das tarefas que desenvolvía súa nai, Concepción Arenal, na Institución Libre de Enseñanza, ademais de participar nas excursións instrutivas (1879-1880). Foi un dos impulsores da realización da primeira colonia escolar do Museo Pedagógico Nacional (1887). En 1890 consta como profesor de mecánica aplicada na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Como director deste centro (1895-1901), proxectou o seu espírito institucionista e contribuíu á formación da clase obreira e elaborou un novo regulamento da escola. Os seus presupostos educativos (máis intuitivos e en contacto coa realidade) quedaron reflectidos no BILE (1892). Xunto con Fernando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Restaurador no Museo do Pobo Galego, foi profesor en diversas escolas taller. Realizou, entre outros, os monumentos á Tuna compostelá, ao Emigrante en Silleda, a Don Bosco en Santiago, a Juanito Acuña na Coruña, a Quixeira en Arzúa, a Camilo José Cela en Bandeira, e outras esculturas públicas en Francia, Alemaña, Italia, Suíza, Arxentina, República Dominicana, Venezuela e Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Licenciouse en Filosofía e Letras e en Ciencias da Información na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en distintas publicacións (El País, Faro de Vigo), traballou así mesmo en diversos medios audiovisuais. Da súa produción, entre outras obras, destacan Proceso de adivinaciones (1981), Ciertas personas (1989), Háblame de ti (1993), Cambio de tiempo (1994), Autobiografía del hijo (1995), La mirada del otro (Premio Planeta, 1995), No estabas en el cielo (1996), Escrito por Luzbel (1998), Sobre el amor y sus contrarios (2000) e Presencias de ceniza (2001). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Benito Pérez Armas (1973), o Premio Pérez Galdós (1979) e o Premio Europa (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Constructor e director de teatro de monicreques, foi fundador das compañías Viravolta e Títeres Seisdedos de Lalín, nas que desenvolveu o seu traballo en espectáculos como As ventureiras fazañas de Don Florete de Rocamonte (1982), Contos para ratos mortos (1983), Un conto sin nome (1984), Jasón (1985), Kabaret (1986), Historias con demo (1988), As aventuras do doctor Sabañón (1989), Bosque Piramidón (1990), Historia negra (1991), As olivas (1992), Candil Marabilloso (1993), Guillermo Tell (1996), Barriga Verde (1997) e Hip-Hip Hurra! (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou Maxisterio e traballou como inspector de primeiro ensino. Foi deputado polo distritos de Xinzo (1865-1866 e 1872-1873), Bande (1871-1872) e Verín (1879-1881) e pola provincia de Ourense (1876-1877), e senador por esta provincia nas lexislaturas 1884-1888 e 1891-1893.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cineasta. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na mesma universidade. A súa relación co cine comezou no sector da exhibición, xa que os seus pais tiñan un cine na súa vila natal, e levou a cabo unha serie de proxectos creativos como Ribadavia unha historia de pedra (1980) ou Laxeiro en Madrid (1980). Como investigador, colaborou na prensa diaria e en revistas especializadas en temas audiovisuais. Dirixiu a edición española da Historia Universal del Cine e escribiu Historia del cine en Galicia (1896-1984) (1985), Historia ilustrada del cine español (1985), El cine español: una propuesta didáctica (1992), El cine español contemporáneo (1992), Dicionario filmográfico de Galicia (1993), Ávila y el cine. Historia, documentos y filmografía (1995). Ademais, é coautor da primeira Enciclopedia del Cine español editada...

    VER O DETALLE DO TERMO