ganancia

ganancia

(< ganar)

  1. s f

    Aquilo que se gana. Na tradición oral recóllense ditos como: “A ganancia de carreteiros, entra pola porta e sae polo fumeiro. A ganancia está na compra. A ganancia e a laceira, corren de feira en feira”.

    Antónimos: perda, perda.
  2. s f [ECON]

    Parte do excedente económico co que quedan os propietarios dos medios de produción. Para a escola clásica a ganancia é unha das rendas derivadas da propiedade, mentres que o salario representa a única renda xustificada a partir dunha determinada produción. A maioría dos economistas de tradición clásico-marxista consideraron a ganancia cunha magnitude residual constituída por parte do traballo non pagado, posto que o salario se fixa a un nivel social e histórico de subsistencia. Para a escola neoclásica as diferentes rendas son a contrapartida da contribución produtiva do traballo, mentres que a ganancia sería a contrapartida da contribución produtiva do factor capital.

Frases feitas

  • Levar á ganancia. Levar unha femia para que sexa cuberta polo semental.

  • Non arrendar ganancia. Expresión que se utiliza cando se prevén circunstancias negativas. Ex: Como se meta nese trato non lle arrendo ganancia.

Palabras veciñas

gañador -ra | gañán | ganancia | ganancia | ganancial | ganancioso -sa | ganapán