"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un nosocomio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hospital, enfermaría ou lugar que se destina ao coidado dos enfermos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola de pensamento económico que se desenvolveu a raíz da obra de Robert Emerson Lucas. Dentro do marco da análise macroeconómica obsérvase a formación de expectativas racionais no proceso de toma de decisións dos individuos, que usan toda a información dispoñible de maneira axeitada. Así, os axentes do sector privado da economía coñecen as regras que rexen o comportamento das autoridades económicas, e actúan en consecuencia.
-
GALICIA
Mestre canteiro. O seu labor desenvolveuse na diocese de Tui onde solucionou o problema que se ocasionou na catedral desa cidade, despois de que un raio deteriorase en 1791 a cepa que sostiña o ciborio. Compuxo a bóveda do coro e os arcos da capela maior. O seu irmán, Manuel Francisco Novás Lemos (Pazos de Reis 13.2.1760-?), tamén interveu na catedral e na capela de San Telmo en Tui (1783).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo diploide que se caracteriza pola ausencia dos dous membros dun par de cromosomas.
-
PERSOEIRO
Escritor e pedagogo. Presidiu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense e dirixiu a revista pedagóxica Escuela del Trabajo (1932). Foi un defensor da escola nova e das novas técnicas pedagóxicas. Como director do Grupo Escolar Concepción Arenal da Coruña estableceu os novos fins da educación, pero co estoupido da Guerra Civil Española tivo que abandonar o ensino público. En 1949, fundou, en Ourense, o centro de ensino Estudios Galicia, divulgador dos novos métodos de ensino e centro de formación de mestres. En agosto de 1959 volveu ao ensino público. Tamén realizou estudos xeográficos, de toponimia e literarios, e traduciu ao galego poemas de Antonio Machado. Destacan as obras Grandezas e miserias da Nosa Terra (1959), Nin lendas nin historias (1962), Toponimia galaica (1965) e Temas de pedagogía (1963), onde recolleu o seu ideario educativo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio fundado en 1943 por Ramón María Aller en Santiago de Compostela, que sucedeu o observatorio particular que posuía en Lalín. Depende do Vicerreitorado de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, e as súas principais funcións son a investigación, centrada principalmente no estudo de estrelas dobres e múltiples, e a docencia. Ademais colabora co Instituto Nacional de Meteorología.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos prosobranquios, da familia dos piramidélidos, que presentan a cuncha de pequeno tamaño, con forma cónica e cun dente na columela. Viven sobre bivalvos lamelibranquios como o mexillón, ou sobre poliquetos tubícolas, dos que se alimentan sucionando os seus líquidos nutritivos, grazas á súa trompa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que está producida por fungos do xénero Oidium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que se obtén do Streptomyces antibioticus. É activo contra bacterias Gram-positivas e tamén contra algunhas Gram-negativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao lago con augas que raramente se moven, ou que o fan moi lentamente por culpa dos poucos cambios térmicos estacionais, como é o caso de numerosos lagos tropicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización Marítima Internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da décimo quinta letra do alfabeto grego [ο, Ο]. Como signo numérico equivale a 70 (o’) ou ben a 70.000 (,o).
-
-
Que provoca repulsa, desprezo ou reprobación.
-
Que implica unha desgraza ou que é sinal de mal agoiro.
-
-
-
Acción e efecto de omitir.
-
Aquilo que se omite.
-
-
Delito ou falta que consiste en deixar de facer dolosamente ou con culpa aquilo que se debe facer por lei. A infracción debe estar prevista e penada por unha lei penal.
-
omisión de socorro
Delito que consiste en non auxiliar a unha persoa desamparada que se atopa en grave e manifesto perigo, cando se pode facer sen risco propio.
-
-
Transgresión, moralmente imputable, que consiste en deixar de facer o que é debido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se deixou de facer ou dicir algo.
-
-
Non dicir algunha cousa de maneira voluntaria ou involuntaria.
-
Ignorar algo que cumpría facer.
-
-
CIDADES
Cidade do ken de Saitama, situada na illa de Honshū, Xapón (441.649 h [1997]). É un centro agrícola de arroz, trigo e seda. Conserva un santuario budista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corte cirúrxico que se practica nun tumor.