Núñez Domínguez, Albino

Núñez Domínguez, Albino

Escritor e pedagogo. Presidiu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense e dirixiu a revista pedagóxica Escuela del Trabajo (1932). Foi un defensor da escola nova e das novas técnicas pedagóxicas. Como director do Grupo Escolar Concepción Arenal da Coruña estableceu os novos fins da educación, pero co estoupido da Guerra Civil Española tivo que abandonar o ensino público. En 1949, fundou, en Ourense, o centro de ensino Estudios Galicia, divulgador dos novos métodos de ensino e centro de formación de mestres. En agosto de 1959 volveu ao ensino público. Tamén realizou estudos xeográficos, de toponimia e literarios, e traduciu ao galego poemas de Antonio Machado. Destacan as obras Grandezas e miserias da Nosa Terra (1959), Nin lendas nin historias (1962), Toponimia galaica (1965) e Temas de pedagogía (1963), onde recolleu o seu ideario educativo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Mezquita

  • Deceso

    Lugar : Ourense