"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • GALICIA

    Concello da comarca de Ourense, situado no N da provincia de Ourense e no centro da Comunidade Autónoma de Galicia (42° 24’ latitude N e 8° 44’ de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Pantón e Sober (comarca de Terra de Lemos), ao S con Xunqueira de Espadanedo (comarca de Allariz-Maceda), Esgos (comarca de Ourense) e O Pereiro de Aguiar (comarca de Ourense), ao L con Parada de Sil (comarca de Terra de Caldelas), e ao O novamente co Pereiro de Aguiar e A Peroxa (comarca de Ourense). Abrangue unha superficie de 98,3 km 2 c unha poboación de 2.475 h (2007), distribuídos nas parroquias de Armariz, A Carballeira, Cerreda, Faramontaos, Loña do Monte, Moura, Nogueira de Ramuín, San Miguel do Campo, Santa Cruz de Rubiacós, Santo Estevo de Ribas de Sil, Vilar de Cerreda e Viñoás. A súa capital é o núcleo de Luíntra, na parroquia de Nogueira de Ramuín, localizada a 16 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ourense.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Ourense, que abrangue o concello de Nogueira de Ramuín. Está composto por 12 parroquias, todas elas matrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Fundou o Partit Republicà Català e presidiu a Diputación Provincial de Tarragona. Ingresou en Esquerra Republicana, foi deputado (1931, 1933 e 1936) e vicepresidente das Cortes da República. Exiliouse en Francia (1939), e presidiu as Cortes republicanas do exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gráfico dunha lei.

    2. Gráfico ou abaco que consiste en tres ou máis liñas rectas, ás veces curvas, habitualmente paralelas e graduadas cada unha por unha variable de maneira que, ao curtar as tres liñas cunha recta ortogonal, se obteñen os valores relativos das tres variables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratamento que os traballadores lle dan ao propietario das terras onde traballan.

    2. Tratamento que se lle dá ao Santísimo Sacramento.

      1. Mariñeiro revestido dunha certa autoridade, que non chega á categoría de oficial.

      2. Nome que dan os tripulantes dunha embarcación ao patrón.

      3. Contramestre nos barcos mercantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor mexicano. De nome Ramón Gil Samaniegos, naturalizouse estadounidense despois de fuxir da revolución mexicana. Encarnou a figura do latin lover na época do cine mudo. Da súa filmografía destacan as películas Prisoner of Zenda (1922), Scaramouche (1923), Ben-Hur (1926), Call of the Flesh (1930), Mata-Hari (1932) e We Were Strangers (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Divulgador científico. Estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e Didáctica das Ciencias na Universidade de Nova York. Elaborou o proxecto e dirixiu o Museo Casa das Ciencias, o Domus-Casa do Home e o Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes). Foi director, guionista e coordinador dos programas Introdución a la astronomía e El sistema solar, para o Museo da Casa das Ciencias, ademais doutros proxectos museísticos para centros como o Museo de las Ciencias Príncipe Felipe de València. Recibiu o Premio CSIC de periodismo científico (1992), a medalla de prata do CSIC e a insignia de ouro da Universidade de A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Impresor, fillo de Alberto Nuñez. Traballou nos obradoiros tipográficos do seu pai en Santiago de Compostela entre 1840 e 1853, e foi o editor de Composiciones fúnebres, do doutor Turnes Maldonado, e de Decadencia de Galicia, anónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1894 instalouse en Santiago de Compostela onde impartiu clase na Escola de Artes e Oficios ata que se trasladou a Valladolid en 1911. De estilo ecléctico e modernista, dotou as súas obras de naturalismo historicista e luminosidade. Da súa produción destaca o Busto de Montero Ríos e escribiu a novela autobiográfica Un Obrero (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor, fillo de Ramón Núñez Espinosa. Traballou en Pontevedra a partir de 1850 e editou Un recuerdo histórico (1850), de Neira Mosquera, ademais de diferentes publicacións periódicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (O Barco de Valdeorras 1919 - 8.2.2004) Empresario da hostalaría e alimentación, promotor inmobiliario e filántropo. Deu a coñecer e sufragou a rehabilitación do cadoiro da Pincheira e do Santuario de Nosa Señora das Dores, en Fervenza e a construción da estrada que a comunica coa capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade insuficiente (menos de 300 cm3) de líquido amniótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Estudiou arte dramática en Barcelona, danza clásica con L. Tàpies e D. Rathause en Barcelona, e danza con Y. Cortier na Ópera de París. En 1984 creou a súa primeira coreografía, Dos dies i mig, e ao seguinte formou a súa propia compañía, Metros. Das súas coreografías destacan A tu vera (1989), Diwano (1995), creada para a Compañía Nacional de Danza de España; e La Celestina (1998), estreada no Teatro Real de Madrid. Foi galardoado co Premio Nacional de Danza (1994) do Ministerio de Cultura, e co Premi Nacional de Catalunya a la Coreografia (1994 e 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi gobernador civil de Zamora (1979-1982) e de Bizkaia (1982), inspector xeral de servizos do Ministerio do Interior (1984-1993) e director xeral de Política Interior (1996-2004). Foi fundador e director da revista Quintana (1962), e publicou numerosas monografías sobre temática socio-política en diversas revistas e publicacións xurídicas especializadas. Escribiu Los Judíos en el Reino de Galicia (1981), Odoario el Africano. La colonización de Galicia en el siglo VIII (1988), José María Díaz Sanjurjo. Un gallego en Vietnam (1991), El enigma de José An (1991) e El promontorio de los claveles marinos (1999). Recibiu a Encomienda de Número al Mérito Civil (1977) e a Medalla de Prata da Real Orden del Mérito Deportivo (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama de bloques que serve para ilustrar a interrelación entre as diferentes partes dun programa, e no que as interconexións entre os bloques representan a secuencia de instrucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica e esquemática da organización dunha empresa ou institución. O seu obxectivo é identificar as relacións entre os diferentes elementos e a función específica de cada un deles. Para que sexa un elemento efectivo de racionalización na organización da empresa, o tipo de relación entre elementos establécese segundo a orde xerárquica e de subordinación e debe reflectir tamén a súa dependencia técnica por evidenciar as coordinacións necesarias e evitar as dobres competencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi bibliotecario da Biblioteca de Ajuda e oficial de secretaría da Academia Real das Ciências de Lisboa. Adoptou unha actitude contraria á de Antero de Quental na polémica Questão Coimbrã (1865), que iniciou a literatura moderna en Portugal, e exerceu unha grande influencia en escritores posteriores. Escribiu O mistério da estrada de Sintra (1870), en colaboración con Eça de Queirós, co que tamén elaborou os folletíns As Farpas. Realizou tamén crónicas de viaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación directa dunha fotografía de proxección cónica noutra de proxección paralela, polo que a fotografía se converte nunha palimetría, sobre a que é posible debuxar as curvas de nivel e obter un plano ou mapa topográfico completo ou ortofotoplano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica dun fenómeno ondulatorio que se obtén mediante un osciloscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘ostra’.

    VER O DETALLE DO TERMO