Oller, Ramon
Oller, Ramon
Bailarín e coreógrafo. Estudiou arte dramática en Barcelona, danza clásica con L. Tàpies e D. Rathause en Barcelona, e danza con Y. Cortier na Ópera de París. En 1984 creou a súa primeira coreografía, Dos dies i mig, e ao seguinte formou a súa propia compañía, Metros. Das súas coreografías destacan A tu vera (1989), Diwano (1995), creada para a Compañía Nacional de Danza de España; e La Celestina (1998), estreada no Teatro Real de Madrid. Foi galardoado co Premio Nacional de Danza (1994) do Ministerio de Cultura, e co Premi Nacional de Catalunya a la Coreografia (1994 e 1996).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Esparraguera, Barcelona