Novarro, Ramón
Novarro, Ramón
Actor mexicano. De nome Ramón Gil Samaniegos, naturalizouse estadounidense despois de fuxir da revolución mexicana. Encarnou a figura do latin lover na época do cine mudo. Da súa filmografía destacan as películas Prisoner of Zenda (1922), Scaramouche (1923), Ben-Hur (1926), Call of the Flesh (1930), Mata-Hari (1932) e We Were Strangers (1949).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Durango -
Deceso
Lugar : Hollywood, California