"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • PERSOEIRO

    Alpinista italiano. Abriu numerosos itinerarios no Mont Blanc, nos Dolomiti e nos Andes, pero destacou polas súas ascensións ao Himalaia, onde conseguiu catorce cimas de máis de 8.000 m, en solitario e sen osíxeno. Escribiu, entre outros, os libros Alleingang Nanga Parbat (1979), Überlebt-Alle 14 Achttausander (1999) e Annapurna (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito que xurdiu no s XIX entre a escola de Viena e a escola histórica alemá de economía con respecto ao debate histórico que se estableceu arredor do método máis axeitado para empregar na investigación económica. Iniciouse coa publicación de Karl Menger Untersuchungen über die Methode der Sozialwissenschaften und der Politischen Ökonomie inbesondere (Problemas sobre o método da socioloxía e da economía política en particular, 1883) como crítica á obra do alemán Wilhelm Roscher. A contrarréplica deuna Gustav von Schmoller, en Jahrbuch für Gesetzgebung (Anuario da lexislación) e a disputa finalizou coa nova publicación de Menger Die Irrthümer des Historismus in der deutschen Nationalökonomie (As falacias do historicismo na política económica alemá, 1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Ingresou nas Juventudes Tradicionalistas (1945), das que chegou a ser delegado en Galicia. Colaborou con diversos xornais como La Noche e El Correo Gallego. Publicou La expedición del general Don Miguel Goméz por el Reino de Galicia en 1836 (1848) e A donde vamos? (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos milagres.

    2. Que fai milagres.

    3. Que lle gusta crer en milagres ou inventalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Marcelle (Monforte de Lemos). O seu cumio acada os 635 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Veigas de Camba (Vilariño de Conso) e Parada da Serra (A Gudiña). O seu cumio acada os 1.106 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Antigo reino do Próximo Oriente, situado ao L do Mar Morto, que se estendía desde o S deste mar ata máis alá do Arnon. Coa entrada dos israelitas en Palestina, os moabitas tentaron parar o avance (1200?-1020 a C) e Eglon, rei de Moab, impuxo tributo ao territorio de Benxamín que someteu David e, despois da separación de Israel e Xudea (932 a C), fixo o mesmo Omri, rei de Israel (886-875 a C). No reinado de Ocixes (853-852 a C), sen embargo, Mesa liberouse dos israelitas. Xeroboam II (784-744 a C) volveu someter os moabitas, que foron dominados posteriormente polos asirios e por Nabucodonosor II (582 a C). Cidades importantes de Moab foron Quir-Harešet, posterior Jerak, a capital, Dibon ou Dhiban e Ar, chamada despois Rabbat-Moab e actual Al-Misna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai mohatras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario editorial alemán. Combatente do Africa Korps durante a Segunda Guerra Mundial, foi encarcerado nunha prisión de Kansas ata 1946. De regreso a Alemaña, dirixiu a edición de libros relixiosos e da Biblia, negocio que herdara do seu bisavó Carl Bertelsmann. Converteu o grupo editorial nunha multinacional da comunicación implantada en máis de 40 países e creou a Fundación Bertelsmann, coa que promove iniciativas culturais e sociais. Autor do libro O triunfo do factor humano (2000), recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Baix Llobregat (20.639 h [2001]). A economía baséase fundamentalmente nas actividades do sector terciario, complementado coa industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e xilógrafo. Expuxo no Salon d’Automne de París e co grupo sintetista. Cultivou tamén a escultura e foi navegante de cabotaxe. Na casa de Émile Schuffenecker coñeceu a Paul Gauguin (1888), protexeuno economicamente e mercoulle obras. A súa correspondencia foi publicada en Lettres de Paul Gauguin à Daniel de Monfreid (1918). Fixo, segundo obras de Gauguin, os gravados da primeira edición de Noa-noa (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo e político portugués. Estudou medicina na Universidade de Coimbra, onde se doutorou en 1899. En 1902 pasou a exercer como profesor na facultade de Medicina da mesma universidade. En 1911 trasladouse á de Lisboa para ocupar a cátedra de Neuroloxía; en 1929 ostentou o cargo de director do centro. Introduciu e desenvolveu a anxiografía cerebral, método de diagnóstico de gran valor para a detección de enfermidades intracraniais que permite ver os vasos sanguíneos do cerebro ao inxectarlles substancias opacas aos raios X. En 1936 realizou con A. Lima unha lobotomía, primeira intervención cirúrxica no cerebro para tratar unha enfermidade mental. Compaxinou o seu labor científico coa carreira política; foi deputado (1903-1917), embaixador de Portugal en España (1917), ministro de Asuntos Exteriores (1918) e presidente da delegación portuguesa da Conferencia de Paz de París (1918). Publicou máis de 300 traballos científicos e estudos sobre figuras das letras e das artes plásticas entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (28.295 [2001]). A súa economía baséase na industria, destacando os sectores metalúrxico, químico, da construción e dos materiais para a construción, especialmente o cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Monterrei, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Verín, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia, a 41° 56’ 20” de latitude N e a 7° 27’ 20” de lonxitude O, a 180 km de Santiago e a 69 km de Ourense. Limita ao N cos concellos de Cualedro, Laza e Castrelo do Val (comarca de Verín), ao L cos de Castrelo do Val e Verín (comarca de Verín), ao S con Oímbra (comarca de Verín) e Portugal e ao O co de Cualedro (comarca de Verín). Abrangue unha superficie de 119,1 km 2 cunha poboación de 3.084 h (2007), distribuídos nas parroquias de Albarellos, Estevesiños, Flariz, Infesta, A Madanela, Medeiros, Monterrei, Rebordondo, San Cristovo, Vences e Vilaza. A capital está no lugar de Monterrei, na parroquia homónima. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Verín.
    Xeografía física
    O territorio de Monterrei está basculado de L a O, pois é a transición entre o fondo da depresión de Verín e as serras que serven de divisoria coa depresión da Limia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Ourense, que comprende os concellos de Monterrei e Oímbra. Conta cun total de 10 parroquias matrices e 5 anexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Orixe creada pola Orde de 25 de novembro de 1994 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e ratificada pola Orde do 19 de xaneiro de 1996 do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (1996). A zona amparada para a produción deste viño atópase ao sur da provincia de Ourense, constituída polas subzonas do val de Monterrei e a ladeira de Monterrei. As variedades de uva permitidas polo consello regulador son, como variedades preferentes para as brancas, o godello, a dona branca e a treixadura, e para as tintas a mencía e o bastardo; e como complementarias nos brancos as vides de palomino, e nos tintos as denominadas gran negro e Alicante ou garnacha tintoreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro obradoiro tipográfico que existiu en Galicia, que editou o Misal Auriense (1494, Rodrigo de la Pasera e Juan de Porras), primeira obra que se imprimiu alí. Cando faltou o apoio do conde de Monterrei os impresores marcharon, aínda que en 1496 se instalou outro obradoiro, o de Juan Gherlinc, impresor do Manual Bracarense. Aínda que non existe certeza absoluta, parece que tamén saíu desta imprenta a Relación de reliquias da Catedral de Santiago de Compostela (1495, Rodrigo de la Pasera) e a Bula de indulxencias aos confrades do Santísimo Cristo da Catedral de Ourense. Inocencio VIII. Roma, 20 de abril de 1487 (1496, Juan Gherlinc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Monterrei. Ao igual que ocorreu coas terras de Monterrei, mantívose inicialmente baixo o señorío do mosteiro de San Salvador de Celanova. Adscrito á coroa desde o s XIV ata mediados do s XV, coa fundación do Condado de Monterrei (1474), pasou a mans desta familia. A súa situación, no alto dun outeiro, conferiulle unha grande importancia como enclave militar. O complexo estaba rodeado por un triplo recinto defensivo composto por unha muralla, unha contramuralla e un murallón. No primeiro recinto atopábanse a ermida, o castelo (finais do s XV), do que destaca a galería renacentista e as torres: a de homenaxe, con base cadrada e coroada por unha cornixa sostida por ménsulas, a torre das Damas (s XIV), de proporcións máis reducidas e contigua ao castelo, e á torre de Don Sancho (1482), a máis pequena das tres. Destaca a galería renacentista do castelo. A igrexa debeu ser construída a mediados do s XIV, en estilo gótico. Consta de nave única e ábsida rectangular e no seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga construción situada en Monterrei. Ergueuse en 1555, posiblemente con traza renacentista e durante a segunda metade do s XVI chegou a ser un forte rival da Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO