Moab, Reino de

Moab, Reino de

Antigo reino do Próximo Oriente, situado ao L do Mar Morto, que se estendía desde o S deste mar ata máis alá do Arnon. Coa entrada dos israelitas en Palestina, os moabitas tentaron parar o avance (1200?-1020 a C) e Eglon, rei de Moab, impuxo tributo ao territorio de Benxamín que someteu David e, despois da separación de Israel e Xudea (932 a C), fixo o mesmo Omri, rei de Israel (886-875 a C). No reinado de Ocixes (853-852 a C), sen embargo, Mesa liberouse dos israelitas. Xeroboam II (784-744 a C) volveu someter os moabitas, que foron dominados posteriormente polos asirios e por Nabucodonosor II (582 a C). Cidades importantes de Moab foron Quir-Harešet, posterior Jerak, a capital, Dibon ou Dhiban e Ar, chamada despois Rabbat-Moab e actual Al-Misna.