"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dozón baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición poética medieval de orixe francesa, que consta de catro estrofas, das que a primeira é o refrán, que se repite ao final das outras tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (807 km2; 137.700 h [estim 1999]). A súa capital é Savanna-la-Mar (16.600 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrela cun espectro que presenta liñas de emisión moi brillantes, que corresponden ao helio neutro e ionizado, así como tamén a outros elementos (N, O, Si, C) con ionización múltiple. Coñécense unhas 200, chamadas tamén estrelas W. A máis brillante é o astro γ-Velorum, que pertence á segunda magnitude. Presentan unha luminosidade absoluta da orde de -5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado á dereita do Segura (1.644 h [2001]). Ten cultivos de regadío e industria do moble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fala e actúa de maneira irreflexiva ou con descaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘nariz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto sintético fitoregulador, do grupo das xiberelinas, que está autorizado en árbores froiteiras e plantas hortícolas para reducir a caída da froita madura, reducir os efectos das xeadas ou inducir a maduración do froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fitohormona que está producida polo fungo Gibberella fujikuroi e polas células de todas as plantas superiores, e estimula o crecemento, a xerminación, a formación de espigas e a partenocarpia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe perciforme, de ata 50 cm de lonxitude, normalmente 40 cm, con corpo fusiforme, pouco comprimido, ollos grandes protexidos por unha pálpebra adiposa que cubra só a súa metade posterior. Amosa liña lateral sinuosa e bordeada dun escudo óseo. Ten unha coloración entre o gris ou azul verdoso con reflexos metálicos no dorso e os costados e zona ventral prateada, unha mancha negra no bordo superior do opérculo. Aliméntase doutros peixes, principalmente sardiñas ou anchoas. É unha especie peláxica que vive en fondos areentos de 40-500 m de profundidade, atópase ás veces en augas superficiais.

    2. Peixe perciforme, de ata 50 cm de lonxitude, normalmente 20-30 cm, con corpo longo e lanzal, fociño afiado, ollos grandes e mandíbula inferior bastante prominente. Posúe unha liña lateral sinuosa e bordeada dun escudo óseo, a primeira dorsal con raios espiñosos unidos por unha membrana interradial. Ten unha coloración que varía de gris verdosa a gris azulada con reflexos metálicos no dorso e os costados de color gris prateada, unha mancha negra no bordo superior do opérculo e o ventre abrancazado. Aliméntase de crustáceos, luras e pequenos peixes. É unha especie peláxica que vive en fondos areentos de 100-200 m de profundidade, pero que polo seu gregarismo se desprazan no verán preto da costa e no inverno baixan ata máis de 500 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación nacionalista irlandesa que criticou a actitude legalista de D. O’Connell e do movemento pola abolición da unión con Inglaterra. Tiña como voceiro The Na­tion (fundado en 1842).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escenógrafo e realizador cinematográfico e teatral italiano. Especializado en obras clásicas, dirixiu Romeo and Juliet (1968), Brother Sun, Sister Moon (1973), The Champs (1979), La Traviata (1982), Otello (1986), Hamlet (1990), Sparrow (1994) e Callas Forever (2002). Para televisión filmou Jesus of Nazareth (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo italiano. Profesor de literaturas románicas nas universidades de Palermo (1906-1916) e Milán (1916-1932), foi director da sección de literatura estranxeira (literatura ro­mance) da Enciclopedia Italiana (1925-1935). Dos seus traballos destacan Dante (1899-1903) e o Vocabulario della lingua italiana (1922). Dedicouse tamén a Ariosto e á poesía provenzal, entre outros estudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Formado no conservatorio de Nápoles, destacou como autor de cantatas e de óperas, como Montesuma (1781) e Giulletta e Romeo (1796). Escribiu máis de 500 obras relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clorofícea unicelular que vive en simbiose dentro do corpo de animais.

    VER O DETALLE DO TERMO