"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Kronach, Franconia 1472 - Weimar 1553) Pintor e gravador alemán. Descoñécese o seu verdadeiro apelido: Müller, Maler ou Sünder. Aprendeu co seu pai, Hans Kronach , pintor e gravador. A principios do s XVI estableceuse en Viena, onde traballou en dúas versións da Crucifixión, realizou os retratos de Johannes Cuspinian e da súa dona Anna e pintou as primeiras obras paisaxísticas, como Descanso na fuxida a Exipto (1504). Foi pintor da corte do elector de Saxonia Federico III en Wittemberg (1504). Nos Países Baixos (1508-1509) coñeceu a obra dos pintores holandeses contemporáneos. Foi o intérprete e divulgador da nova iconografía protestante, e no cuarto decenio do século deixou a pintura para consagrarse á política e ao comercio. A súa obra presenta unha temática diversa, ás veces contraditoria, e constitúe unha crónica da vida cortesá de Wittenberg. Fixo retratos de personaxes protestantes e católicos, e da corte como Alberte de Brandenburgo...
-
PERSOEIRO
Rei de Polonia (1386-1434), fillo do gran príncipe Olgerd I de Lituania. Primeiro monarca da dinastía Jagellón, accedeu ao trono ao casar con Eduvixe, filla do Rei Luís I. Loitou contra a orde teutónica (1410, 1413-1414 e 1422).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peza de barro cocido ou secado ao sol, de forma rectangular, empregada na construción. O seu uso é moi antigo. O ladrillo secado ao sol, ou adobe, é de pouca consistencia. Coñecido en época neolítica, foi o principal material utilizado nas construcións mesopotámicas e persas e usouse tanto nos pavimentos coma nas bóvedas. Os romanos utilizárono ata a fin da época republicana. O ladrillo vidriado apareceu no I milenio a C. O ladrillo cocido ao lume chegou a Roma a mediados do s I a C e difundiuse por todo o Imperio. En moitas ocasións revestíase de mármores e mosaicos. Coñecido polos musulmáns desde finais da época omeia, na Idade Media europea empregouse nos lugares onde escaseaba a pedra. Na arquitectura bizantina, e desde o Renacemento, tivo fins decorativos. A súa elaboración é de baixo custo. Trala preparación da masa, acométese o modelado, xeralmente realizado con prensa, o secado, en cámaras ou túneles, e a cocción no forno. É moi resistente á humidade e á calor e a súa cor varía...
-
Ladrillo prensado que ten as caras maiores fundidas para recibir a masa e evitar que as xuntas queden moi abertas. Emprégase nos paramentos de ladrillo visto.
-
Ladrillo elaborado con arxila rica en cal e óxido férrico, cocido ata a vitrificación, e que, pola súa dureza, se emprega nas constucións hidraúlicas.
-
baldosa.
-
Ladrillo elaborado con barro cocido a temperaturas baixas (900-1.100°C).
-
Ladrillo secado ao sol.
-
Ladrillo elaborado por comprensión dunha masa a base de area, cemento e cal hidraúlico, que non se somete a cocción.
-
Ladrillo elaborado con cemento e escouras de coque para conseguir unha maior lixeireza.
-
Ladrillo elaborado con morteiro de cal, arxila e cortiza, ou só con cortiza e un aglomerante.
-
Ladrillo elaborado con vidro empregado na construción de paramentos translúcidos, claraboias e outros elementos que permiten o paso da luz.
-
...
-
-
PERSOEIRO
Historiador. A súa obra máis importante é a Historia General de España (1850-1859), en trinta volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado no Páramo leonés (1.444 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo italiano. Fundou o Giornale Agrario Toscano en San Cerbone e a revista Guida dell´Educatore (1836). Foi elixido deputado en 1848 e senador en 1860. Escribiu sobre ética e educación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mucosidade que presentan as raias na súa pel.
-
ILLOTES
Grupos de células ovais ou esféricas, illadas, que se atopan dispersas polo páncreas dos vertebrados. A función máis importante é a produción de insulina e de enzimas dixestivos. Foron descritas histoloxicamente polo médico patólogo alemán P. Langerhans (1847-1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia, que engloba os departamentos de Aude, Hérault, Gard, Losera e Pireneos Orientais (27.376 km2; 2.295.648 h [1999]). A capital é Montpellier.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra atribuída a Carlos Calixto Bustamante, coñecido como Concolorcorvo. Algunhas investigacións modernas sinalan que foi publicada en Lima e que o autor real é un aventureiro castelán. A obra, concibida como un manual para viaxeiros, presenta as características da novela picaresca e describe unha viaxe entre Bos Aires e Lima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela anónima en castelán titulada orixinalmente Vida del Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades, escrita entre 1526 e 1535, e editada ao redor de 1554. Atribuíuselle a diversos autores, como Diego Hurtado de Mendoza, Lope de Rueda ou Sebastián de Horozco, aínda que, segundo os últimos estudios, podería corresponder a Alfonso de Valdés. Considerada o arquetipo da novela picaresca, está dividida en sete capítulos e redactada en primeira persoa cunha linguaxe sinxela. O seu protagonista, un neno de baixa clase social, descúbrelle ao lector, a través da súa relación con diversos amos, un mundo cheo de mesquindade e cobiza, onde domina a aparencia, a corrupción do clero e a fame.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten bóchegas na carne, xeralmente o porco, que se corresponden coa fase larvaria da solitaria.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudiou en Nápoles. Da súa produción destacan I Pagliacci (1892), que o converteu nun dos destacados da escola verista da ópera, Chatterton (1896), La bohème (1897), eclipsada pola homónima de Pucini, Zazà (1900), Tormenta (1914), de ambiente sardo, e Edipo re (1920, póstuma). Foi tamén autor dos libretos que empregaba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de talla da pedra que consiste en traballar os cantos proporcionándolles unha forma estándar, de xeito que prefigurase a forma que se quería obter da lasca desprendida. Os núcleos caracterizábanse pola forma coa punta aguzada. Posteriormente extraíanse lascas, cun percutor brando intermedio, que se convertían en diversas ferramentas. Malia que debeu aparecer no Paleolítico Inferior, forma o substrato máis potente do Paleolítico Medio e está asociada aos neanderthais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Industria lítica do Paleolítico Medio que toma o nome da localidade francesa de Levallois-Perret (París). Caracterízase pola obtención de lascas procedentes de núcleos especialmente preparados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Levalloisiano.
-
GALICIA
Filósofo e profesor. Doutor en Filosofía e catedrático da Universidade de Vigo, está vinculado á Comisión Schelling de Múnic, da Academia de Ciencias de Baviera. Centrouse no estudo do idealismo alemán, no pensamento de Heidegger e na hermenéutica. Realizou numerosas edicións en castelán de filósofos alemáns como Schelling, Hölderlin e Heidegger. Escribiu Ensaios sobre Heidegger (1995) e Las Épocas de Schelling (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Informe da Unesco que se realiza desde 1993, en que se evalúa o estado das linguas do mundo, tanto das linguas xa mortas como das linguas en perigo de extinción ou das linguas máis ou menos estabilizadas. Segundo este documento, só 45 das 94 linguas europeas están fóra de perigo de ser substituídas. Neste informe o galego aparece como unha lingua potencialmente en perigo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val de Riánsares (2.922 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. Doutor en Ciencias Xeolóxicas e catedrático de Didáctica das Ciencias Experimentais, publicou El principio de localización y sus consecuencias de actividades sobre la percepción y la representación del espazo en el estudo del medio físico natural (1999) e, en colaboración, Prácticas de geología (1978), El estudo de los minerales (1984) e Didáctica de las ciencias naturales: 1, aspectos generales de didáctica y metodología de las ciencias naturales (1985). É membro da Sociedad Geológica de España, da Real Sociedad Española de Historia Natural, da Sociedade Galega de Historia Natural, da National Association of Geology Teachers (NAGT), da Earth Sciencies Teacher Association (ESTA) e da European Science Research Association (ESERA). Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO