"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Militar e político venezolano. No 1888 foi nomeado gobernador de Táchira e en 1890 deputado polos Andes. Invadiu Caracas o 23 de maio do 1899 e asumiu a presidencia da República. Instaurou un réxime ditatorial ata que Juan Vicente Gómez o derrocou en 1908.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Despois de ser ordenado sacerdote, en 1844 estableceuse en Madrid. En 1852 acadou a cátedra de Literatura na Universidad de Madrid, onde foi discípulo de Julián Sanz del Río. Representante do catolicismo liberal, defendeu a separación do estado e da Igrexa e criticou as inxerencias desta en cuestións seculares. No 1867 abandonou a Igrexa. Coa Revolución de 1868 ocupou o cargo de reitor da Universidad de Madrid (1868-1870) e intentou levar a cabo reformas baseadas no pensamento krausista. Centrado na educación feminina, a partir do 21 de febreiro de 1869 inaugurou na Universidad de Madrid unhas conferencias dominicais que foron a base da creación do Ateneo de Señoras e da Escuela de Institutrices. É autor de Caracteres históricos de la Iglesia española (1866) e Memoria testamentaria (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Ministro da Mariña en 1918, despois do asasinato de Sidónio Pais asumiu a presidencia da República (1918-1919). No seu mandato freou a insurrección monárquica dirixida por Cunha Leal e Álvaro de Castro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e mestre. Ocupou as cátedras de Latín e Humanidades, Física e Química e Matemáticas no seminario de Ourense. Realizou estudios no arquivo da catedral de Ourense con Manuel Martínez Sueiro, algúns deles publicados no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense. Da súa produción destaca Un monasterio gallego (1912), dedicado ao mosteiro de Samos, e o libro de poemas Las estancias espirituales (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor de orixe portuguesa. En 1698 marchou a Madrid onde estudiou con Cláudio Coelho e foi pintor da corte de Carlos II. Consérvanse algunhas das súas obras na igrexa da Compañía de Jesús en Madrid. En 1695 pintou para a igrexa de San Juan de Dios os cadros Ecce homo e La calle de amargura.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada na Estrada. Construída a finais do s XII e principios do s XIII, conserva a ábsida románica rectangular. O arco triunfal de medio punto é dobrado e sostense en dúas columnas con bases áticas e capiteis vexetais moi sinxelos e con pomas .
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Coristanco. De construción barroca, data de 1736 segundo consta nunha inscrición da fachada. En 1765 engadíuselle a sancristía. O interior ten unha soa nave con cuberta de madeira. A fachada articúlase en dous corpos e, a ambos os dous lados da porta de acceso sitúanse, no corpo inferior, as imaxes de san Francisco e santo Antón, e no superior, as de santa Clara e santa Bárbara. Sobre a porta localízase a imaxe de santa Baia. O conxunto remata cun frontón partido, coroado por unha cruz. No lateral esquerdo da fachada está a torre campanario, de planta cadrada e cuberta por unha bóveda.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, só conserva o arco triunfal de medio punto e dobrado que se apoia na rosca menor sobre un par de columnas de fustes curtos e monolíticos con capiteis vexetais, aínda que na cara maior aparecen representacións de figuras. O capitel setentrional amosa un moucho cunha enorme lingua. Estes capiteis datáronse de finais do terceiro cuarto do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Participou na fundación da Sociedade iniciadora e protectora da Academia Galega en Cuba. Publicou o poemario Desafogos (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señora de Ponferrada, Dueñas e Orduña. Casada con Diego de Haro, señor de Bizkaia, quedou viúva moi nova e casou en 1354 con Pedro I o Cruel; este abandonouna aos poucos días do casamento e, en compensación, dooulle o señorío de Dueñas. Mantivo o título de raíña ata a súa morte e está soterrada na capela das Reliquias da catedral compostelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Portomarín. Construída a finais do s XII en estilo románico, no seu interior destaca o arco triunfal de medio punto, apoiado sobre un par de columnas con capiteis de sinxela decoración a base de follas e bólas. Na porta principal sobresae a disposición lonxitudinal das doelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra de Brollón baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Parroquia do concello de Pobra do brollón, a. baixo a advocación de Santa mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras e en Xornalismo, colaborou en periódicos e revistas como La Noche, Informaciones, Blanco y Negro, La Vanguardia, Ínsula, Revista de Occidente, Grial ou Galicia Emigrante. Da súa produción destacan as obras Los que se fueron (1957), Víspera del odio (Premio Elisenda de Montcada, 1958), El jardín de las siete puertas (Premio Doncel, 1961), Galicia: Rías Bajas (1965), El zopilote presumido (1964) e Los días de Lina (1971). Foi membro da Assotiation Internationale des Critiques Litteraires.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Université de Lyon (1931), foi profesor de economía política e facenda pública na mesma Universidade (1935) e de lingua e literatura españolas na Universidade de Palermo. En 1940 exerceu como asesor da Dirección General de Relaciones Culturales do ministerio de Asuntos Exteriores. Ademais de levar a cabo un destacado e prolífico labor como conferenciante por América e Europa, colaborou en varios xornais e revistas, exerceu varios cargos dentro do eido xornalístico e dirixiu El Pueblo Gallego. Home polifacético, cultivou case todos os xéneros literarios (prosa, teatro, ensaio e poesía) e a maior parte da súa obra, escrita tanto en galego como en castelán, susténtase na realidade galega e ten como temática a Galicia (arte, historia, xeografía, natureza, folclore, lendas, oficios, supersticións, gastronomía, tradicións, costumes, festas e romarías). O seu estilo caracterízase...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse coa tese Flora y vegetación de la Península del Morrazo. Foi profesor de botánica na Universidad Complutense de Madrid, director da obra Flora Ibérica e director do Real Jardín Botánico de Madrid. Investigou a flora de Galicia e da Península, a flora tropical, tanto africana como americana, e a taxonomía de plantas vasculares da conca mediterránea occidental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Catedrático de Economía Política e Facenda Pública en Santiago de Compostela desde 1907, foi un importante propagandista do agrarismo católico, moi activo nas campañas rurais. Colaborou con diversas publicacións periódicas, entre outras, La Paz Social, La Lectura, Idearium, La Alhambra, Das literarische Echo e Le Mouvement social. Dos seus traballos cómpre destacar La democracia cristiana y la política nacional (1902), El trabajo y el salario (1907), El trabajo a domicilio en España (1908), La cooperación en la agricultura: manual de economía social agraria (1909), La VOT de San Francisco como institución para promover y mantener el progreso social (1910), La asociación agraria, socialista y ácrata (1910) e Los principios cristianos y la transformación y aun abolición del salariado (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume étnico aplicado a individuos procedentes de Catalunya. Documéntase no s XVIII: “Jacinto Catalan” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 159).
-
-
Relativo ou pertencente a Catalunya, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Catalunya.
-
Aplícase a unha variedade híbrida da vide, á súa uva e ao viño que produce. Introduciuse en Galicia desde principios do s XX debido á súa resistencia á filoxera. A uva presenta as variedades branca, vermella e negra, e produce uns caldos de gusto a froita pero excesivamente acedos. Malia estar prohibida a comercialización deste tipo de viños, aínda se atopa en abundancia en zonas como o val do Ulla e en áreas das Rías Baixas.
-
Arte cinematográfica desenvolvida nos Països Catalans. En 1896 introducíronse en Barcelona diversos aparellos cinematográficos e Frutuós Gelabert realizou, en 1897, as primeiras filmacións cun aparello de realización propia. Nos documentais destacan El sucessos de Barcelona (Os sucesos de Barcelona, 1909), de Josep Gaspar, e Boda i atemptat contra Alfons XIII (Voda e atentado contra Afonso XIII, 1910), de Abadal; no cine de fantasía, Hotel Elèctric (Hotel Eléctrico, 1910), de Chomon; no cómic, Cervesa gratis (Cervexa gratis, 1906), de Gelabert; no xénero histórico-literario, Don Joan de Serralonga (1910), de Baños; no folclórico, El puñao de rosas (1910), de Chomon. Paralamente ao grupo barcelonés xurdiu o valenciano, coa produtora F. B. Cuesta, especializada en documentais de tauromaquia e en adaptacións de operetas. Entre os anos 1914 e 1918, a produción catalá acadou o seu apoxeo. No documental apareceu o filme científico coa serie...
-
Na Idade Media, agás as palabras e as frases soltas que aparecen en documentos redactados en latín, non hai case mostras de catalán escrito na primeira metade do s XII. Non obstante , hai testemuños dunha tradición xograresca, como son as cancións de xesta e as narracións da materia de Bretaña. En 1166 Afonso I protexeu o movemento lírico e cultivou a poesía en provenzal. A pegada da lírica provenzal caracterizou a literatura catalá ata ben entrado o s XV. Dende a segunda metade do s XII hai mostras de prosa catalana, como un fragmento do Forum iudicum (Foro xudicial) e das Homilies d’Organyá (Homilías de Organyá) e, no s XIII, as traducións de De rebus Hispaniae (Cousas de Hispania) e Legenda aurea (Lenda dourada); a versión primitiva de Gesta comitum Barcinonensium (A xesta dos aliados de Barcelona) e as compilacións dos Usatges de Barcelona. Como auténtico creador da prosa catalá culta destacou a figura de Ramon Llull (1233-1316)....
-
A primitiva música cristiá catalá a penas presenta datos ata finais do s VI; sen embargo, parece que as igrexas e os mosteiros da Tarraconense, xa establecida a partir do s IV, tiñan dende esta época ata finais do s VII un rito -liturxia e música- completo. A asistencia de bispos cataláns ao Concilio IV de Toledo (633) demostra a vinculación da Tarraconense coa liturxia visigótica e a introdución do canto e dos himnos. Da igrexa visigótica catalá non quedaron códices musicais, malia crear un repertorio de himnos, misas e oracións; a invasión sarracena tamén provocou a destrución dos códices litúrxicos musicais e o empobrecemento do culto. A difusión da música sagrada gregoriana realizouse grazas á pronta adaptación, por parte dos mosteiros, dos libros do oficio romano. Dende comezos do s X, a organización da execución e do ensino da música litúrxica xa se estruturara; Catalunya posúe un centenar de códices musicais gregorianos de finais do s IX ao XIII e documentos e representacións plásticas...
-