Castro, Fernando de
Pedagogo. Despois de ser ordenado sacerdote, en 1844 estableceuse en Madrid. En 1852 acadou a cátedra de Literatura na Universidad de Madrid, onde foi discípulo de Julián Sanz del Río. Representante do catolicismo liberal, defendeu a separación do estado e da Igrexa e criticou as inxerencias desta en cuestións seculares. No 1867 abandonou a Igrexa. Coa Revolución de 1868 ocupou o cargo de reitor da Universidad de Madrid (1868-1870) e intentou levar a cabo reformas baseadas no pensamento krausista. Centrado na educación feminina, a partir do 21 de febreiro de 1869 inaugurou na Universidad de Madrid unhas conferencias dominicais que foron a base da creación do Ateneo de Señoras e da Escuela de Institutrices. É autor de Caracteres históricos de la Iglesia española (1866) e Memoria testamentaria (1874).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sahagún -
Deceso
Lugar : Madrid