"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que ou quen está afectado de mitomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luva que cobre a man desde o pulso ata a primeira falanxe dos dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de división das células somáticas dos eucariotas que consiste, fundamentalmente, nunha división lonxitudinal dos cromosomas e nunha división do citoplasma que ten como resultado dúas células fillas idénticas á nai e entre si. Distínguense catro fases: a profase, a metafase, a anafase e a telofase. Na profase desaparece a membrana nuclear, o material xenético enrólase formando os cromosomas e faise visible o fuso acromático. Cara á fin da profase desaparece o núcleo. Durante a metafase os cromosomas esténdense á parte ecuatorial da célula. Na anafase divídense os centrómeros, e as cromátidas desaparecen e son arrastradas cara aos polos opostos da célula polas fibras do fuso. Na telofase unha membrana nuclear envolve cada un dos agrupamentos de cromosomas, reconstitúese o núcleo orixinal e divídese fisicamente a célula pola metade dando lugar a dúas células fillas, que entran nunha fase de metabolismo activo (interfase), dentro da que se dá a duplicación...

    2. meiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espora formada mediante divisións mitóticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Exiliado en Chile, Bolivia e Perú, en 1852 regresou a Bos Aires, onde se uniu a Justo José de Urquiza contra a ditadura do gobernador Juan Manuel de Rosas (1829-1832 e 1835-1852). Nomeado ministro de Guerra da provincia de Bos Aires (1853), rexeitou o plano federal de Urquiza, que pretendía unir a provincia á República Arxentina e, enfrontados abertamente, conseguiu derrotalo na Batalla de Pavón (1861). Nomeado presidente da República (1862-1868), baixo o seu mandato entrou na Triple Alianza contra Paraguay (1865). Fundador do xornal bonaerense La Nación (1870), en 1874 protagonizou un alzamento contra Nicolás Avellaneda, pero foi derrotado. Publicou La Historia de Belgrano y de la independencia argentina (1876-1877) e Historia de San Martín y de la emancipación sudamericana (1889-1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei do Ponto. Participou nas loitas dinásticas dos seléucidas e favoreceu a Antíoco III para expulsar a Seleuco II de Asia Menor. Crese que o seu reinado rematou cara a 220 a C e que foi sucedido polo seu fillo Farnaces I do Ponto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Everxete (Ponto s II a C) Rei do Ponto (150?-120 a C), fillo de Mitridates IV Filopátor. A súa alianza cos romanos permitiulle obter o goberno de Frixia. Fíxose cargo, ademais, da Capadocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eupátor (Ponto 132? - 63 a C) Rei do Ponto (111-63 a C), fillo de Mitridates V Everxete. Como rei do Bósforo cimerio, aliouse con Nicomedes III e conquistou Paflagonia. Desde 89 a C, a invasión do Ponto abriu o gran período de guerras entre Mitridates e os romanos. En 87 a C, Lucio Cornelio Sula desembarcou en Grecia, someteu Atenas e obrigou ao monarca póntico a asinar a paz (84 a C). A guerra recomezou coa anexión de Bitinia feita polos romanos (74 a C) e, malia que no primeiro momento foi favorable a estes, reportoulle despois moitos éxitos a Mitridates (68-67 a C), ata que interveu Cneo Pompeio. Mitridates reuniu un exército no Bósforo e intentou apoderarse de Italia, pero a revolta do seu fillo Farnaces II levouno ao suicidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contraveleno composto dun gran número de ingredientes, que se empregou durante séculos como antídoto universal contra os envelenamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cigoto dos mixomicetos que resulta da fusión de dúas mixamebas de sexo distinto de dúas mixoflaxeladas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mixedema. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade grave de orixe vírica que se caracteriza pola formación de tumefaccións mucosas na pel e nas membranas. É típica dos coellos, entre os que causa unha gran mortalidade. Propágase por contaxio directo ou mediante a picadura de mosquitos. A incubación vai de 3 a 5 días, e as principais manifestacións clínicas son edema palpebral, adenopatía, lasitude nas orellas, edema na cabeza, edema xeral con nódulos na rexión xenital, adelgazamento rápido e morte ao cabo de poucos días. O virus foi descuberto en 1898 por Sanarelli en Montevideo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mixomicetos.

    2. Organismo do grupo dos mixomicetos.

    3. Grupo de organismos protistas, a miúdo incluídos sistematicamente dentro dos fungos con categoría de clase. Viven en lugares sombríos e húmidos dos bosques, sobre madeira ou outros materiais orgánicos en descomposición. Carecen de parede celular e na fase vexetativa preséntanse como masas protoplasmáticas plurinucleadas, denominadas plasmodios, que reptan sobre o substrato e se alimentan de microorganismos e de partículas orgánicas diversas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mixomicotos.

    2. Organismo do filo dos mixomicotos.

    3. Filo de organismos protistas heterótrofos, sen parede celular, a maioría saprófitos, que no seu ciclo vital pasan por unha fase ameboide durante a que se alimentan por fagocitose ou ben por absorción. Reprodúcense mediante esporas que se orixinan en esporanxios aéreos. Comprende a clase dos protosteliomicetos e a dos mixomicetos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está composto de partes ou elementos diferentes ou non semellantes.

    2. Que comprende a individuos de sexos diferentes.

    3. Lingua que é produto da combinación léxica, gramatical e fonética de dúas ou máis linguas, cunha finalidade básica de comunicación no ámbito do comercio. Son linguas mixtas o crioulo, as linguas francas e o pidgin-english.

    4. Número racional que pode ser expresado como suma dun enteiro e dunha fracción propia.

    5. Sílaba que comeza e acaba con consoantes, segundo a gramática tradicional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mizostómidos.

    2. Anélido da orde dos mizostómidos.

    3. Orde de anélidos, da clase dos poliquetos, que alcanzan ata 3 mm de lonxitude e presentan corpo discoidal, redondeado ou elíptico, coa cara dorsal lisa, e a boca situada ventralmente e rodeada de ventosas que lles serven para suxeitarse aos crustáceos hospedeiros que parasita. Son parasitos de crustáceos e crinoideos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e escritor. Foi profesor e colaborador dos xornais El Heraldo de Vivero e La Voz de Ortigueira. Das súas obras cómpre salientar Sinopsis morfológica latina (1954), Desahogos del alma (1971), En verso y en prosa: segunda parte de Desahogos del alma (1982) e La mujer en la Biblia: estudo exegético femenino, propio y exclusivo para mujeres (1984). Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Indicación de tempo musical que, nunha partitura, prescribe que unha obra ou fragmento musical debe ser interpretado a unha velocidade media, nin moi rápida nin moi lenta.

    2. Fragmento ou movemento musical que dura segundo esta indicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, EE UU, situada á beira do río Tuolumne, en San Joaquin Valley, ao L de San Francisco (164.730 h [1990])

    VER O DETALLE DO TERMO